USC
banner
usc.gal
USC
@usc.gal
🎓 Perfil oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Máis de 500 anos de historia. Máis de 500 xeracións. Ti tamén es USC. #UniversidadeUSC
📍 Santiago e Lugo
🎓 A profesora @marilaraleixandre.bsky.social, investida honoris causa pola Universidade de Almería.

No acto, que tivo lugar este venres 21, pronunciou o discurso ‘Mensaxes das estrelas. Guías do pensamento crítico’.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 21, 2025 at 1:48 PM
🤗 Non perdas de vista todo o que a @usc.gal che ofrece na semana do 24 ao 30 de novembro!

Xa podes consultar todo o calendario de eventos na #AxendaUSC

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
November 21, 2025 at 11:50 AM
🐴 Fernando Muñoz Guzón, elixido novo decano de Veterinaria no @campusterrausc.bsky.social

Entre os seus obxectivos destaca “homologar o noso grao aos estándares europeos” e “continuar o labor realizado polo actual equipo decanal”

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 20, 2025 at 1:49 PM
🖥️ Bota a andar a Cátedra USC–Televés de Microelectrónica, o proxecto que impulsa Galicia cara ao futuro europeo do chip

Aspira a transformar o futuro da microelectrónica desde a investigación, a industria e o talento, co @citius.gal á fronte da dirección científica

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 19, 2025 at 1:59 PM
⛏️ Unha investigación da @facultadexh.bsky.social e o @cispac.bsky.social aborda as estratexias de subsistencia dos cazadores-recolectores de hai 17.000 anos

O estudo do xacemento de Valdavara 1 (Becerreá) revela a importancia do rebezo na dieta de humanos e carnívoros

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 19, 2025 at 11:40 AM
🏆 Concepción Losada: “Falar galego non debe ser unha carga senón unha vantaxe competitiva”.

A profesora recolleu o Premio Luís Porteiro Garea pola súa traxectoria a prol da lingua.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 18, 2025 at 2:04 PM
🧪 O Ránking de Shanghai sitúa a USC como a mellor universidade de España e 45 do mundo en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas.

A clasificación destaca a @usc.gal nun total de 14 materias.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 18, 2025 at 10:14 AM
🚀 Bota a andar o Sprint de Innovación para xerar ideas innovadoras e con impacto.

A inscrición para participar neste evento que terá lugar na EPSE do @campusterrausc.bsky.social esténdese ata o 20 de novembro

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 17, 2025 at 1:22 PM
👩‍🎓 As facultades de Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química conmemoraron a festividade de Santo Alberte Magno.

No acto tivo lugar a entrega de premios da décimo segunda edición do concurso fotográfico ‘A Ciencia en Imaxe’.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 14, 2025 at 1:46 PM
🥰 Prepárate porque do 17 ao 23 de novembro a axenda da @usc.gal está ateigada de actividades para ti!

Música, videocreación, relatorios, lingua ou memoria histórica son tan só algúns dos contidos dos que poderás gozar nos vindeiros días.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
November 14, 2025 at 10:24 AM
🏆 A primeira edición dos premios á divulgación científica da @usc.gal recoñecen o labor de @elenaabal.bsky.social e @magago.bsky.social

Parabéns 🙌

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 13, 2025 at 1:18 PM
🧪 Logran sintetizar por primeira vez un composto bioactivo partindo directamente de metano.

Persoal investigador do @ciqus.bsky.social, liderado por Martín Fañanás, supera un dos grandes retos da química cun catalizador de ferro que controla a reactividade do gas.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 13, 2025 at 10:03 AM
🔝 O investigador do @imatus.bsky.social Álvaro Goyanes repite como o único científico da @usc.gal no Highly Cited Researchers 2025.

A clasificación recolle un total de 6.868 persoas de 60 países ou rexións.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 12, 2025 at 11:08 AM
📣 O grupo @grupohistagra-usc.bsky.social traslada a Teo os traballos do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática.

Comezan a exhumar unha fosa da resistencia armada antifranquista emprazada no cemiterio da igrexa de Santa María de Luou.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 11, 2025 at 10:36 AM
📩 A elección da reitora ou reitor da USC terá lugar o 12 de febreiro en primeira volta e o 11 marzo, en segunda votación

Consulta aquí todo o calendario do proceso 👇

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 10, 2025 at 11:55 AM
🌊 Sosteñen que a acción climática debe incorporar a dimensión da xustiza climática.

O profesor da @facultadadelugo.bsky.social Sebastián Villasante lidera un artigo publicado en @natsustain.nature.com sobre como garantir o dereito a un clima seguro.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 10, 2025 at 10:36 AM
🥳 Unha semana ateigada de actividades está agardando por ti!

Queres descubrir todo o que che ofrece a USC na semana do 10 ao 16 de novembro?

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
November 7, 2025 at 8:15 AM
📸 Entregados os premios do Maratón Fotográfico que impulsa @culturausc.bsky.social

Unha ducia dos traballos presentados permanecerán expostos na Biblioteca Intercentros ata o vindeiro 16 de decembro

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 6, 2025 at 12:24 PM
🔝 Javier Montenegro do @ciqus.bsky.social e Jaime Álvarez-Muñiz do @igfae.gal acadan cadansúa bolsa Synergy Grant #ERCSyG do @erc.europa.eu

Os proxectos son CARAMEL, para crear fármacos impermeables que atravesen a membrana celular, e HERON, para detectar neutrinos

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 6, 2025 at 11:12 AM
🔬 Arranca a construción da nova Facultade de Farmacia, co horizonte no curso 2027-28

Este mércores 5 tivo lugar o acto de colocación da primeira pedra do que será o primeiro centro do complexo de Ciencias da Saúde

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 5, 2025 at 1:33 PM
🪄O @imatus.bsky.social explora no Día dos Materiais o influxo da dixitalización e da IA

O contexto desta iniciativa enmárcase na chamada Industria 5.0, que esixe novas formas de deseñar materiais avanzados combinando datos experimentais con modelos preditivos

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 5, 2025 at 10:31 AM
🏆Un traballo da USC, recoñecido no marco do Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

Héctor González foi premiado na categoría de persoal investigador mozo pola comunicación titulada ‘Un novo estimador óptimo minimax para variedades’. Parabéns 🥳

🗞 www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 4, 2025 at 11:18 AM
🧠🗣Arturo Xosé Pereiro Rozas, elixido novo decano da Facultade de Psicoloxía.

Durante o seu mandato, ten previsto fomentar a participación do estudantado, aumentar as opcións de especialización do centro e fortalecer as sinerxías co @ipsius.bsky.social

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 3, 2025 at 1:23 PM
📚 A biografía de Luisa Cuesta inicia a nova colección de Edicións USC ‘Pioneiras da Universidade de Santiago de Compostela’

A obra que aborda a figura da primeira profesora da institución compostelá é froito da investigación de Ana Cabana e Aldara Cidrás

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 3, 2025 at 12:27 PM
🪄O @imatus.bsky.social conmemora o 5 de novembro o Día dos Materiais cun foro sobre as oportunidades que abren a dixitalización e a IA

Aquí podes consultar todos os detalles do programa 👇

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
November 3, 2025 at 10:33 AM