Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
Se che gustou o fío, non dubides en darlle likes ou RTs para que máis xente coñeza estas historias. Os contidos en galego precisan do esforzo de todos para ser vistos.
Xa teño contado algunha vez que a visión romantizada que hoxe temos dos mosteiros medievais non se corresponde coa memoria popular. Alí onde había un mosteiro galego recolles historias terribles sobre a depravación e a tiranía dos frades sobre as xentes. Teño un caso novo.
November 11, 2025 at 6:44 AM
Se che gustou o fío, non dubides en darlle likes ou RTs para que máis xente coñeza estas historias. Os contidos en galego precisan do esforzo de todos para ser vistos.
E isto lévanos ao saboroso asunto de que a memoria das clases populares está sempre reinventándose, e que nese 'remoto' e 'atrasado' rural galego, reciclaron materiais que circulaban en toda Europa, inxectándoos na súa propia memoria comunitaria. Hoxe chégannos como un tesouro.

Toda vez que sabemos que a Inquisición non traballou nestes mosteiros, a memoria de potros, da tortura da gota, do secuestro de mozas, da morte no pozo dos coitelos... amósanos como a propaganda liberal foi usada polas comunidades rurais que querían zafar dos incómodos monxes.
November 11, 2025 at 6:43 AM

As historias que recollo en Ferreira de Pallares, en Acibeiro, en Sobrado, no Tambre relativas á Inquisición son as que vemos na literatura dos liberais galegos do XIX. Son as torturas un tanto góticas das que falan e perversións sexuais dignas dun marqués de Sade.

Non só iso: os liberais galegos converteron aos monxes e á Inquisición nos perfectos representantes do Antigo Réxime e todas as súas miserias: o escurantismo, a perversión, a avaricia. Os Rogos d'un gallego establecido en Londres (1813), de M. Pardo de Andrade, son un bo exemplo.

Non só iso: coa chegada dos Borbóns á coroa e o avance da ilustración, a deficiente xestión da terra dos mosteiros e a suposta vida contemplativa dos monxes convertéronos en xente que non sentaba ben no novo réxime. Ociosos, independentes, pouco controlables, improdutivos.
November 11, 2025 at 6:42 AM
Non só iso: coa chegada dos Borbóns á coroa e o avance da ilustración, a deficiente xestión da terra dos mosteiros e a suposta vida contemplativa dos monxes convertéronos en xente que non sentaba ben no novo réxime. Ociosos, independentes, pouco controlables, improdutivos.
Desde inicios do século XVIII mosteiros e campesiñado galego entraron en grandes desputas polo réxime de propiedade da terra. Os mosteiros eran dos grandes señores das terras e querían quitar os labregos os seus dereitos históricos sobre as propiedades: os foros. Os labregos conseguiron evitalo.
November 11, 2025 at 6:41 AM

Pero... a Santa Inquisición? Isto é ben estraño, porque a Inquisición tiña a súa propia infraestrutura, e polo que sei non tiña cadeas nos mosteiros, senón propias. Por que sempre as lendas populares aluden ás torturas do santo Oficio nos mosteiros galegos? Teño unha hipótese.

É moi interesante que sempre se alude á "santa Inquisición". O outro día contáronos outra destas lendas inéditas. Tamén no priorato da Mercé na Pobra do Caramiñal o santo Oficio tiña presos. Ás veces deixábanos escapar e corrían tras deles a cabalo como tortura.
November 11, 2025 at 6:40 AM

Resulta que eran presos "da santa Inquisición". Os presos eran conducidos ata o claustro, e segundo contaban os vellos, onde está esa palmeira había un pozo cheo de coitelas. Alí botábanos para matalos.
Cando nos contaron isto o outro día aínda o facían en voz baixa.

No mosteiro de Ferreira de Pallares contáronnos a seguinte historia: na praza da igrexa á altura do cruceiro existía unha torre cun cárcere na pranta baixa. Era o campanario e foi derruido no ano 1948. A lenda conta que había unha pasarela de madeira que comunicaba coa igrexa.