O Manuel Esteban
banner
manuelesteban.bsky.social
O Manuel Esteban
@manuelesteban.bsky.social
Médico. Profesor. Escritor
Pinned
Tombuctú non ten murallas, porque alí pensan, desde sempre, que a súa beleza abonda para deter calquera inimigo.

(A. Baricco. Océano mar)
Bo día a todos os Robinsons que andabades, coma min, na procura de Venres.
November 14, 2025 at 6:00 AM
Reposted by O Manuel Esteban
📢 Alumnado e docentes do CIFP Manuel Antonio reclaman "saúde e seguridade" no seu centro
Alumnado e docentes do CIFP Manuel Antonio reclaman "saúde e seguridade" no seu centro
A comunidade educativa do CIFP Manuel Antonio de Vigo alerta dos problemas que están a ocasionar na convivencia do centro as obras remodelación da cuberta e de mellora de accesibilidade. Segundo…
www.nosdiario.gal
November 13, 2025 at 5:13 PM
Reposted by O Manuel Esteban
👅 Queremos Galego denuncia que os Orzamentos da Xunta só destinan 0,09% ao galego: "É un plan para o enterro da lingua"

www.nosdiario.gal/articulo/lin...
Queremos Galego denuncia que os Orzamentos da Xunta só destinan 0,09% ao galego: "É un plan para o enterro da lingua"
Critican recortes como que no ensino a Xunta reduza a 450 mil euros (2,6 por estudante de ensino obrigatorio ou 375,62 euros por centro) as achegas á dinamización lingüística.
www.nosdiario.gal
November 13, 2025 at 12:52 PM
Moi agradecido a Fabio Rivas pola columna de hoxe no Faro da Cultura sobre A lei do mar! 🩵
www-farodevigo-es.cdn.ampproject.org/v/s/www.faro...
Libros destacados da semana
www-farodevigo-es.cdn.ampproject.org
November 13, 2025 at 9:19 AM
Hoxe coñecín a Loli Rodríguez. Non teño nin idea de que tal está o libro, porque aínda non o lin, pero o que sí podo afirmar, sen ningún xénero de dúbida, é que é unha persoa estupenda.
November 12, 2025 at 6:11 PM
O demo sempre se agocha nos matices: A fina liña que percorre a diferencia entre vítima e vitimario. A responsabilidade colectiva. O bullying non é sempre unha historia de bos e malos. Un episodio valente con ración extra de Malvada Profe. ❤️‍🩹
No episodio desta semana acompáñanos a Carmen, orientadora escolar, para falarmos dun tema con estatísticas alarmantes: o bullying.
Cales son os sinais de alerta? Como afecta á saúde mental? Que limitacións teñen as profesionais á hora de actuar?

Escóitanos en: open.spotify.com/episode/0TOX...
November 12, 2025 at 7:58 AM
Cando un atopa alguén tan disposto e xeneroso como Elena só queda unha opción: contaxiarse do seu entusiasmo.
Despois de moito falar, hoxe decidimos asinar un contrato de representación. A partir de agora a libreira tamén vai ser axente literaria.
A min este ano xa non me pode dar máis alegrías!
November 11, 2025 at 6:10 PM
Reposted by O Manuel Esteban
Se só puidésedes levar 3 libros de Xerais a unha illa deserta, cales levariades?🌴

Contádenos!😊
November 10, 2025 at 4:01 PM
Se pensades que eu estou feliz na miña nova foto de perfil deberiades ver a cara de quen tirou a foto.
November 11, 2025 at 12:55 PM
Reposted by O Manuel Esteban
Jupiter says trans rights
🔭 Jupiter in Ultraviolet from Hubble

Image Credit: NASA, ESA, Hubble; Processing & License: Judy Schmidt

star.ucl.ac.uk/~apod/apod/a...
November 11, 2025 at 8:22 AM
España pasou dos 35 casos de sarampelo en 2016 (todos importados, polo que se consideraba erradicada) aos 217 casos confirmados en 2024.
Unha enfermidade cunha alta taxa de mortalidade (sobre todo por baixo dos cinco anos) e que ten unha vacina fabulosa.

Pero sexamos neutrais, claro. Opinemos!
November 11, 2025 at 10:26 AM
Reposted by O Manuel Esteban
Feliz #DíaDasLibrarías 2025!

👯Polos libreiros e libreiras que te acompañan cando o precisas
🗓Polo programa de actividades que gozamos en cada recanto do país
📚Polo apoio ao libro galego e as nosas editoriais, autoras e autores
🪶Pola dinamización cultural dos barrios, das vilas e das aldeas
November 11, 2025 at 9:15 AM
Agora entendo como o fas, @mariaartze.bsky.social...
🗣️Falar varios idiomas frea o envellecemento

👅As persoas monolingües teñen o dobre de risco que as que falan varias linguas de sufrir unha deterioración acelerada coa idade, segundo un estudo publicado hoxe en Nature Aging
Fálase de Falar varios idi... - Praza Pública
Falar varios idiomas frea o envellecemento. As persoas monolin...
praza.gal
November 10, 2025 at 10:32 PM
Hai dúas librarías agora mesmo en Galicia que están a facer maxia e a converterse en lugares telúricos percorridos pola literatura: Vigodepapel, con Elena e Clarión, en Carballo, con Eva.

Que marabilla.
November 10, 2025 at 10:01 PM
Na vida a mellor viaxe é a que te leva máis lonxe.

Eu hoxe estou en Carballo, que xa lle chega de lonxe!
November 10, 2025 at 5:16 PM
Reposted by O Manuel Esteban
👅🛰Aquí tamén se fala: de impulsar a lingua nun instituto de barrio a gañar o Premio da Cultura Galega
Aquí tamén se fala: de impulsar a lingua nun instituto a gañar o Premio da Cultura Galega - Praza Pública
O proxecto de dinamización lingüística nacido no IES Rafael Dieste da Coruña e que xa se estendeu por 300 centros de todo o país, galardoado nunha edición dos premios que tamén recoñeceu á editorial G...
praza.gal
November 10, 2025 at 9:15 AM
Un bispo acusado de pederastia? Isto xa o lin nalgures antes.
November 10, 2025 at 9:44 AM
Hoxe!
O mar non dá tregua!

Este luns, 10 de novembro, ás 19 horas, na libraría Clarión de Carballo, con Eva e Rober.
November 10, 2025 at 7:27 AM
Reposted by O Manuel Esteban
Mallo nunca dejó de interrogar la relación entre cuerpo,materia y mundo.Su obra desborda las etiquetas de surrealismo o realismo mágico: es pensamiento plástico que une rigor científico y libertad imaginativa

El Reina Sofía le dedica una gran retrospectiva🖼️
Déborah García✍️
ctxt.es/es/20251101/...
Maruja Mallo: la modernidad indócil
La aportación de esta pintora a las vanguardias fue silenciada durante décadas. De las verbenas urbanas a los paisajes siderales, su obra interroga la relación entre cuerpo, materia y mundo
ctxt.es
November 9, 2025 at 3:40 PM
Rueda está a pasar por debaixo do radar de todas estas novas terribles sobre a sanidade en Andalucía ou Madrid, pero a ringleira de cadáveres que hai debaixo da alfombra do Sergas (só, por exemplo, coa demora nas listas de agarda de Atención Primaria) daría varias voltas a Galicia.
November 9, 2025 at 6:06 PM
Cando todo está en venda, non existe a verdade. Só o márketing.
November 9, 2025 at 11:34 AM
O mar non dá tregua!

Este luns, 10 de novembro, ás 19 horas, na libraría Clarión de Carballo, con Eva e Rober.
November 8, 2025 at 5:19 PM
"A verdade é o prezo que pagamos pola felicidade. Preferimos ignorar o sufrimento que se agocha sempre detrás de todo xúbilo. A dor que acompaña a cada parto. (...) Por iso hai algunha xente que nunca consegue ser feliz. Eu, sen ir máis lonxe. Non quero pagar o prezo. Ou, mais ben, non podo." +
November 8, 2025 at 3:25 PM
Hoxe estiven n'A Guarda, presentando #Aleidomar, rodeado de xente do mar. Todos acabamos conmocionados. Mesmo Roma, a cadela que observaba cos seus ollos, inmensos coma o mar, todo o que alí se dicía.

Esta fin de semana teño saudades, pero A Guarda fixo que as esquecese por un par de horas.
November 8, 2025 at 2:13 PM
Quen para abrir un viño e cear tagliatelle alla boscaiola?
November 7, 2025 at 6:49 PM