elisaferrei.bsky.social
@elisaferrei.bsky.social
Reposted
A pasada semana comezaron os XXXV Cursos de lingua e cultura galegas #galegosenfronteiras, coorganizados polo ILG e a @realacademiagalega.bsky.social. Ata o 24/07, 6️⃣0️⃣ estudantes de 2️⃣0️⃣ nacionalidades somerxeranse na nosa lingua e na nosa cultura.

Este xoves 10 poderán escoitar a Antón Santamarina.
Hoxe recibimos 60 estudantes de vinte nacionalidades que participarán nos XXXV Cursos #GalegoSenFronteiras. A través da nosa lingua, tendemos pontes de coñecemento e recoñecemento mutuo, de respecto e amor pola diversidade.
📌Crónica do acto de benvida⬇️ i.gal/galegosenfro...
July 7, 2025 at 6:15 PM
Reposted
O alumnado do curso #GalegosenFronteiras puido escoitar onte a Antón Santamarina, quen lles 🗣️ falou sobre os cancioneiros históricos. 🎵
@usc.gal
Antón Santamarina impartiu nos cursos #GalegoSenFronteiras un relatorio sobre os cancioneiros históricos, que contaron con importantes achegas de xente de fóra de Galicia. O académico lembrou especialmente a Dorothé Schubarth: “Tiña un entusiasmo enorme pola música".
i.gal/antonsantama...
Antón Santamarina: “A recompilación do noso cancioneiro case lles debe tanto, mesmo máis, ás persoas de fóra de Galicia cás locais”
i.gal
July 11, 2025 at 10:20 AM
Reposted
🚌 O día 10 fomos de excursión ás Terras de Celanova e á Baixa Limia. Visitamos Castromao, a capela de San Miguel, o mosteiro de San Salvador (Celanova), Entrimo e a aldea abandonada do Salgueiro no parque natural da serra do Xurés.

Moitas grazas ás persoas que nos guiaron polos distintos lugares!!
July 22, 2025 at 11:50 AM
Reposted
🗣️ Queres que as máquinas falen con gheada, seseo e/ou rotacismo? Queres que digan irmao ou pantalois? Agora xa é posible!!

O ILG, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do 1.º conxunto de preguntas para a recolla de fala espontánea en galego.

🎤 Entra en doagalego.nos.gal e proba!!
July 22, 2025 at 3:31 PM
Reposted
Queres que o teu GPS, por exemplo, fale galego? Se es galegofalante, podes axudar a conseguilo! Non importa a idade que teñas!

Só tes que entrar en doagalego.nos.gal e responder as preguntas que preparou o ILG dentro do proxecto @nos.gal. Trátase de que fales coa túa variedade dialectal. Anímate!!
Pídense doazóns de voz para fomentar a presenza do galego no mundo dixital - G24
O Instituto da Lingua Galega introduce preguntas na plataforma Common Voice para recoller a fala espontánea
www.g24.gal
July 30, 2025 at 12:52 PM
Reposted
📢 Convocatoria dun contrato de investigación para traballar no @nos.gal. Valorarase doutoramento en ciencias da computación, intelixencia artificial ou en enxeñaría TIC e inglés nivel B1 ou equivalente.

📆Presentación de solicitudes: 24/07-01/08/2025

📎https://acortar.link/9HxGi1

@usc.gal
July 23, 2025 at 4:10 PM
Reposted
🗣️ Os apelidos son unha boa ferramenta para entender o pasado.

Esa é a tese pola que un equipo do @ilgusc.bsky.social e do @citmaga.bsky.social estudou a distribución dos nomes familiares en Galicia.

Sabías que os seus límites son semellantes aos das dioceses e dialectos? 👇
Así se distribúen os apelidos en Galicia: cinco grandes rexións que coinciden coas variantes léxicas e as dioceses
Un equipo da USC revela a notable homoxeneidade no reparto dos nomes familiares en territorio galego tras a análise de 6.150 palabras
acortar.link
June 23, 2025 at 2:46 PM
Reposted
Naomi Kurtz, da University of Chicago, volve andar por Galicia para investigar a variación dialectal do galego.
Se es falante nativo/a de galego e queres colaborar con ela, podes escribirlle un correo a nkurtz@uchicago.edu. As entrevistas levaranse a cabo entre o 30/06 e o 24/07 e serán remuneradas.
June 23, 2025 at 2:38 PM
Reposted
O día 13 recibimos a visita dun grupo de estudantes da Marburg University. Esta iniciativa forma parte dun seminario de estudos culturais sobre Galicia que Ana Goás, docente desta universidade alemá, vai impartir no verán en Marburg e no cal tamén introducirá o alumnado na lingua galega.

@usc.gal
👇
June 18, 2025 at 11:20 AM
Reposted
Anotade nas vosas axendas esta conferencia, organizada polo ILG e o @consellocultura.bsky.social, que vai ter lugar o 11/06 no noso centro.

Anik Nandi, da Woxsen University, examinará a relación entre as políticas lingüísticas gobernamentais e a súa recepción polos diversos axentes sociais.
June 9, 2025 at 1:19 PM
Reposted
O venres tivo lugar no ILG o VIII Congeso de AGANTRO, centrado na situación de emerxencia lingüística do galego.

Aquí tedes algunhas imaxes da mesa redonda 'A emerxencia lingüística. Que podemos facer dende a antropoloxía?', con Gabino Vázquez Grandío, Ana Iglesias e Gabriela Prego.
@usc.gal
June 9, 2025 at 5:34 PM
Reposted
Para Elisa Fdez. Rei, directora do ILG, a memoria de 2024 reflicte indicadores “claramente positivos”, que atribuíu “a todo o🧐persoal investigador polos logros acadados, así como ao 🗣 equipo de comunicación e á 👭comisión de igualdade polo seu traballo e compromiso”.
usc.gal USC @usc.gal · May 23
📚 O incremento da produción científica e un "notable dinamismo", logros do @ilgusc.bsky.social en 2024.

@elisaferrei.bsky.social destacou na presentación de resultados do ano pasado que máis do 60% das publicacións realizáronse en acceso aberto.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
June 2, 2025 at 11:09 PM
Reposted
📚 O incremento da produción científica e un "notable dinamismo", logros do @ilgusc.bsky.social en 2024.

@elisaferrei.bsky.social destacou na presentación de resultados do ano pasado que máis do 60% das publicacións realizáronse en acceso aberto.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
May 23, 2025 at 12:13 PM
Reposted
A traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero Sabela Salgueiro impartirá o 22/04 a conferencia ‘Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención’, organizada pola Comisión de Xénero e Igualdade do ILG.

🕟16:30 h
📍ILG
ilg.usc.gal/gl/actividad...

@usc.gal

👇
April 14, 2025 at 12:29 PM
Reposted
E así de concentrados estamos no #ValidatónILG25 no @ilgusc.bsky.social 🤩
April 10, 2025 at 3:43 PM
Reposted
E como non todo vai ser traballar, tamén houbo tempo para merendar e repoñer forzas, momento en que se lle entregaron agasallos sorpresa a todas as persoas presentes no ILG e que sacaron algún que outro sorriso.

Por último, agradecémoslles a Atlantic Ponte e Imaxin Software o seu patrocinio.
April 11, 2025 at 2:52 PM
Reposted
Conseguíronse 1️⃣3️⃣ h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice. Acadáronse arredor de 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ fragmentos gravados e validados e creáronse case 2️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ frases. O noso agradecemento á trintena de persoas que participou no maratón na fase en liña e/ou presencialmente.

#ValidatónILG25👇
April 11, 2025 at 2:52 PM
Reposted
🏆Xa coñecemos as 4️⃣ persoas gañadoras do #ValidatónILG25!! Parabéns!! 🎉🎉🎉🎉

🏅Gañadora global: Noa Sobrino Lamas
🥇Gravación de fragmentos de voz 🗣: Víctor Pose
🥇Validación de audios 🎧: Álex Rodríguez Guisantes
🥇Xeración de frases ✍: Lucía López Lires

@nos.gal @usc.gal
👇
April 11, 2025 at 2:52 PM
Reposted
📢 Es estudante de Filoloxía da @usc.gal?

Aínda estás a tempo de participar no 🎧 Validatón!!

Non sabes o que é? 🤓 o vídeo 📹 que acompaña esta publicación.

🥇A persoa gañadora de cada categoría recibirá un premio en 💶 grazas ao apoio de Atlantic Ponte e Imaxin Software.

#ValidatónILG25 @nos.gal

👇
April 7, 2025 at 2:23 PM
Reposted
Segundo día de la reunión de CLARIAH-ES en SCAYLE (León)
April 4, 2025 at 10:15 AM
Parabéns!
Dámoslle os parabéns ao noso compañeiro Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega. Sabemos que nas súas mans a RAG continuará a loitar pola nosa lingua. O seu gran saber sociolingüístico vai ser fundamental para axudar a superar os desafíos que afronta a lingua galega hoxe en día.
April 4, 2025 at 7:16 PM
Reposted
Onte tivo lugar na Facultade de Filoloxía da @usc.gal a presentación do volume 📖 'Manual of Galician Linguistics', editado por @degruyterbrill.bsky.social. No acto interviñeron 🗣 Xulio Sousa e Ernesto González Seoane, editores do volume, e Víctor Longa, profesor da Facultade de Filoloxía.
👇
April 4, 2025 at 3:04 PM
Reposted
📢 Aberto o prazo para o envío de propostas ata o 5️⃣ de abril!!

O 'V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos. Dende o Miño ao Mississipi: Pontes e Confluencias' terá lugar do 15 ao 18 de outubro na St. Ambrose University (Davenport, Iowa).
April 1, 2025 at 12:18 PM
Reposted
📢 Introducing the Galician MultiPic! A picture dataset that captures lexical variation.

📖 Out soon – for now, read more here:
www.frontiersin.org/journals/psy...

@ilgusc.bsky.social @lvtc-uvigo.bsky.social @christoslab.bsky.social
Frontiers | The Galician MultiPic: a picture dataset that captures lexical variation
In psycholinguistic research, careful selection and control of stimuli are essential for gaining insights into cognitive processes. Within this field, pictur...
www.frontiersin.org
March 10, 2025 at 3:43 PM
Reposted
📢 A segunda xeira CLARIAH-GAL, organizada por @ilgusc.bsky.social e @citius.gal, desenvolverase en @filoloxiausc.bsky.social a comezos de maio.

O prazo para presentar pósteres permanece aberto ata o 31 de marzo.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
March 17, 2025 at 10:15 AM