Iria Pedreira Sanjurjo
banner
iriapedreira.bsky.social
Iria Pedreira Sanjurjo
@iriapedreira.bsky.social
Helenista doutorada, friki e da aldea
Traducín a Teofrasto, Eurípides e Aristófanes ao galego
✍🏼 #FerreñasERockAndRoll
✍🏼 #MelpómeneEntreNós
Por certo, esta pasaxe é da súa excelente “Medea dos fuxidos”, probablemente a miña favorita da súa inxente produción dramática (e a miña segunda Medea preferida despois da de Eurípides, obvio).
August 10, 2025 at 9:54 PM
Se algho aprendín do teatro de Manuel Lourenzo (ademais de que toda a traxedia grega podía coller nunha privilexiada e talentosa cabeza, a súa) foi que hai que ter coidado coas degustacións de filloas de sangue. Porque nunca se sabe que (ou a quen) podes estar dixerindo despois duns bocados.
August 10, 2025 at 9:54 PM
Nun momento do canto VI da “Ilíada”, Menelao compadécese do troiano Adresto ata o punto de perdoarlle a vida e retelo á espera dun rescate, mais axiña aparece Agamenón para lembrarlle que o odio é unha emoción de máximos capaz de abranguer a quen non pode defenderse ou a quen aínda non naceu.
May 19, 2025 at 5:30 PM
Por certo, que rico aperitivo de resaibo glutamático e artificial.
May 8, 2025 at 5:52 PM
Pois resulta que o meu libro de Historia da filosofía de segundo de bacharelato viña con “pullita” para calquera que sentise a tentación de mirar por riba do ombreiro aos presocráticos e a racionalidade das súas explicacións… #TalesTheBoss
May 5, 2025 at 5:42 PM
Dito isto, é incrible como, fagha o que fagha, teño que acabar volvendo unha e outra vez ao que dixo o primeiro ghran “todólogo” da historia do pensamento occidental 😅.
April 16, 2025 at 7:39 PM
Aristóteles dedicou parágrafos enteiros de pioneiras teorizacións literarias á traxedia e unha non pode evitar pensar no que chegaría a escribir se tivese na vella Grecia un Marvel ou “remakes” de acción real de Disney (adubados coas incendiarias opinións que sempre provocan en ágoras virtuais).
April 16, 2025 at 7:39 PM
Este é Pericles. Pericles adoita ser reclamado para colaborar nas “cutre-promocións” virtuais das cousas que asina a súa dona. Pericles estombállase na herba á raiola e pasa de todo. Sé como Pericles.
April 8, 2025 at 8:45 PM
É tentador pensar que Virxilio foi quen de facer poesía cun manual propagandístico da vida no agro porque nunca tivo que dobrar o lombo para sachar e apañar unhas patacas. Con todo, mola. Sempre paga a pena volver a Virxilio.
April 3, 2025 at 9:10 PM
Que si, que nada de contido promocional na rede da bolboreta (Iria e as súas leis autoimpostas), pero este cartel tan totalísimo que me fixo #LauraRomero para a presentación de “Medea” e “Heracles” en Compostela ben vale o incumprimento dunha norma non escrita 🤗. @rinoceronteeditora.bsky.social
March 31, 2025 at 6:04 PM
Estaba eu facendo cousas para esas outras redes nas que intento vender os meus méritos literarios dun xeito non demasiado eficaz e sentín unha leve satisfacción ao ver que este mini-canon teatral en galego foi posible grazas ás miñas traducións 🤗. Ás veces hai que quererse e dicilo un pouco máis 😅.
March 27, 2025 at 3:57 PM
Citar a Kavafis no día da poesía xa é un estereotipo case definitivo da pretensión de sensibilidade lírica, pero non é menos certo que “mola” recoñecer e recrearse unha e outra vez no seu universo de referencias míticas e literarias. (A edición en galego é de @airaeditorial.bsky.social)
March 21, 2025 at 4:36 PM
Ignoro se o día traerá consigo ἀρετή algunha, mais erguerse co espectáculo dunha homérica aurora rododáctila sempre está ben 😊.
March 17, 2025 at 7:21 AM
O imperio seghe prendendo lumes de difícil extinción e seghe deseñando accidentalmente as portadas dos discos de mañá. Hoxe estaba eu tan inspirada que mesmo lle espetei o clásico (e americanísimo) aviso de contido explícito, se cadra para a próxima xa se me ocorren títulos e todo!
#RirPorNonChorar
March 12, 2025 at 5:27 PM
A cousa é moi grave, seino, e se a someto a un mínimo de banalidade cómica é por pura supervivencia emocional 😓🤕, mais coido que nos últimos (e perigosos) teatriños destes animaliños con roupa (créditos ao meu pai por esta metáfora) hai futuras portadas de discos. Ás probas me remito:
February 12, 2025 at 6:23 PM
Non tiña previsto eu empregar esta nova rede bolboreteira para o autobombo, pero, por se acaso, vou deixar aquí o típico vídeo curto de “unboxing” e voume retirar en silencio coa esperanza de que alguén se interese por esta nova tradución de Eurípides que fixen 😅.

@rinoceronteeditora.bsky.social
February 4, 2025 at 8:27 PM
Onte vin aos Punsetes na Malatesta e mola mil que un grupo non precise máis argumento ca disparar un temazo tras outro para brillar. Iso e que unha vocalista pop se chante no puro hieratismo coma a Dama de Auxerre mentres entoa iso de que non pase un día sen que deas a túa opinión de m*rda. Adorei.
January 25, 2025 at 5:53 PM
Estaba poñéndome ao día cos epitafios e haxiografías xornalísticas de David Lynch e, en canto cheghei á contribución de O Salto, asaltoume a pataquiña esta particular reflexión sobre o “paraíso perdido” (sic) da cultura millennial:
January 23, 2025 at 7:03 PM
Como parte da xeración “millennial” galega, sempre me parecerá oportuna unha reivindicación das nosas propias iconas pop. Que a terra non lle pese moito.

Nota a rodapé: dende hoxe, este libro incrementou o seu valor como documento e monumento.
January 22, 2025 at 4:52 PM
Supoño que nas actuais circunstancias non teño perdón do noso señor por non intentar ver, por exemplo, “Blue Velvet”, pero moitas falaban das últimas escenas de “Os Fabelman” e foi fermoso ver unha homenaxe en vida tan accidentalmente bela e poética.
January 18, 2025 at 9:47 PM
Hai pouco lin o recomendadísimo “Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España” de Raquel Peláez (@blackiebooks.bsky.social) e flipei ao ver que houbo un momento na historia do cine español no que isto podía saír dunha película de Garci:
January 11, 2025 at 10:21 AM
Laertes tiraralle a Odiseo os libros do andel dende o interior dun burato negro? Penélope tecerá e destecerá o sudario do seu sogro “rebobinada”? Toparase Odiseo con Nikola Tesla na illa dos feacios? Os pretendentes morrerán dun xeito ridículo e anticlimático coma Talia Al Ghul?
December 26, 2024 at 12:37 PM
Laura Romero é tan xenerosa que vai por aí escribindo agradecementos nos que me sobe ao altar da “guía espiritual” cando só me limitei a revisar e corrixir esta marabilla que é #ACulpaFoiDeZënzar (por certo, se vos interesa o rock galego, esta é unha lectura obrigada). @zenzar-rock.bsky.social
December 24, 2024 at 1:03 PM
Onte estiven vendo “Mentiras arriscadas”, a última de James Cameron antes de bañarse en billetes con “Titanic” e as corenta entregas de “Avatar” que terá proxectadas, e só puiden reparar no marabilloso e atemporal vestido turquesa que leva Tia Carrere no segundo acto da película.
December 21, 2024 at 4:12 PM
Xa só por estes dous parágrafos nos que se fan símiles con Lola Flores e Milli Vanilli paga a pena a lectura de #AsDespedidas de #CeciliaFSantomé. Por isto e por reflectir tan ben a traxicómica teatralidade na que adoitamos envolver os últimos adeuses, por suposto. @xerais.bsky.social
December 16, 2024 at 8:04 PM