O Manuel Esteban
banner
manuelesteban.bsky.social
O Manuel Esteban
@manuelesteban.bsky.social
Médico. Profesor. Escritor
Hoxe coñecín a Loli Rodríguez. Non teño nin idea de que tal está o libro, porque aínda non o lin, pero o que sí podo afirmar, sen ningún xénero de dúbida, é que é unha persoa estupenda.
November 12, 2025 at 6:11 PM
Cando un atopa alguén tan disposto e xeneroso como Elena só queda unha opción: contaxiarse do seu entusiasmo.
Despois de moito falar, hoxe decidimos asinar un contrato de representación. A partir de agora a libreira tamén vai ser axente literaria.
A min este ano xa non me pode dar máis alegrías!
November 11, 2025 at 6:10 PM
España pasou dos 35 casos de sarampelo en 2016 (todos importados, polo que se consideraba erradicada) aos 217 casos confirmados en 2024.
Unha enfermidade cunha alta taxa de mortalidade (sobre todo por baixo dos cinco anos) e que ten unha vacina fabulosa.

Pero sexamos neutrais, claro. Opinemos!
November 11, 2025 at 10:26 AM
Hai dúas librarías agora mesmo en Galicia que están a facer maxia e a converterse en lugares telúricos percorridos pola literatura: Vigodepapel, con Elena e Clarión, en Carballo, con Eva.

Que marabilla.
November 10, 2025 at 10:01 PM
Na vida a mellor viaxe é a que te leva máis lonxe.

Eu hoxe estou en Carballo, que xa lle chega de lonxe!
November 10, 2025 at 5:16 PM
O mar non dá tregua!

Este luns, 10 de novembro, ás 19 horas, na libraría Clarión de Carballo, con Eva e Rober.
November 8, 2025 at 5:19 PM
Hoxe estiven n'A Guarda, presentando #Aleidomar, rodeado de xente do mar. Todos acabamos conmocionados. Mesmo Roma, a cadela que observaba cos seus ollos, inmensos coma o mar, todo o que alí se dicía.

Esta fin de semana teño saudades, pero A Guarda fixo que as esquecese por un par de horas.
November 8, 2025 at 2:13 PM
Quen para abrir un viño e cear tagliatelle alla boscaiola?
November 7, 2025 at 6:49 PM
Case cada día desde que saíu A lei do mar, hai algo máis dun mes, recibo fotografías e reseñas emocionantes. Nunca me pasara algo así.
A onda do pasamento de Policarpo está a estenderse coma a dunha pedra cando cae no estanque. A súa terceira morte vai ter que agardar algo máis do que contaba.
November 5, 2025 at 6:48 PM
𝘗𝘦𝘳𝘰 𝘢 𝘷𝘪𝘥𝘢 𝘥𝘶𝘯 𝘴𝘦𝘳 𝘩𝘶𝘮𝘢𝘯𝘰 𝘯𝘰𝘯 𝘳𝘦𝘮𝘢𝘵𝘢 𝘮𝘦𝘯𝘵𝘳𝘦𝘴 𝘯𝘰𝘯 𝘤𝘩𝘦𝘨𝘢 𝘢 𝘥𝘦𝘳𝘳𝘢𝘥𝘦𝘪𝘳𝘢 𝘮𝘰𝘳𝘵𝘦. 𝘈 𝘲𝘶𝘦 𝘴𝘦𝘨𝘢 𝘢 𝘤𝘰𝘳𝘥𝘢 𝘥𝘢 𝘢́𝘯𝘤𝘰𝘳𝘢 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘥𝘦𝘪𝘹𝘢𝘳 𝘢 𝘢𝘭𝘮𝘢 𝘢𝘰 𝘱𝘢𝘪𝘳𝘰. (...) 𝘈 𝘮𝘰𝘳𝘵𝘦 𝘥𝘰 𝘮𝘢𝘳, 𝘲𝘶𝘦 𝘥𝘦𝘷𝘰𝘳𝘢 𝘰𝘴 𝘳𝘦𝘤𝘰𝘳𝘥𝘰𝘴 𝘦 𝘤𝘰𝘴𝘱𝘦 𝘢 𝘦𝘴𝘱𝘪𝘯̃𝘢. 𝘗𝘰𝘳 𝘪𝘴𝘰 𝘰𝘴 𝘱𝘦𝘪𝘹𝘦𝘴 𝘦 𝘢𝘴 𝘴𝘦𝘳𝘦𝘢𝘴 𝘯𝘰𝘯 𝘵𝘦𝘯̃𝘦𝘯 𝘮𝘦𝘮𝘰𝘳𝘪𝘢.

Este sábado, ás 12, na libraría Atlántica, A Guarda.
November 4, 2025 at 9:07 PM
Un pequeno conto de terror: catro de novembro. Primeiras probas.
November 4, 2025 at 5:06 PM
November 4, 2025 at 12:09 PM
November 4, 2025 at 12:00 PM
Este libro naceu coa áncora da amargura, pero co vento nas velas da verdade. No mes que leva navegando recalou en Vigo, Ribadumia, Ribeira, Pontevedra, Ourense e Bueu e queda aproar Carballo, A Guarda, Pontevedra, Boiro, Gondomar e outros portos que aínda non aparecen nas cartas.
Medre o mar!
November 2, 2025 at 5:48 PM
Pero que fantasía! Que cousa divertida! Eu quero máis crossovers destes! E, canto máis tolos, mellor!
October 31, 2025 at 5:00 PM
Lembrade que mañá xoves, ás 20h terá lugar na @librariacartabon.bsky.social o crossover máis inesperado do ano!
October 29, 2025 at 10:36 AM
Onte a marea subiu ata Ourense. Por sorte a libraría Eixo deunos abrigo para falar d'A lei do mar.

Grazas a @franalonso-gal.bsky.social por acompañarme. A Óscar, a @omtesouro.bsky.social e aos demais por vir naufragar a mantenta.

E grazas, claro, ao meu faro no cantil.
October 29, 2025 at 7:26 AM
Sopa de outono. Por min xa pode vir o frío.
October 27, 2025 at 7:26 PM
Café? Té?
October 27, 2025 at 5:23 PM
Mañá, martes 28 de outubro, presento A lei do mar acompañado pola amiga @saravilaalonso.bsky.social

Ás 19h, na libraría Eixo.

Ourense é grande coma o mar, se se mira ben.
October 27, 2025 at 9:46 AM
Deixádeme que hoxe rumbe do feliz que son. Da sorte que teño. Do cervo que crucei na estrada. Ou da estrada que cruzou o bosque.
Deixádeme hoxe desexarvos unha fracción desta felicidade.

Feliz domingo. Feliz vida.
October 26, 2025 at 12:04 PM
Ides desculpar se hoxe dedico o domingo a escachar coa risa grazas a este artefacto inclasiflicable e rebordante de retranca da amiga Alba Guzmán.
Porque Ourense ten mar e os libros de zombies son novelas negras!
October 26, 2025 at 10:46 AM
As probas:
October 26, 2025 at 9:51 AM
Aquí algúns exemplos das actividades que lles propoño. Nos primeiros temas aínda non subimos no submarino Proteus. Os alumnos van aprendendo conceptos básicos guiados por dous alter ego meus (poli bo/poli malo): Maruxa e Manuel.
October 24, 2025 at 8:52 AM
Moitas grazas a Hector J. Porto pola columna sobre A lei do mar na Voz de Galicia!
October 23, 2025 at 4:57 PM