Teleco Uvigo
banner
teleco-uvigo.bsky.social
Teleco Uvigo
@teleco-uvigo.bsky.social
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (1985- ) imparte estudos oficiais de grao e master en Enxeñaría de Telecomunicación
E Rebeca Díaz impartiu a charla 'Onde está e para que se usa a túa información cando vai á nube' o 3 de febreiro no IES Monte da Vila de O Grove.

#beTelecoVigo
February 6, 2026 at 10:47 AM
O 29 de xaneiro Fernando Martín repasou co alumnado do colexio Nuestra Señora de los Dolores de Pontevedra os diferentes tipos de redes neuronais e as súas aplicacións na intelixencia artificial.
February 6, 2026 at 10:47 AM
Felipe Gomez Cuba visitou o 26 de xaneiro o IES Castro da Uz, en As Pontes de García Rodríguez, para explicar ao estudantado o potencial das ondas electromagnéticas.
February 6, 2026 at 10:47 AM
O 13 de xaneiro Carlos Mosquera estivo nos institutos A Cachada de Boiro e Virxe do Mar de Noia falando ao alumnado dos ecos do invisible: o uso de sinais deseñados para observar o interior do noso organismo, para localizar avións ou para saber cando choverá...
February 6, 2026 at 10:47 AM
E Felipe Gómez Cuba explicou ao alumnado do colexio Nuestra Señora de los Dolores, de Pontevedra, o potencial das ondas electromagnéticas.

#beTelecoVigo
February 4, 2026 at 11:00 AM
Mauro Daniel Artos Salgueiro e Roi Santos Pontevedra recibieron cadanseu premio extraordinario de grao, e Hugo Alonso Taboada un premio á excelencia académica en inicio de grao.

Moi orgullosos do talento, esforzo e compromiso do que gozamos en #TelecoVigo!
January 29, 2026 at 9:40 AM
Juan José López Escobar recibiu un premio extraordinario de doutoramento pola sua tese ‘Design of a new distributed mist, edge and fog architecture in beyond 5G environments for the Internet of things’, dirixida por Rebeca Díaz e Felipe Gil.

#somosTelecoVigo
January 29, 2026 at 9:40 AM
Agradecemos, unha vez máis, ás empresas de #conexionTeleco BorgWarner, IndraCompany e Technica Engineering, o seu apoio, facendo posible unha dotación de 2000 € por premio.

¡Enorgullécenos ver como o talento segue a crecer entre as nosas novas xeracións! 👏

#beTelecoVigo
January 20, 2026 at 10:29 AM
En abril será a competición desta fase galega. Os equipos gañadores levarán premios en metálico, grazas ao patrocinio das empresas de #conexionTeleco BorgWarner, Indra, Grupo Oesía e Televés, e ademais pasarán á final nacional.

#beTelecoVigo #OlimpiadasTeleco
January 19, 2026 at 10:55 AM