Instituto da Lingua Galega
banner
ilgusc.bsky.social
Instituto da Lingua Galega
@ilgusc.bsky.social
Conta oficial do Instituto da Lingua Galega (USC)
🏛️Visita de INALCO ao ILG 🏛️

🗓️Onte recibimos a visita de dous membros do Institut national des langues et civilisations orientales (INALCO).

Foron recibidos pola directora en funcións Maruxa Álvarez e Francisco Dubert quen se erncargou de comenzar a visita cunha presentación sobre o labor do ILG 🩵
January 22, 2026 at 8:39 AM
🗓️Visita no ILG de Alba Nogueira, candidata á Reitoría da USC, acompañada polos membros do seu equipo Daniel Lanero Táboas e Margarita Estévez-Saá.

Un encontro que serviu como espazo de diálogo arredor da universidade pública, a investigación e o compromiso coa lingua galega.
January 21, 2026 at 11:54 AM
📚✨Nova sesión de Os Luns do Ateneo.

👉 “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” da man de Francisco Fernández Rei, investigador do ILG.

🎥 O Ateneo xa ten dispoñible o vídeo completo da conferencia nas súas canles de Youtube!!
www.ateneodesantiago.gal/mediateca/re...
January 21, 2026 at 8:13 AM
📢 Aberto ata o 2️⃣ de febreiro o prazo para inscribirse no Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía (EMLex)

✍ Envío de candidaturas: lnkd.in/di6WkQpH

Animádevos a difundir e enviar as vosas candidaturas!! O ILG é unha das entidades onde poderedes realizar as prácticas.

@usc.gal @portlex.bsky.social
Your Future with the European Master in Lexicography
Click to watch the AI video "Your Future with the European Master in Lexicography" generated with Synthesia.
share.synthesia.io
January 16, 2026 at 12:39 PM
📢 Nova sesión do ciclo Os Luns do Ateneo!

🗓️ O 19 de xaneiro, ás 19:30 h, no Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar), temos unha cita imprescindible:
"O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois". 📚✨

👨‍🏫 Con Francisco Fernández Rei, investigador do ILG.
January 15, 2026 at 11:31 AM
Esta semana o programa A Ponte da USC chegou ao IES Plurilingüe de Ames e ao IES O Carril de Vilagarcía de Arousa co investigador do ILG Francisco Dubert.

Grazas aos centros pola boa acollida! 🎓🙌

#USC #APonte #Gramática #EnsinoMedio #Ames #Vilagarcía #TalentoGalego #Orientación
January 14, 2026 at 11:47 AM
Lena Testa 🥐, estudante visitante do Instituto Saint Louis Marie da Bretaña, e Marcos Lado 🎙️, alumno de Xornalismo en prácticas no ILG, amósannos como é un día de visita no Instituto da Lingua Galega. 🏛️📚

Mirade o vídeo e descubriredes o ben que fala en galego Lena!
January 13, 2026 at 12:10 PM
O artigo de Aquilino Alonso Núñez, do iLingua da @uvigo.bsky.social, publicado en ELG, analiza a evolución das terminacións -ANUM, -ANAM, -ANOS e -ANAS en galego, tomando como punto de partida a fala de Castrelo do Val e a comarca de Verín.

👀https://doi.org/10.15304/elg.17.9716
January 8, 2026 at 3:26 PM
✨Coloquio Prácticas Heteroglósicas París 2026 ✨

O Instituto da Lingua Galega participa como coorganizador deste encontro internacional que terá lugar en París.

📅 A convocatoria aberta ata o 28 de febreiro de 2026
📍 Máis información e inscricións: pratheterogloss.sciencesconf.org
January 2, 2026 at 12:34 PM
Feliz Aninovo! ✨

Esta cantiga popular aparece recollida no dicionario de Marcial Valladares (1884) baixo o lema 'ani-novo'. No Dicionario de dicionarios, recurso do ILG dirixido por Antón Santamarina, podedes atopar toda a información.

🥂 Que 2026 veña cheo de saúde, boas novas e moito galego!💫
January 1, 2026 at 7:33 PM
Non deixes escapar a oportunidade de participar no CIDS 2026!! Aínda estás a tempo de enviar a túa proposta!!
👉🏻 ilg.usc.gal/cids2026/env...
December 30, 2025 at 9:54 AM
📚Novo seminario de formación ‘Las publicaciones académicas en lingüística: una introdución paso a paso’, impartido por Josep Ausensi, profesor da Universitat Rovira i Virgili.

🗓 21/01/2026
⏰ 12-13 h
💻 En liña (Teams)

👀Máis información e inscrición: ilg.usc.gal/gl/actividad...
December 29, 2025 at 1:36 PM
Seguimos emocionadas pola tarde vivida na celebración de ECOS. Coñecemento que resoa.

O noso agradecemento a todas as persoas que nos acompañantes de distintos ámbitos. E como non, a todas as persoas que integran o ILG e que colaboran connosco.

Grazas por facer que o coñecemento siga a resoar! 🫶🏻🩵
December 26, 2025 at 1:22 PM
O ILG é un centro de investigación en que traballan numerosas persoas pola nosa lingua, pero tamén é un lugar en que compartimos diversos momentos que van máis aló do traballo e que crean comunidade.

📷 Aquí están algunhas instantáneas deste 2025.

💫 Desexámosvos unhas boas festas e un feliz 2026!!
December 23, 2025 at 3:08 PM
Que é o ILG❓
🗣️👨🏻‍🦳Francisco Fernández Rei respondeu a esta pregunta durante a xornada Ecos. Coñecemento que resoa a través dun discurso en que deixaba claro que o ILG non é só un lugar de traballo, senón que como ben dixo:
“É unha casa construída con décadas de investigación, compromiso…” 🩵🏠
December 22, 2025 at 9:22 PM
Onte tivo lugar a xornada 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA – Proxecto Nós', que permitiu dar a coñecer os resultados do proxecto @nos.gal nestes 3 anos de traballo no #ProxectoILENIA.

O galego é xa a 10.ª lingua do mundo con máis horas de voz en Common Voice. Pasou de 18 h a máis de 360!
December 19, 2025 at 7:21 PM
📲💻 O Consello da Cultura Galega pon a disposición do público a ferramenta Papés d’e emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846, que permite explorar a escrita galega nesta época.
@consellocultura.bsky.social
December 18, 2025 at 1:12 PM
📣 Ampliación de prazo! VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística, organizado polo ILG xunto co Proxecto Atlas Lingüístico do Brasil.
Amplíase o prazo para o envío de propostas ata o 31 de decembro de 2025.
👉 Non deixes pasar o prazo e participa!
December 16, 2025 at 12:00 PM
📣O 12 de decembro celebramos unha nova edición de LingüisticaMente na Facultade de Psicoloxía!

🎤🗣️12 h - Lucía Vieitez: identidade de xénero, gramática e emoción.
🎤🗣️13 h Francisco Dubert: variación e competencia lingüística.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala!!

@ipsius.bsky.social
December 10, 2025 at 5:27 PM
✨ O pasado 4 de decembro celebramos un dos encontros máis especiais do ILG: ECOS. Coñecemento que resoa. Un evento no que compartimos os avances, proxectos e resultados que este 2025 fixeron eco nas paredes do Instituto.
🫶🏻 Grazas a todas as persoas que asistiron!!
www.youtube.com/watch?v=5Ipo...
ILG: 50 anos poñendo o galego no mapa
YouTube video by Instituto da Lingua Galega - USC
www.youtube.com
December 10, 2025 at 1:31 PM
👀⚠️Xa dispoñible na nosa canle de YouTube o vídeo completo da II Xeira Clariah- Gal

⛓️‍💥Ligazón: www.youtube.com/watch?v=4WoZ...
II Xeira CLARIAH-GAL
YouTube video by Instituto da Lingua Galega - USC
www.youtube.com
December 4, 2025 at 11:12 AM
⭐️Coñece as persoas homenaxeadas do CIDS 2026

Aparecida Negri Isquerdo (Universidade Federal de Mato Grossso do Sul)
Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela)
Lurdes de Castro Moutinho (Universidade de Aveiro) e
Carsten Sinner (Universidade de Leipzig)
December 2, 2025 at 8:06 PM
Sábado 29 celebramos na Facultade de Filoloxía o curso “Biografías lingüísticas e transmisión do galego”. Un espazo para reflexionar sobre multilingüismo e galego nas aulas con Gabriela Prego, Luz Zas e Celtia Rey. Grazas ao CAFI, ILG e Metalingüística!
#UniversidadedeSantiago #ILG #LinguaGalega
December 2, 2025 at 2:26 PM
🔎 O venres 28 tivo lugar no ILG unha xornada dedicada á documentación lingüística e ao traballo de campo.

🎤📚 Víctor Bargiela, da @uneduniv.bsky.social, introduciu as bases do traballo de campo.

🛠️ Luís Jesus, da Univ. de Aveiro, afondou na transcrición, anotación e no uso de ferramentas dixitais.
December 1, 2025 at 10:14 PM
O xoves 27, visita do alumnado STEMbach do IES Xelmírez II para coñecer o ILG e o proxecto Nós.

Elisa Fernández e Adina Ioana Vladu ofrecéronlles unha práctica sobre recoñecemento automatizado da fala no impulso do galego na IA.

#ilgusc #proxectoNós #STEMbach #IA #LinguaGalega @nos.gal
December 1, 2025 at 1:17 PM