Iria Pedreira Sanjurjo
banner
iriapedreira.bsky.social
Iria Pedreira Sanjurjo
@iriapedreira.bsky.social
Helenista doutorada, friki e da aldea
Traducín a Teofrasto, Eurípides e Aristófanes ao galego
✍🏼 #FerreñasERockAndRoll
✍🏼 #MelpómeneEntreNós
Por cousas da vida (que nun inicio non busquei) acabei de ensinante (non me atrevo a chamarme docente) no ensino medio, coa obvia frustración provocada polas circunstancias nas que hai que exercer o oficio mais coa irónica satisfacción de poder poñer (boa) comida na mesa ao final do mes.
Alanis Morissette And Isnt It Ironic Dont You Think GIF
ALT: Alanis Morissette And Isnt It Ironic Dont You Think GIF
media.tenor.com
October 14, 2025 at 6:35 PM
Se algho aprendín do teatro de Manuel Lourenzo (ademais de que toda a traxedia grega podía coller nunha privilexiada e talentosa cabeza, a súa) foi que hai que ter coidado coas degustacións de filloas de sangue. Porque nunca se sabe que (ou a quen) podes estar dixerindo despois duns bocados.
August 10, 2025 at 9:54 PM
Pois efectivamente non só palmei na primeira partida do xogho da lura da función pública, senón que fun incapaz de desatascar a tubaxe do lavabo a base de vinaghre e bicarbonato mentres me laiaba polo porvir precario que teima en atraparme nas súas poutas.
a man with glasses says i am probably in front of a sign that says i love p
ALT: a man with glasses says i am probably in front of a sign that says i love p
media.tenor.com
July 8, 2025 at 10:02 PM
Mañá a estas horas estarei saíndo do meu enterramento nos cascallos, sen épica algunha, intentando reunir a dose xusta de amor propio para non pensar que son unha fraude absoluta e tratando de recompoñer a miña vontade para seguir adiante. Non (só) é mala poesía, non, son as condanadas oposicións 😅.
a cartoon woman with red hair is smiling in front of a set of stairs
ALT: a cartoon woman with red hair is smiling in front of a set of stairs
media.tenor.com
June 20, 2025 at 6:26 PM
Leo por aí que a recepción do novo disco de Miley está sendo morna tirando a indiferente, pero eu levo unha semana querendo vivir para sempre en “Every girl you’ve ever loved” e sen ninghunha intención de baixar da burra de que este é o seu mellor traballo. Aghora si, preparen a munición 😅.
a woman is sitting on a motorcycle with a purple background
ALT: a woman is sitting on a motorcycle with a purple background
media.tenor.com
June 7, 2025 at 6:58 PM
O vídeo en redes das xuventudes dese partido político que perverteu o selo de calidade dun coñecido dicionario sinalando algúns pequenos negocios como non autóctonos cospe tanta violencia que só lle faltan encapuchados, bates e unha reprodución daquela desagradable escena de “American History X”.
a south park cartoon character says what you did is totally stupid and racist
ALT: a south park cartoon character says what you did is totally stupid and racist
media.tenor.com
May 27, 2025 at 8:18 PM
Pois esta é a cara que che queda cando ves que te presentaches a un proceso de selección de PDI máis amañado có televoto eurovisivo e, ao mesmo tempo, te decatas de que paghaches un quilo e medio de plátanos a 6,47 euros. E así vai aló un día máis de camiño cara á morte 😅.
a man with long hair and a beard is holding a cup and the word dude is on the bottom
ALT: a man with long hair and a beard is holding a cup and the word dude is on the bottom
media.tenor.com
May 22, 2025 at 9:05 PM
Nun momento do canto VI da “Ilíada”, Menelao compadécese do troiano Adresto ata o punto de perdoarlle a vida e retelo á espera dun rescate, mais axiña aparece Agamenón para lembrarlle que o odio é unha emoción de máximos capaz de abranguer a quen non pode defenderse ou a quen aínda non naceu.
May 19, 2025 at 5:30 PM
A min, máis que a “futbolización” e estetización do conclave, preocúpame que non quede neste mundo latinista que nos salve da perda do “m” do acusativo na sentencia “Habemus papam”.
a man with a mustache says oh in a room
ALT: a man with a mustache says oh in a room
media.tenor.com
May 8, 2025 at 5:52 PM
Pois resulta que o meu libro de Historia da filosofía de segundo de bacharelato viña con “pullita” para calquera que sentise a tentación de mirar por riba do ombreiro aos presocráticos e a racionalidade das súas explicacións… #TalesTheBoss
May 5, 2025 at 5:42 PM
Despois dos últimos doce anos de servizo divino, eu o que teño claro é que no próximo cónclave han ter coidado de “votar ben” (e xa se sabe o que iso significa 😅).
a man in a red shirt and tie is scratching his head
ALT: a man in a red shirt and tie is scratching his head
media.tenor.com
April 21, 2025 at 9:45 AM
Aristóteles dedicou parágrafos enteiros de pioneiras teorizacións literarias á traxedia e unha non pode evitar pensar no que chegaría a escribir se tivese na vella Grecia un Marvel ou “remakes” de acción real de Disney (adubados coas incendiarias opinións que sempre provocan en ágoras virtuais).
April 16, 2025 at 7:39 PM
Hoxe é un bo día para admitir publicamente que eu pensaba que o “hit” de Benson Boone era, en realidade, unha canción de Aerosmith/Steven Tyler que non coñecía e que se volvera viralizar grazas a calquera tendencia aleatoria en redes da que tampouco tiña constancia como boa “velloza” que son 😅.
a man in a striped sweater is asking what
ALT: a man in a striped sweater is asking what
media.tenor.com
April 13, 2025 at 1:34 PM
Este é Pericles. Pericles adoita ser reclamado para colaborar nas “cutre-promocións” virtuais das cousas que asina a súa dona. Pericles estombállase na herba á raiola e pasa de todo. Sé como Pericles.
April 8, 2025 at 8:45 PM
Reposted by Iria Pedreira Sanjurjo
Este xoves presentamos 'Medea. Heracles' traducido por @iriapedreira.bsky.social na Libraría Couceiro. Vémonos?
Que si, que nada de contido promocional na rede da bolboreta (Iria e as súas leis autoimpostas), pero este cartel tan totalísimo que me fixo #LauraRomero para a presentación de “Medea” e “Heracles” en Compostela ben vale o incumprimento dunha norma non escrita 🤗. @rinoceronteeditora.bsky.social
April 8, 2025 at 11:46 AM
Teño que deixar o feo costume de poñerme ao día coas filmografías da xente xusto cando palma, pero antes de rehabilitarme veño aquí para dicir que á película dos Doors de Oliver Stone lle sobra mínimo hora e media de éxtase báquica “rockandroleira” (e si, mea culpa por reincidir no biopic musical).
a man is singing into a microphone with a blue light behind him
ALT: a man is singing into a microphone with a blue light behind him
media.tenor.com
April 7, 2025 at 8:38 PM
É tentador pensar que Virxilio foi quen de facer poesía cun manual propagandístico da vida no agro porque nunca tivo que dobrar o lombo para sachar e apañar unhas patacas. Con todo, mola. Sempre paga a pena volver a Virxilio.
April 3, 2025 at 9:10 PM
Que si, que nada de contido promocional na rede da bolboreta (Iria e as súas leis autoimpostas), pero este cartel tan totalísimo que me fixo #LauraRomero para a presentación de “Medea” e “Heracles” en Compostela ben vale o incumprimento dunha norma non escrita 🤗. @rinoceronteeditora.bsky.social
March 31, 2025 at 6:04 PM
Reposted by Iria Pedreira Sanjurjo
Como cada 27 de marzo celebramos o #DíadoTeatro, por esta razón queremos lembrar as nosas últimas publicacións vencelladas ao teatro; xa sexa como creación, investigación ou tradución. O teatro sempre ocupou un lugar importante no catálogo de #Laiovento, lugar que seguirá o ocupar no futuro
March 27, 2025 at 8:24 AM
Estaba eu facendo cousas para esas outras redes nas que intento vender os meus méritos literarios dun xeito non demasiado eficaz e sentín unha leve satisfacción ao ver que este mini-canon teatral en galego foi posible grazas ás miñas traducións 🤗. Ás veces hai que quererse e dicilo un pouco máis 😅.
March 27, 2025 at 3:57 PM
Creo que non se vía tan revalorizada a achega literaria de Capote dende que Philip Seymour Hoffman (Q.E.P.D.) ghañou o Oscar por interpretalo (e moi ben) nunha peli.
a man in a suit and tie is talking to another man in a room .
ALT: a man in a suit and tie is talking to another man in a room .
media.tenor.com
March 26, 2025 at 9:20 PM
Citar a Kavafis no día da poesía xa é un estereotipo case definitivo da pretensión de sensibilidade lírica, pero non é menos certo que “mola” recoñecer e recrearse unha e outra vez no seu universo de referencias míticas e literarias. (A edición en galego é de @airaeditorial.bsky.social)
March 21, 2025 at 4:36 PM
Confirmo que o meu día xa pagou un pouquiño a pena só con ver unha publicidade de Apple e o primeiro avance de “Materialists”? Confirmo. Polo que sexa, eh 😅🫠.
a man with a beard is wearing a white shirt
ALT: a man with a beard is wearing a white shirt
media.tenor.com
March 18, 2025 at 8:26 PM
Reposted by Iria Pedreira Sanjurjo
temos Lisístrata en galego con tradución de @iriapedreira.bsky.social e editada por @sushibooks.bsky.social
March 17, 2025 at 9:56 PM
Ignoro se o día traerá consigo ἀρετή algunha, mais erguerse co espectáculo dunha homérica aurora rododáctila sempre está ben 😊.
March 17, 2025 at 7:21 AM