Leticia (ptdiletante noutras redes)
banner
letibe.bsky.social
Leticia (ptdiletante noutras redes)
@letibe.bsky.social
Mestra de infantil (tardía e novata) sen vocación e antisistema (educativo).
Nai (histérica) de tres alumnos dos que abren furados nel -para que entre o aire e a luz-.
Anticapacitista: a inclusión non se fai soa.
Non por hate, que o fío é necesario, pero é importante matizar que tamén se pode ter AACC e ter éxito académico (de feito o talento académico esta tipificado, como o artístico ou o deportivo). Que ás veces, por ter que eliminar uns estereotipos creamos outros.
Por lo que sea se haa llenado el cieliter de alusiones a gente que es altas capacidades pero emberdá lo que es, es gilipollas.
Vengo a decir que ambas cosas no son mutuamente excluyentes.
Se puede ser AACC y sacar unas notas de mierda y ser un fracaso, aunque nunca te hayan evaluado, porque ACI
January 14, 2026 at 7:51 PM
Estame molando tantísimo o proxecto que estou escribindo que teño moitas dúbidas de que sexa unha merda gordísima. Así, mentres o mundo tal e como o coñecemos cae ao cachos. Hoxe fun nadar, que diría Kafka.
January 4, 2026 at 9:04 PM
Unha das cousas máis divertidas que me pasan cando escribo é que descubro que sementei cousas que non sabía para que estaba sementando pero despois resulta que eran útiles. Un pouco como o chiste da guillotina e a ferramenta sorpresa que nos axudará máis tarde.
December 30, 2025 at 10:19 PM
E esencialmente un falabarato.
Hay una cosa importante de la Odisea y que es Odiseo no es un pobrecito señor al que se le pone todo en contra. Es un señor que tiene una soberbia ilimitada que se niega a otra cosa que no sea embestir y hacer el helicóptero con el pito y jode a todos a su alrededor.
December 22, 2025 at 10:08 PM
Mediano (13) pediu de agasallo unha edición específica de Crime e castigo porque segundo ChatGPT encaixa no estudo sobre patróns narrativos que está elaborando porque si. Pequeno (10) anda a escribir unha "distopía postapocalíptica". Se ademais fixesen a cama, pensaría que mallei a maternidade.
December 20, 2025 at 9:00 PM
Facendo contas, este trimestre deixei de gañar pola folga 425€. A iso hai que engadirlle 58€ en croasáns para facilitarlles a vida as compañeiras (porque esquirois si, pero non querería facer eu dúas xornadas de garda na semana antes de vacacións) e 10€ en candeas. Hai quen deixa menos en drogas.
December 17, 2025 at 5:54 PM
Río/choro en mestra de infantil.
Los datos del experimento:

Apunté desde las 11am hasta la hora de cierre, 22.30.

Unas 11 horas (y media).

Han llamado mi atención de forma insistente 80 veces.

Sale a 7,27 por hora.

Es decir, una cada 8 minutos y 15 segundos.
December 8, 2025 at 1:27 PM
Viñeron o xoves as familias a facer un obradoiro de Nadal co alumnado e agora, por fin, teño a clase que nin Marie Kondo. Na escola como na casa, as visitas son as mellor estratexia de limpeza. 😅
December 6, 2025 at 2:19 PM
Tremenda pinta. Pero eu só podo lembrar cando o bipartito contratou unha web de patrimonio galego a unha empresa que estaba a piques de crebar, cun orzamento de 500 000 € (dos que os traballadores non cobramos nada) e a web nunca chegou a ver se luz porque, xa sabedes, o Audis.
Preséntovos a app de patrimoniogalego.net. Reúne 14.000 fichas de catálogo creadas polos usuarios da plataforma e para dar contexto o Inventario do Patrimonio Cultural (Xunta) e a microtoponimia de Galicia Nomeada (RAG/Xunta). 620.000 recursos materiais e inmateriais do patrimonio cultural galego.
November 28, 2025 at 8:11 PM
Onte, no Aldi da miña zona disputáronse os xogos da fame do material didáctico a prezo asequible. Mestras (infantil e 1o ciclo) enchendo carros e traendo encargos ás que non podían ir. Produtos esgotados en 15 min. A administración desentendeuse da dotación de material pedagóxico e somos cómplices.
November 6, 2025 at 7:52 PM
Quen sen vir a conto (e sen ter nin puta idea) acaba de obsesionarse con automatizar os resultados dun formulario de Google para crear fichas de lectura dos libros do club de lecturas docentes só para descubrir a tal hora que a conta da organización non permitía a función que executaba o script?
November 1, 2025 at 12:49 AM
Acabo de recibir as 31 de outubro a carta que informa dos meus resultados do cribado de cancro de cérvix e que me convoca a unha cita para o 21 de outubro. En fin.
October 31, 2025 at 8:40 AM
Hoxe na manifestación unha xornalista preguntoume polos meus motivos para estar alí. Contesteille que para protestar polo abandono ao que se Consellería somete ao alumnado máis vulnerable. Acto seguido preguntoume se eu era PT. Ata ese punto temos un problema co paradigma de atención á diversidade.
October 28, 2025 at 5:27 PM
O meu mediano acaba de inventar o termo "mumsplaining" e sinto dicirvos que era necesario.
October 26, 2025 at 8:19 PM
Case nada mellor unha mañá de sábado de chuvia que revisar as correccións dun texto e volver escarallarte co que escribiches hai un ano ata o punto de que os fillos veñan preguntar que de que ris. (Así doen menos todas as grallas que non viches e todas as comas que comiches).
October 25, 2025 at 9:04 AM
Reposted by Leticia (ptdiletante noutras redes)
October 2, 2025 at 4:27 PM
Na miña reunión de fin de curso coas familias de tres anos: "os problemas de cumprimento das normas téñoo só cos alumnos varóns. Tedes que ter as expectativas altas sobre a súa capacidade de cumprir as normas e tedes que facerllelas cumprir. O fracaso escolar masculino comeza aquí". Quedei a gusto.
Os cuento una situación habitual que he vivido hoy con mis hijas, pero que por algunos detalles me parece llamativa.
Íbamos en el bus camino al colegio, mis hijas (5 y 7) estaban jugando entre ellas.
En una parada ha subido una amiga de la pequeña, con su madre y su hermano gemelo.
September 30, 2025 at 6:39 PM
E por iso é tan torticeiro que a consellería de educación exixa certificado de discapacidade (ou dependencia recoñecida) ao alumnado con NEAE para computar duplo ou triplo a efectos de ratio. E aínda así, non o están cumprindo.
Demoras de hasta 3 años para la valoración de la #discapacidad

La valoración y reconocimiento de discapacidad es una llave para acceder a muchos beneficios y aunque hay beneficios que pueden reivindicar de forma retroactiva una vez conseguido el reconocimiento de la discapacidad, otros se pierden.
Demoras de hasta tres años para la valoración de la discapacidad en Málaga
La Junta de Andalucía ha reforzado el servicio, que ha pasado de 8 a 13 equipos
www.malagahoy.es
September 27, 2025 at 11:42 AM
Teño curiosidade por saber que capacidade de almacenamento na nube profesional (isto é, en servidores da consellería de educación) tendes por aí. En Galicia son 2GBs, independentemente da etapa (e digo isto como mestra de infantil das que fan poucas fotos á que iso non lle chega ao media merenda).
September 23, 2025 at 6:53 PM
Estou a ler a lectura obrigatoria do meu fillo para 3o da ESO. Está mal escrita a todos os niveis: estilo, trama, estrutura. Preocúpame que alguén que é profesor de literatura escribise iso (pola baixa calidade, máis tamén polo paternalismo prexuizoso e clasista con que fala dos adolescentes). (+)
September 21, 2025 at 9:43 AM
Escoitei onte dicir a un profesor da ESO que ía ser un bo curso porque xa se desfixeron dos alumnos conflitivos?

Escoitei onte a un profesor da ESO dicir que ía ser un bo curso porque xa se desfixeron dos alumnos conflitivos.

Eu e o resto de familias da reunión.
September 16, 2025 at 7:15 PM
Tendo razón, eu empezaría por insonorización e ventilación de calidade asegurada.
Hagan una prueba y pongan aire acondicionado en todas las aulas de España, a ver cuánto sube el rendimiento académico. 🙄🔝
September 15, 2025 at 8:56 PM
Hai quince anos a tal hora andaba eu parindo por primeira vez. Hoxe, cando me decatei, os rexistros da aula ían todos coa data daquel día.
September 10, 2025 at 6:00 PM
Se un cativo de 12 anos non sabe escribir o seu nome ten unha dificultade de aprendizaxe. Se non está detectada, o teu traballo é derivar a orientación e aplicar as pautas que che dea. Se está detectada e o pos de exemplo do mal que vai o ensino, o teu capacitismo é incompatible coa docencia.
De nuevo, El Mundo con un texto que parece un publirreportaje del relato de la derecha educativa.

Nada nuevo, pero esta vez cruzan un par de líneas peligrosas. 

Vamos a verlas 🧵

(1/ 14)
August 31, 2025 at 1:54 PM
As escolas, coa súa escasez de adultos por crianza, os seus ritmos lexionarios e espazos pouco adaptados, etc. son estruturas contrarias ao desenvolvemento infantil. Como mestra, atópome a cotío intentando cadrar o círculo. Pero tamén é unha batalla que fóra se perciban as necesidades do contexto.
Lo que te dicen en el cole “Tenéis que fomentar la autonomía de los niños”
Lo que hacen en el cole: Ponerles la comida cortada hasta los 12 años
August 27, 2025 at 9:20 PM