Manuel Gago
banner
magago.bsky.social
Manuel Gago
@magago.bsky.social
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
A cidade que volveu ao seu sitio.
Unha nova escavación revela a prolongada secuencia temporal do Tui romano.
culturagalega.gal/noticia.php?...
A cidade que volveu ao seu sitio. Unha nova escavación revela a prolongada secuencia te...
Desde o século XIX, a turbulenta historia de Tui tiña despistados os eruditos sobre as orixes romanas da cidade, o estratéxico emporio de Tyde do que...
culturagalega.gal
February 12, 2026 at 4:39 PM
"Se cadra o principal desafío que nos ofrece a intelixencia artificial é non lle ter medo a pensar tres chanzos máis alá de onde nunca agardariamos chegar".
Vibe coding
Se cadra o principal desafío que nos ofrece a intelixencia artificial é non lle ter medo a pensar tres chanzos máis alá de onde nunca agardariamos chegar.
www.galiciae.com
February 11, 2026 at 4:58 PM
E Blake déixao claro no propio título para quen o queira ver. Que non todo o mundo o quere ver.
February 11, 2026 at 12:10 PM
Destacaron como bos militares. Blake conta moi ben esa historia (case toda) neste informe.

Por certo, como vedes, cando o peixe do marqués de La Romana toma o control das unidades militares tan coidadas pola Xunta de Galicia, cámbialle o nome por Ejército de la Izquierda. Decisión moi consciente.
February 11, 2026 at 12:10 PM
Unha curiosidade: cando a Xunta Suprema do reino de Galicia asume o goberno en 1808, en exercicio da súa soberanía monta tamén o Exército de Galicia. Os seus altos mandos serán dous homes de ascendencia irlandesa: Joaquín Blake, xeneral, e Nicolás de Mahy, mariscal de campo
February 11, 2026 at 12:09 PM
Teño configuradas alertas de Google co nome dos meus libros para estar algo pendente do que se publica sobre eles. Chégame correo electrónico.
En 2013 publiquei "Vento e chuvia".
Creo que en Google están considerando seriamente expulsarme do sistema.
February 11, 2026 at 7:36 AM
San Martiño Pinario, en Santiago.
February 8, 2026 at 8:45 PM
Na igrexa de san Martiño Pinario vin unha das tumbas máis bizarras que atopei nos últimos anos. Ao carón do altar de san Bieito están enterrados varios abades. Nesta lápida un deles (Miguel de Luxán? 1645-49) emerxe de debaixo da lousa e abraza o báculo coas dúas mans.
February 8, 2026 at 9:40 AM
E se queredes ver o documental velaquí:

www.rtve.es/play/videos/...
Conozca usted España - Xantares
Un paso por la gastronomía gallega de la mano de Edgard Neville. Dirigido por Pedro Olea, guion de Álvaro Cunqueiro, cámara de José Luis Alcaine.
www.rtve.es
February 7, 2026 at 10:33 AM
Cando vin o documental Xantares fiquei abraiado con esas dúas representacións do feminino: a cociñeira bigotuda e enxebre, as mulleres modernas que poderían estar en calquera capital europea, pero no medio dun antro enxebrista (cal sería?).
February 7, 2026 at 10:32 AM
E entón apareceron estes planos coruñeses que tamén desafían a imaxe que temos da Galicia de 1960. O guión enfatiza que na Coruña as mulleres participan dos roteiros das tabernas. E velaí as vemos, ben vestidas, novas, fumando, bebendo viño, algunhas sen a compañía de homes.
February 7, 2026 at 10:32 AM
Cando o documental foi presentado en TVE, os directivos dixeron que non se estaban a incluír planos da Galicia actual, que era todo vellouco. Insistiron en que tiñan que volver aló a filmar. Olea negouse e o seu amigo Juan Antonio Porto, coruñés, volveu e filmou planos modernos.
February 7, 2026 at 10:30 AM
A Carmen dóbrana (falaría en galego ou sería decisión de montaxe?). Pero encaixaría con determinada visión de Galicia que se plasmaba no resto de planos do documental, desa construción da Galicia enxebre. O curioso foi o que pasou despois.
February 7, 2026 at 10:30 AM
A rodaxe realizouse en varios lugares de Galicia. Hai percebeiras, pescadores, bodegóns de marisco, das primeiras filmacións da queimada, que Cunqueiro certifica que é algo novidoso. E aparece Carmen Roel, cunha presenza física que nos sorprende e á que non estamos acostumados.
February 7, 2026 at 10:29 AM
En 1960 Pedro Olea realizou o documental Xantares, dedicado á gastronomía galega, de 1960. O guión foi de Álvaro Cunqueiro, naquel momento xa moi recoñecido como gastrónomo. O guión, totalmente cunqueiriano, está a anos luz por riba do resto dos episodios de Conozca usted España.
February 7, 2026 at 10:27 AM
Esta famosa foto de Cunqueiro con Josep Pla, Torrente Ballester (e o chófer de Pla, á esquerda) atráenos aínda máis pola presenza desas 2 mulleres: a matrona é Carmen Roel, a cociñeira do mítico restaurante Mosquito de Vigo, e a outra é unha camareira do local. Atopei unha cousa.
February 7, 2026 at 10:27 AM
A nova culturagalega.gal busca responder aos novos hábitos de consumo cultural: neste tempo de cultura de nicho non podemos perder o espazo público común. A plataforma concilia os teus intereses cunha ollada global sobre a cultura. Aquí conto máis.

culturagalega.gal/noticia.php?...
Unha ferramenta para ollar máis lonxe. culturagalega.gal redeséñase con novas funcionalidades para adaptarse a unha nova Internet e realidade cultural - culturagalega.gal
Mañá sábado 7 de febreiro hai cento cincuenta anos aparecía en Ourense unha cabeceira que, ao seu xeito, cambiou a historia do país: O Tío Marcos d’a Portela. Promovida por Valentín Lamas Carvajal, foi a primeira publicación periódica en lingua galega e inaugurou un camiño de modernidade para a nosa cultura. É por iso que o 6 de febreiro celebramos cada ano tamén o Día dos Medios en Galego. Quixemos aproveitar esta data para remudar culturagalega.gal no visual e no tecnolóxico. Este é o terceiro redeseño da nosa plataforma. culturagalega.gal, nacida en outubro do 2000 no seo do Consello da Cultura Galega, é hoxe o medio dixital en lingua galega máis lonxevo aínda en liña e celebrámolo cun importante cambio de imaxe e novas funcionalidades.
culturagalega.gal
February 6, 2026 at 4:25 PM
O traballo en arquitectura da información co arquivo de culturagalega.gal permítenos xenerar unha visión que vai máis alá do presentismo: empregar as noticias para ver as redes coas que está tecido o noso mundo. Aberto para que ti o explores no sentido que queiras.
February 6, 2026 at 4:25 PM
As novas seccións Bulebule dan conta das estreas de espectáculos e audiovisuais, dos novos números das revistas culturais, das expos que podes ver e dos novos discos de música, cun inxente arquivo de máis de 1500 álbumes dos últimos 27 anos.
February 6, 2026 at 4:25 PM
As buscas son ultrarrápidas e permiten explorar en contexto desde unha única páxina o que estás procurando. Ao detectar con que persoas, conceptos, entidades e lugares está relacionado que buscas, podes ir refiltrando de xeito intuitivo.
February 6, 2026 at 4:25 PM
Nos universos podes combinar conceptos, persoas e entidades para construír unha vista conxunta do que che interesa, vendo cando conflúen e como evolucionan. Os grafos amósanche como persoas, conceptos ou lugares converxen, e podes ir activando ou desactivando o que consideres.
February 6, 2026 at 4:25 PM
A nosa visión pasa porque as webs dos cibermedios poden ser grandes centros de recursos. culturagalega.gal atesoura + de 36.000 noticias desde o ano 2000, que nos ofrecen unha panorámica enorme da cultura galega contemporánea. E traballamos tirándolle proveito.
February 6, 2026 at 4:24 PM
Hoxe culturagalega.gal estrea novo deseño e novas funcionalidades. Estruturas, xerarquías e sobre todo un novo concepto do que pensamos que debe ser a sede web dun cibermedio nun tempo de consumo de información en redes, máis segmentado e de nicho. 👇
February 6, 2026 at 4:22 PM
Galicia como "pantasma flexible". ❤️
Benito Vicetto (1861)
February 6, 2026 at 3:05 PM