USC
banner
usc.gal
USC
@usc.gal
🎓 Perfil oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Máis de 500 anos de historia. Máis de 500 xeracións. Ti tamén es USC. #UniversidadeUSC
📍 Santiago e Lugo
Pinned
USC @usc.gal · 4d
📣 A pesar da choiva, na @usc.gal temos por diante uns días ateigados de actividades!

Presentacións de libros, concertos, cinema, mostras... e moito máis! Consulta xa a nosa axenda 🥰

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
📚 O historiador Marco Armiero analiza no @cispac.bsky.social a traxectoria ambiental da Igrexa Católica dende os sesenta ata o Papa Francisco.

O proxecto CATCH conta co apoio do @erc.europa.eu a través da convocatoria Advanced Grant.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 10, 2026 at 10:20 AM
🏀 Prezos exclusivos para a comunidade universitaria no encontro do martes entre o Monbus Obradoiro e o Hestia Menorca.

As 100 primeiras entradas serán gratuítas e as seguintes, ata 300, a prezos moi reducidos.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 9, 2026 at 11:12 AM
🙌 Publicada a convocatoria para o desenvolvemento de actividades culturais e físico-deportivas impulsadas polo estudantado.

As solicitudes poden presentarse ata o 15 de outubro de 2026 e, en calquera caso, como mínimo 21 días antes do desenvolvemento da actividade.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 9, 2026 at 10:09 AM
🍦 ‘Bico de xeado’ faise co XXVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O ditame do xurado salienta a súa “inmensa ligazón” co sector primario. A gala de entrega desenvolverase o venres 27 de febreiro na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 6, 2026 at 1:40 PM
📣 A pesar da choiva, na @usc.gal temos por diante uns días ateigados de actividades!

Presentacións de libros, concertos, cinema, mostras... e moito máis! Consulta xa a nosa axenda 🥰

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
February 6, 2026 at 12:14 PM
📚 O nomeamento da profesora de @filoloxiausc.bsky.social María José Alonso Veloso como directora do iLTIUS da @usc.gal consolida este instituto de investigación creado en marzo de 2025

Parabéns 🙌

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 6, 2026 at 10:08 AM
💧 A mostra de @culturausc.bsky.social ‘Auga, lodo e capital’ aborda a tensión entre o coidado do medio natural e os intereses económicos e políticos.

Pode visitarse na Igrexa da Universidade ata o 18 de marzo. Non faltes!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 5, 2026 at 12:43 PM
📺 Xa temos unha nova entrega da serie ‘Investigamos na USC’ creada polo SERVIMAV.

Esta semana falamos de robótica da man do @citius.gal

🗞️ www.youtube.com/watch?v=lPtb...
February 5, 2026 at 11:30 AM
Reposted by USC
🌟 Meet Prof. Azucena Mora Gutiérrez, EUniWell Champion from the @usc.gal 🌟

Her project takes a One Health approach to tackle antimicrobial resistance, promoting health and well-being across humans, animals, and the environment.

Learn more about her project: shorturl.at/cOxNu

#EUniWell #WellBeing
February 4, 2026 at 1:34 PM
📣 O Ministro de Economía, Comercio e Empresa @carloscuerpo.bsky.social, acompañado polo reitor Antonio López, visitou a @usc.gal para impartir unha conferencia en
@ecoadeusc.bsky.social

Abriu neste segundo cuadrimestre o ciclo 'Aprendendo das Empresas e Institucións' da Aula Profesional ECOADE.
February 4, 2026 at 1:22 PM
🏆 Os Paz Andrade volven poñer en valor a investigación económica en Galicia.

O @idegausc.bsky.social e o Consello Económico e Social de Galicia entregaron os galardóns que premian artigos científicos e teses de doutoramento.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 4, 2026 at 11:55 AM
🎇Investigadores da @usc.gal e da UAL desenvolven un algoritmo que facilita a integración de enerxías renovables na rede eléctrica e contribúe a evitar apagadas

Asinan @jorgemirausc.bsky.social e Xabier Prado do @imatus.bsky.social xunto a Francisco Gil e Jorge Ventura

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 3, 2026 at 10:54 AM
🔬Tres proxectos da @usc.gal, recoñecidos ao abeiro do Programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta de Galicia

As profesoras Clara Álvarez e María José Alonso dende o @cimususc.bsky.social e María Giménez dende o @ciqus.bsky.social lideran as investigacións

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
February 2, 2026 at 10:05 AM
🎭 O Festival Internacional de Teatro Universitario da @usc.gal chega á súa trixésima edición da man de @culturausc.bsky.social

Desenvolverase do 2 ao 7 de febreiro no Salón Teatro.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 30, 2026 at 9:47 AM
🐕 Fernando Muñoz gobernará Veterinaria “co diálogo, coa transparencia e cunha vocación profundamente colaborativa”.

O reitor Antonio López Díaz presidiu o acto de toma de posesión do novo decano, que sucede no cargo ao profesor Gonzalo Fernández.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 29, 2026 at 12:51 PM
📺 Chega unha nova entrega da serie ‘Investigamos na USC’ creada polo SERVIMAV da @usc.gal

No @arcus-usc.bsky.social levan anos desenvolvendo investigacións centradas na detección de diversos virus que afectan tanto a peixes como a bivalvos 🐠🐟

▶️ www.youtube.com/watch?v=SAYm...
January 29, 2026 at 11:14 AM
👩‍💻 Xa se poden visitar os webs das candidatas a reitora da @usc.gal

Están accesibles dende a páxina de ‘Participación e procesos electorais’. Esta acción enmárcase dentro da campaña electoral que que se estenderá ata o vindeiro 10 de febreiro.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 28, 2026 at 1:04 PM
🎶A Primavera Cultural 2026 xa agroma na USC grazas a @culturausc.bsky.social

Música, audiovisuais, exposicións, fotografía, teatro, danza, Faíscas Culturais, foros, formación, certames, convocatorias... Todo isto e moito máis nos campus de Lugo e Compostela!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 28, 2026 at 10:51 AM
📩 Xa está en marcha a campaña electoral para elixir a primeira reitora na historia da @usc.gal

Estenderase ata o 10 de febreiro e as votacións en primeira volta serán o día 12.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 27, 2026 at 1:40 PM
📣 O @ciqus.bsky.social obtén un novo proxecto Proof of Concept do @erc.europa.eu centrado no almacenamento enerxético sostible

María Giménez López lidera esta investigación que busca desenvolver unha batería recargable híbrida de zinc, bromo e dióxido de manganeso

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 27, 2026 at 12:01 PM
🧑‍🎓O reitor salienta na festividade de San Tomé “o compromiso claro da Universidade con Lugo e a súa provincia”.

O acto tivo lugar na Facultade de Humanidades.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 26, 2026 at 1:46 PM
📚 A Facultade de @dereitousc.bsky.social reivindícase na súa festividade como “espazo de reflexión pausada” para a procura de “solucións fundamentadas”

No acto fíxose entrega da insignia do centro a Ángel García, Carlos Teijo e Teresa Bouzada por 25 anos de servizo

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 23, 2026 at 12:08 PM
🏥 Un proxecto pioneiro favorece a inclusión educativa do alumnado hospitalizado co uso de avatares robóticos nas aulas.

O @iceusc.bsky.social e a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional impulsan a pilotaxe do proxecto AVATARES.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 23, 2026 at 10:45 AM
🏔️ Aberta a inscrición nos campionatos e nas xornadas deportivas nos campus de Lugo e Santiago.

As principais novidades deste segundo semestre son a oferta de escalada no campus lucense e de croquet na sede compostelá.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 22, 2026 at 1:32 PM
📺 Bota a andar a terceira tempada da serie ‘Investigamos na USC’

Cada xoves o SERVIMAV publicará unha pílula na canle de YouTube da @usc.gal na que se profundará en distintos grupos de investigación. Hoxe toca falar de adiccións da man do @ipsius.bsky.social

🗞️ www.youtube.com/watch?v=s93-...
January 22, 2026 at 11:15 AM