Fóra de Mapa
banner
forademapa.bsky.social
Fóra de Mapa
@forademapa.bsky.social
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas
Hoxe en 1660 asinábase o tratado de Llíviaco que a coroa 🇪🇸 cedía a 🇫🇷 as aldeas da Cerdanya alén dos Pirineos.

Cando os representantes de cadanseu monarca asinaron o tratado déronse conta que Llívia tiña o título de vila, quedando como un exclave rodeada de territorio 🇫🇷
November 12, 2025 at 9:10 AM
Hoxe hai 32 anos as forzas da separatista Rep. 🇭🇷 de Herzeg-Bosnia destruian a icónica ponte de Mostar. Nesa altura da guerra de 🇧🇦 as forzas croatas entraran en conflito coas bosníacas.

A ponte fora construída durante o dominio otomano do país no séc. XVI
November 9, 2025 at 8:35 AM
Hoxe en 1659 asinábase a Paz dos Pirineos, que puxo fin á guerra entre 🇫🇷🇪🇸 e fixo que territorios como a Catalunya Nord pasasen a 🇫🇷.

Dende entón, esta rexión catalanófona forma parte do estado 🇫🇷, e nas últimas décadas o uso do catalán caeu rapidamente até ~25% da poboación
November 7, 2025 at 9:24 AM
Hoxe o Celta xoga contra o @gnkdinamo. Un equipo cun pasado complexo, como o da propia 🇭🇷.

Fundado en 1911 como HŠK Građanski Zagreb, tivo que refundarse co nome Dinamo Zagreb en 1945 logo do triunfo na IIGM dos partisanos de Tito e a creación da Iugoslavia socialista.
November 6, 2025 at 10:35 AM
Onte foi o día internacional da lingua romaní, con 4M de falantes e usada en media Europa polo pobo xitano.

O idioma só é oficial a nivel local en 2 municipios un de 🇽🇰 e outro de 🇲🇰, e porén ten protección legal nunha chea de estados: 🇦🇹🇨🇿🇫🇮🇳🇱🇳🇴🇷🇴🇸🇮🇸🇰🇸🇪🇺🇦🇧🇦🇩🇪🇭🇺🇲🇪🇷🇸 e 🇵🇱
November 6, 2025 at 8:23 AM
Boas novas na "tolerante" 🇫🇷, o tribunal de apelación de Rennes permitiu a un neno bretón chamarse Fañch.

En francés non existe o ñ, e até agora non é posible rexistrar a unha persoa cun nome con esta letra bretoa, ou con ú como o occitano Artús.
www.tf1info.fr/societe/affa...
Affaire du prénom breton Fañch : la cour d'appel rend son tilde à un petit garçon lorientais | TF1 INFO
[VIDÉO] La cour d'appel de Rennes a validé l'utilisation du tilde (~) dans le prénom breton Fañch, a annoncé lundi l'avocat des parents du petit garçon. La juridiction confirme ainsi la décision d'une...
www.tf1info.fr
November 4, 2025 at 2:48 PM
🇬🇷 e 🇨🇾 comparten himno nacional desde 1966, unha decisión que non tivo en conta á comunidade turca.

Curiosamente, en 1975-1977 🇷🇴 e 🇦🇱 tamén tiveron o mesmo himno (con letra diferente), esta melodía escrita en 1880 por Ciprian Porumbescu 👇
www.youtube.com/watch?v=u5Yr...
Pe-al nostru steag e scris unire (versuri)
YouTube video by IstRomanilor
www.youtube.com
November 4, 2025 at 9:37 AM
Hoxe, en 1991, Chechenia aprobaba a súa declaración de soberanía, converténdose de facto nunha república independente.

A URSS —e logo 🇷🇺— tiñan entón problemas máis graves que atender, polo que apenas impuxeron un embargo comercial e económico ao novo país.
November 1, 2025 at 9:23 AM
Na Pomerania 🇵🇱 había un lugar que estaba literalmente fóra de mapa e non apareceu nel até o final do período comunista.

Borne Sulinowo era un enorme complexo militar segredo e pechado ós paisanos da contorna, herdado dos tempos do II Reich alemán
www.bbc.com/reel/video/p...
The 'invisible' Soviet town that suddenly appeared in Poland
At the end of the Cold War, the town of Borne Sulinowo suddenly appeared on the map in northwestern Poland.
www.bbc.com
October 31, 2025 at 12:35 PM
Onte houbo eleccións en 🇳🇱 e no fragmentado escenario político destaca un partido pola súa estabilidade.

O SGP que representa as facción máis ortodoxas e conservadoras do calvinismo concentradas no cinto bíblico do país obtivo, como é habitual, 3 deputados.
October 30, 2025 at 8:01 AM
🚨🎙️ Hai novo petisco sobre a importante diáspora caucásica en Medio Oriente.

Centos de miles de chechenos, circasianos, ingushes... fuxiron ou foron deportados ó Imp. Otomano logo da conquista rusa do Cáucaso. Estes asentáronse por toda a xeografía do Imperio.
www.ivoox.com/petisco-lixe...
#Petisco lixeiro. A diáspora caucásica en Medio Oriente - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox
Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. A conquista do norte do Cáucaso polo Imperio Ruso a mediados do séc. XIX forzou a unha chea de pobos da rexión a abandonar as súas terras e a...
www.ivoox.com
October 29, 2025 at 8:27 AM
Hoxe en 1940 a 🇮🇹 fascista invadía 🇬🇷 (que tamén tiña un réxime fascista). E facíao desde o seu protectorado en 🇦🇱.

No 1947 🇬🇷e 🇮🇹 asinaron a paz, porén, 🇬🇷 e 🇦🇱 nunca o fixeron e legalmente siguen en guerra até hoxe. A lexislación de guerra grega (lei2636/40) sigue vixente.
October 28, 2025 at 9:03 AM
Hoxe en 1954 Trieste voltaba a ser parte de 🇮🇹.

A cidade fora unha fonte de disputas territoriais entre a Iugoslavia de Tito e 🇮🇹 ó rematar a IIGM, que estiveron a piques de entrar en guerra por ela.

Co fin de rebaixar as tensións a ONU estableceu o
Territorio Libre de Trieste
October 26, 2025 at 8:16 AM
Hoxe o Celta xoga contra o OGC Nice, o equipo da capital da costa azul 🇫🇷.

Unha cidade onde aínda ten certa vitalidade a lingua local, o niçard, un dialecto do occitano.

Por iso os siareiros e o clube empregan o idioma (Issa Nissa, despí 1904...)
October 23, 2025 at 7:47 AM
O exército 🇺🇦 ven de capturar a un soldado 🇷🇺 da etnia ket, un pobo siberiano e indíxena.

Hoxe, logo de séculos de colonización, represión e alcolismo só quedan 1000 kets, e apenas 30 falan a lingua ket, a derradeira da familia de idiomas ieniseianos
united24media.com/latest-news/...
Ukrainian Forces Capture Russian Soldier From Endangered Ket Ethnic Group
united24media.com
October 22, 2025 at 9:53 AM
🚨🎙️Temos novo episodio pra falar dos chechenos, un pobo forxado nunha sucesión de traumas como as guerras contra 🇷🇺 ou a deportación de toda a nación a Asia Central durante a 2ªGM.

Mais a sociedade chechena actual é moito máis que guerras e represión👇
www.ivoox.com/os-chechenos...
Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox
Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda ...
www.ivoox.com
October 21, 2025 at 4:24 PM
Na Rep. Turca de Chipre do Norte (soamente recoñecida por 🇹🇷) ven de gañar as eleccións presidenciais o candidato favorable á solución federal pra illa.

Tufan Erhurman, o candidato de centro-esquerda derrotou a Ersin Tatar, que avoga pola separación
www.reuters.com/world/middle...
Turk Cypriot moderate wins vote in major policy shift in conflict
A moderate won Turkish Cypriot presidential elections on Sunday, defeating a hardliner in a pivotal vote that could help revive stalled U.N. talks on reunifying divided Cyprus.
www.reuters.com
October 19, 2025 at 8:44 PM
Malas novas desde 🇵🇱, o presidente de estrema dereita, Karol Nawrocki vetou a lei pola que se recoñecía o wymysorys como idioma rexional.

Disque tal recoñecemento "non pode ser unha decisión arbitraria ou política" 😕
notesfrompoland.com/2025/10/17/p...
President vetoes bill recognising language spoken in small Polish town
notesfrompoland.com
October 17, 2025 at 9:49 AM
Hoxe hai 50 anos a Corte Internacional de Xustiza concluiu nunha opinión consultiva que "non hai vínculos ee soberanía entre o 🇪🇭Sáhara Occidental e 🇲🇦, soamente lazos xurídicos e relixiosos.(..) Por tanto debe aplicarse o principio de autodeterminación".

t.co/NY1QJ0XgIo
October 16, 2025 at 7:47 AM
Lukashenka, presidente de 🇧🇾 anda de visita en 🇹🇯 (Taxiquistán) onde foi recibido por nenos locais falando na lingua propia do seu país, o bielorruso.

Lukashenka, emulando a Feijóo co embaixador de 🇯🇵, respondeu en ruso.

Segundo el "nada grande se pode expresar en bielorruso".
October 10, 2025 at 12:56 PM
Hoxe, 8 de outubro é o día nacional do pierogi en 🇵🇱 (e pra quen o celebre).

Os mellores son os rutenos, de pataca e requeixo servidos con cebola e panceta/touciño frita.

Non hai discusión.
October 8, 2025 at 3:49 PM
🚨🎙️ Hai novo petisco pra falar da "venda" dos xudeus e saxóns de 🇷🇴.

Estas comunidades tiñan unha forte vitalidade logo da 2GM e o réxime comunista aproveitou a súa vontade de abandonar o país pra obter divisas e beneficios materiais pagos por 🇩🇪 e 🇮🇱
www.ivoox.com/petisco-lixe...
#Petisco lixeiro. A "venda" dos saxóns e xudeus de Romanía - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox
Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Os xudeus e os saxóns, ou alemáns, sempre foron comunidades moi importantes en Romanía e en Transilvania en concreto. A pesar das mortes aconteci...
www.ivoox.com
October 7, 2025 at 8:58 AM
En Fryslân publicouse a última enquisa de usos lingüístico que mostra unha importante estabilidade e fortaleza do frisio nesta provincia 🇳🇱.

De feito mesmo medrou a porcentaxe de pais que lles falan ós fillos en frisio. Con todo só un 20% o escribe ben 😒
www.fryske-akademy.nl/en/news-and-...
Taalsurvey 2025: 'Frisian language remains firmly anchored in society '
What is the state of the Frisian language in 2025? The latest language survey shows that the language remains firmly anchored in Frisian society. Nine out of ten residents understand Frisian well, alm...
www.fryske-akademy.nl
October 6, 2025 at 3:10 PM
🇮🇹 é un mosaico de linguas, e a rexión de Sardeña é outro tanto con 5 idiomas: italiano, catalán, corso, sardo e na illa de san Pietro o tabarquino.

Unha forma do ligur xurdido en Liguria, que pasou por 🇹🇳 recollendo influencias do amazigh e o árabe
www.nationalia.info/new/11713/ta...
Tabarchino: island, language, home
Stepping onto an island barely a speck on the map is always rewarding. Take San Pietro, southwest of Sardinia’s rounded silhouette: just 50 km² of land, home to 6,000 people and a single town: Carlofo...
www.nationalia.info
October 3, 2025 at 12:10 PM
Hoxe o Celtiña (este é un podcast celtista) xoga contra un equipo ben especial:
O PAOK, siglas que significan clube deportivo tesalónico de Constantinopla.

O equipo foi fundado en 1926 pra representar ós miles de refuxiados da Cidade, chegados uns aniños antes a Tesalónica.
October 2, 2025 at 7:52 AM