Fóra de Mapa
banner
forademapa.bsky.social
Fóra de Mapa
@forademapa.bsky.social
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas
Se tendes unha hora pra visitar o centro de Razgrad, un dos símbolos principais é a mezquita de Ibrahim Pasha. Rehabilitada pola TIKA (esta axencia de cooperación e o poder brando 🇹🇷 dan pra outro fío)

Ós que vos gusten as telenovelas 🇹🇷 é capaz que coñezades a este gran visir otomán 😇
November 25, 2025 at 10:03 AM
Logo da independencia de 🇧🇬 a finais do séc XIX o estado tentou asimilar e/ou expulsar a esta poboación, que vía como pouco leal e unha quinta columna do inimigo histórico do pobo búlgaro.

Nos 1950s o réxime comunista tentou expulsar a ducias de miles de turcos a 🇹🇷
November 25, 2025 at 10:01 AM
Os turcos representan un 8% da poboación de 🇧🇬, uns 500K habs, e concéntranse en 2 rexións, no sur, na cordilleira do Ródope e máis no norleste, na rexión de Razgrad e Shumen.

Miles de turcos establecéronse no territorio da actual 🇧🇬 durante os 5 séculos de dominación otomana
November 25, 2025 at 10:01 AM
Pasado mañán o @rccelta.bsky.social xoga en Razgrad 🇧🇬 contra o Ludogorets. É posible que os que visitedes a cidade vos sorprenda atopar mezquitas nun país de maioría cristiá ortodoxa.

O certo é que o 48% da poboación da provincia de Razgrad é musulmá e de etnia turca.
November 25, 2025 at 10:00 AM
Hoxe hai xustamente 30 asinábanse os acordos de Dayton cos que se lograba a paz en 🇧🇦.

Unha paz fráxil, sen reconciliación entre serbios, croatas e bosníacos en moitos casos arrepentimento polos crimes cometidos e co que se creou a 🇧🇦actual, un estado capturado pola clase política de base étnica.
November 21, 2025 at 12:14 PM
Hoxe en 1991 remataba a batalla de Vukovar 🇭🇷, a maior en solo europeo desde a IIGM até a guerra de 🇺🇦.

O exército iugoslavo venceu de forma pírrica ás unidades da recentemente independizada 🇭🇷.

A cidade ficou en ruínas e a poboación croata (47% dos habitantes) foi expulsada.
November 18, 2025 at 9:01 AM
Este fin de semana hooligans de 🇷🇴 foron a 🇧🇦pra seguir a súa selección de fútbol. Polo camiño deulles por mostrar pancartas e cantar consignas xenocidas.

Curiosamente no partido 🇧🇦vs🇷🇴 Esmir Bajraktarevic un bosníaco de Srebrenica meteu o gol que confirmaba a victoria de 🇧🇦
November 16, 2025 at 8:54 AM
Hoxe, en 1944 a URSS executaban a deportación dos turcos de Meskhetia a Asia Central.

Esta minoría duns 100K vivía na actual 🇬🇪 e foi expulsada das súas terras porque ó Kremlin non lle prestaba ter turcos nesa rexión de fronteira.

Cando menos 12K morreron na deportación.
November 14, 2025 at 5:11 PM
Hoxe en 1660 asinábase o tratado de Llíviaco que a coroa 🇪🇸 cedía a 🇫🇷 as aldeas da Cerdanya alén dos Pirineos.

Cando os representantes de cadanseu monarca asinaron o tratado déronse conta que Llívia tiña o título de vila, quedando como un exclave rodeada de territorio 🇫🇷
November 12, 2025 at 9:10 AM
Por certo, o responsable da destrución da ponte, Slobodan Praljak, foi xulgado por isto e outros crimes de guerra e fíxose moi viral
November 9, 2025 at 8:38 AM
Hoxe hai 32 anos as forzas da separatista Rep. 🇭🇷 de Herzeg-Bosnia destruian a icónica ponte de Mostar. Nesa altura da guerra de 🇧🇦 as forzas croatas entraran en conflito coas bosníacas.

A ponte fora construída durante o dominio otomano do país no séc. XVI
November 9, 2025 at 8:35 AM
Hoxe en 1659 asinábase a Paz dos Pirineos, que puxo fin á guerra entre 🇫🇷🇪🇸 e fixo que territorios como a Catalunya Nord pasasen a 🇫🇷.

Dende entón, esta rexión catalanófona forma parte do estado 🇫🇷, e nas últimas décadas o uso do catalán caeu rapidamente até ~25% da poboación
November 7, 2025 at 9:24 AM
Logo da disolución de Iugoslavia e a independencia de 🇭🇷 o club comezou a reivindicar tamén o legado do HŠK Građanski e mesmo mudou de nome 2 veces nos 90 até o actual GNK Dinamo

Građanski nogometni klub Dinamo ou en galego Club de fútbol dos cidadáns (de Zagreb) Dinamo.
November 6, 2025 at 10:51 AM
A nova Iugoslavia non vía con bos ollos un club que competiu na liga do estado títere e pro-nazi 🇭🇷(1941-1945) e que era ligado ó nacionalismo 🇭🇷.

En 1945 refundouse como FD Dinamo perdendo por tanto esas connotacións políticas. O club chegou a gañar unha Copa de Feiras no 67
November 6, 2025 at 10:50 AM
Hoxe o Celta xoga contra o @gnkdinamo. Un equipo cun pasado complexo, como o da propia 🇭🇷.

Fundado en 1911 como HŠK Građanski Zagreb, tivo que refundarse co nome Dinamo Zagreb en 1945 logo do triunfo na IIGM dos partisanos de Tito e a creación da Iugoslavia socialista.
November 6, 2025 at 10:35 AM
Onte foi o día internacional da lingua romaní, con 4M de falantes e usada en media Europa polo pobo xitano.

O idioma só é oficial a nivel local en 2 municipios un de 🇽🇰 e outro de 🇲🇰, e porén ten protección legal nunha chea de estados: 🇦🇹🇨🇿🇫🇮🇳🇱🇳🇴🇷🇴🇸🇮🇸🇰🇸🇪🇺🇦🇧🇦🇩🇪🇭🇺🇲🇪🇷🇸 e 🇵🇱
November 6, 2025 at 8:23 AM
A melodía co poema do arrumano Asdreni "Rreth flamurit të përbashkuar" foi elixida como himno 🇦🇱 ó independizarse en 1912.

Nos 70s 🇷🇴 decidiu empregar a canción patriótica "Pe-al nostru steag e scris Unire" 👆como himno pero ó pouco déronse conta que non tiña moito xeito
November 4, 2025 at 9:42 AM
Hoxe, en 1991, Chechenia aprobaba a súa declaración de soberanía, converténdose de facto nunha república independente.

A URSS —e logo 🇷🇺— tiñan entón problemas máis graves que atender, polo que apenas impuxeron un embargo comercial e económico ao novo país.
November 1, 2025 at 9:23 AM
Onte houbo eleccións en 🇳🇱 e no fragmentado escenario político destaca un partido pola súa estabilidade.

O SGP que representa as facción máis ortodoxas e conservadoras do calvinismo concentradas no cinto bíblico do país obtivo, como é habitual, 3 deputados.
October 30, 2025 at 8:01 AM
Logo de 150 anos centos de miles de descendentes destes refuxiados aínda se identifican como chechenos e circasianos e forman influíntes minorías en 🇹🇷 ou 🇯🇴.

Por ex. nesta última os dous grupos elixen 3 deputados no parlamento e a garda real é un corpo de circasianos.
October 29, 2025 at 8:32 AM
🇦🇱e 🇬🇷 son aliados na OTAN, teñen unhas relacións óptimas, e porén 🇬🇷 leva anos rexeitando a abolición desta lei.

A razón: a expulsión da minoría 🇦🇱 cham do Épiro no 44-45. Desde aquela levan demandando poder retornar e recuperar a propiedade das súas terras confiscadas
October 28, 2025 at 9:05 AM
Hoxe en 1940 a 🇮🇹 fascista invadía 🇬🇷 (que tamén tiña un réxime fascista). E facíao desde o seu protectorado en 🇦🇱.

No 1947 🇬🇷e 🇮🇹 asinaron a paz, porén, 🇬🇷 e 🇦🇱 nunca o fixeron e legalmente siguen en guerra até hoxe. A lexislación de guerra grega (lei2636/40) sigue vixente.
October 28, 2025 at 9:03 AM
Hoxe en 1954 Trieste voltaba a ser parte de 🇮🇹.

A cidade fora unha fonte de disputas territoriais entre a Iugoslavia de Tito e 🇮🇹 ó rematar a IIGM, que estiveron a piques de entrar en guerra por ela.

Co fin de rebaixar as tensións a ONU estableceu o
Territorio Libre de Trieste
October 26, 2025 at 8:16 AM
O occitano, é unha lingua pluricéntrica, con varias normas pra grafar os dialectos rexionais e sen standard común.

Até a idade moderna foi lingua de arte, comercio e poder. Hoxe soamente é oficial no val de Arán e protexida nos vales do Piamonte e en La Gàrdia (Calabria) en 🇮🇹
October 23, 2025 at 7:51 AM
Niza foi parte do ducado de Savoia desde o séc XIV, e logo das guerras napoleónicas formou parte do Reino de Sardeña-Piamonte.

Porén, o territorio foi cedido a 🇫🇷 en 1860 como "recompensa" pola axuda ó incipiente reino de 🇮🇹 a lograr a súa indepedencia contra 🇦🇹
October 23, 2025 at 7:48 AM