Teleco Uvigo
banner
teleco-uvigo.bsky.social
Teleco Uvigo
@teleco-uvigo.bsky.social
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (1985- ) imparte estudos oficiais de grao e master en Enxeñaría de Telecomunicación
Parabéns á nosa alumna de #TelecoVigo Adriana Pazos Lorenzo, polo seu accésit nos premios #GirlGeekPower 2025, impulsados pola @uvigo.bsky.social e a Deputación de Pontevedra para visibilizar o éxito das mulleres en estudos do eido científico e tecnolóxico 👏
December 22, 2025 at 11:49 AM
🎄 Con este recuncho festivo da nosa Escola #TelecoVigo desexámosche un bo Nadal e unha feliz entrada en 2026 🎄
December 19, 2025 at 10:28 AM
Ensinando sobre Wifi, chocolate e buratos negros | O docente de #TelecoVigo e investigador de AtlanTTic Felipe Gómez Cuba estivo a semana pasada no IES Marqués de Sargadelos, de San Cibrao (Lugo) para falar ao alumnado das ondas electromagnéticas 👌

#beTelecoVigo
December 18, 2025 at 10:37 AM
Hackathon IBAI4DS 💡 Os nosos estudantes enfrontaronse a un reto tecnolóxico real: Intent Based Management, Closed Loop Automation e LLMs en contornas 5G Edge Computing.

Organizado por Optare Solutions e @uvigo.bsky.social.

Parabéns a gañadores e participantes! 👏

#conexionTeleco
December 17, 2025 at 10:10 AM
Seguimos compartindo a nosa paixón polas telecomunicacións!

Jaime González, doutorando en #TelecoVigo e investigador en AtlanTTic, explicou ao alumnado do colexio Maristas de Vigo que é exactamente un algoritmo e que funcións desempeña na nosa vida cotiá!

#beTelecoVigo
December 16, 2025 at 10:50 AM
O informe de satisfacción máis recente da Universidade de Vigo, relativo ao curso 2024-2025, revela que a Escola de #TelecoVigo é un dos centros máis valorados polo seu alumnado 👏

#beTelecoVigo
A EET, entre os centros máis valorados da Universidade de Vigo | Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
O informe de satisfacción máis recente da Universidade de Vigo, relativo ao curso 2024-2025, revela que, en xeral, o estudantado da institución viguesa valora positivamente … Continuar
teleco.uvigo.es
December 15, 2025 at 4:00 PM
Compartindo a nosa paixón teleco!
O venres, a directora de #TelecoVigo e investigadora de AtlanTTic Rebeca Díaz visitou o colexio Mariano de Vigo para falar ao alumnado sobre onde está e para que se usa a información que subimos á nube.
#beTelecoVigo
December 15, 2025 at 11:34 AM
O docente de #TelecoVigo e investigador de AtlanTTic Íñigo Cuiñas estivo onte no IES Francisco Asorey de Cambados explicando a alumnado de FP de Sistemas de telecomunicación a historia da telefonía móbil.

#beTelecoVigo
December 12, 2025 at 2:15 PM
Tres docentes de #TelecoVigo participaron esta mañá na XXII Xornada “Vigo ante su futuro”, organizada por Fundación Provigo, para tratar diversos temas relacionados cos semiconductores e a microelectrónica, e os retos e oportunidades que presenta este sector.
December 11, 2025 at 4:26 PM
Últimos días para inscribirse nas #TelecoGames!

Toda a info en bit.ly/IVOlimpiadas...
Comezan as IV #TelecoGames!

Se es estudante de ESO, FP ou Bacharelato podes demostrar como as telecomunicacións axudan a cumprir cos ODS. En equipos de ata 6 persoas, terás que crear un prototipo empregando Arduino e contemplando medidas de ciberseguridade.

#beTelecoVigo
December 11, 2025 at 9:52 AM
A semana pasada, o noso exalumno de doutoramento Juan Jose López Escobar, investigador en AtlanTTic, obtivo un segundo premio Xuventude da Deputación de Pontevedra na modalidade investigación en ciencias, pola súa tese. Parabéns!
December 10, 2025 at 2:33 PM
Parabéns a Francisco Javier Díaz Otero, docente de #telecoVigo e investigador de AtlanTTic polo premio Enxeño á mellor iniciativa empresarial. Un merecido recoñecemento á súa labor con Sparc Foundry, outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) 👏
December 10, 2025 at 10:11 AM
O pasado venres unha delegación de Indra, empresa membro de #conexionTeleco, visitou a nosa Escola, así como as instalacións de AtlanTTic, para tratar diversos temas relacionados coa cátedra Indra-UVigo en Enxeñaría e Tecnoloxía, vixente desde 2023.
December 9, 2025 at 11:08 AM
Últimas horas para inscribirse neste hackathon sobre as novas tendencias en Closed Loop Automation!
Atréveste a participar no hackathon IBAI4DS, organizado por Optare Solutions para estudantes de #TelecoVigo?

O 11 de decembro poderás explorar tecnoloxías clave para automatizar tarefas en contornas 5G e resolver un reto técnico real!

Inscríbete ⭢ bit.ly/IBAI4DS

#conexionTeleco
December 9, 2025 at 9:10 AM
Felices de comprobar que a nosa Escola é o segundo centro máis valorado polo alumnado do campus de Vigo 👏 As vosas opinións axúdannos a seguir mellorando!

#beTelecoVigo
Sólo dos grados del campus entre los diez mejor valorados por los alumnos
El informe de satisfacción de los estudiantes de la UVigo señala que los alumnos de grado valoran, por lo general, positivamente su estancia en la institución
www.atlantico.net
December 4, 2025 at 10:22 AM
Atréveste a participar no hackathon IBAI4DS, organizado por Optare Solutions para estudantes de #TelecoVigo?

O 11 de decembro poderás explorar tecnoloxías clave para automatizar tarefas en contornas 5G e resolver un reto técnico real!

Inscríbete ⭢ bit.ly/IBAI4DS

#conexionTeleco
December 1, 2025 at 11:03 AM
Onte, algúns dos nosos estudantes participaron nun obradoiro para aprender a arquitectura básica da tecnoloxía Angular. O curso, de hora e media, foi impartido por Francisco Javier Ramos Condés, Xestor de Proxectos en Altia.

#orientaTE
November 27, 2025 at 10:11 AM
Varios docentes de #TelecoVigo participarán na xornada sobre semiconductores e microelectrónica, organizada pola fundación Provigo o 11 de decembro: Rebeca Díaz como directora da Escola, Mónica Fernández como investigadora de AtlanTTic e Francisco Díaz como CEO de Sparc.

🡆 bit.ly/XornadaSemic...
November 26, 2025 at 9:57 AM
November 25, 2025 at 10:39 AM
Reposted by Teleco Uvigo
Europa impulsa o proxecto 3DBigDataSpace para organizar e compartir modelos 3D e 4D do seu patrimonio cultural.

Un equipo de atlanTTic desenvolve unha aplicación que permite visualizar, crear e contextualizar estes contidos ao longo das rutas do Camiño de Santiago.
O patrimonio cultural de Europa cobra vida en tres dimensións dende atlanTTic
atlanTTic desenvolve unha aplicación que emprega intelixencia artificial e realidade aumentada para dixitalizar miles de bens culturais
www.gciencia.com
November 24, 2025 at 10:20 AM
O pasado venres celebrouse na nosa Escola a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común, da rede #Artigo9tech. Neste encontro anual falouse dos éxitos e dos desafíos cando se traballa en cooperación na universidade e deronse a coñecer diversos proxectos.
November 24, 2025 at 4:28 PM
Serenia Solutions, spinoff de #TelecoVigo, acadou un premio IPFEST á transferencia do coñecemento. A StartUp foi creada este mesmo ano, promovida polo docente da nosa Escola, e investigador de AtlanTTic, Javier González Castaño. Parabéns!
A spinoff da UVigo Serenia Solutions acada un premio IPFEST na categoría StartUp universitaria
Creada en 2025 e promovida polo docente e investigador de atlanTTic e do grupo GTI Javier González Castaño, a spinoff Serenia Solutions gañou un premio nacional á transferencia do coñecemento IPFEST n...
www.uvigo.gal
November 24, 2025 at 12:03 PM
Que ilusion ver a tantos dos nosos exalumnos e exalumnas xuntos!

En @atlantico.net contan como máis de medio centenar de persoas que iniciaron #TelecoVigo no ano 2000, decidiron reunirse para rememorar vellos tempos.
Estudiantes de Teleco del 2000 se reúnen 25 años después
Unos 60 antiguos compañeros compartieron una jornada cargada de emoción, nostalgia y muchas risas
www.atlantico.net
November 24, 2025 at 10:50 AM
Último día para inscribirse na VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común -Educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas- da rede #Artigo9tech, que se celebra mañá en #TelecoVigo!
O próximo venres 21 celébrase en #TelecoVigo a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común de #Artigo9Tech. Nesta cita anual falarase dos éxitos e problemas de traballar en cooperación na universidade, e coñecerás diversos proxectos.

Inscríbete en bit.ly/VIXornArtigo... e en Moovi
November 20, 2025 at 2:22 PM