Damián C.
banner
damiancopena.bsky.social
Damián C.
@damiancopena.bsky.social
Debullando ao redor do mundo rural #sustentabilidade #USC #historiaeconomica #apicultura #ecoloxismo #accioncolectiva #patrimonio #economiacritica #historiarural #historiaagraria #divulgacion
Reposted by Damián C.
Queredes castañas?
Este é o LOTE PROMO: 4 kg de castañas de 3 variedades diferentes, 2 kg de abelás e 1 kg de mel (envío a casa incluído). Ah, e as bolsas son reutilizables.
Por só 49 €.

Queres menos cantidade? (i/ii)

forms.gle/dGUch59qizCD...
November 2, 2025 at 10:05 PM
Patrimonio Cultural acordou fai uns meses incoar o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Poza do Piñeiro (O Covelo). Na imaxe vese esta singular poza situada no Suido do século XIX feita para a rega de cultivos #historiaagraria #historiaeconomica
November 5, 2025 at 6:45 PM
Publicamos unha nova entrada no blogue Debullando o Rural. Nesta ocasión trata sobre o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial e o Patrimonio Apícola mariam.gal/dia-internac... #patrimonio #apicultura #beekeeping #lagaresdecera #historiaeconomica
October 17, 2025 at 3:36 PM
Máis sobre o tranvía que non foi... Esta nova de 1921 do xornal El Tea aborda os problemas de trazado que tiña o proxecto de tranvía que pretendía unir Mondariz e Vigo, a dificuldade das obras así e como o pesimismo imperante... #historiaeconomica #tranvia #mondariz #ponteareas
October 13, 2025 at 4:53 PM
Esta conferencia sobre a apicultura moderna feita por Benigno Ledo en 1919 tivo gran repercusión. Supuxo un fito relevante dentro do proceso que o levou a liderar iniciativas de divulgación #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura + info aquí: estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/es...
October 12, 2025 at 4:38 PM
Nesta época podemos ver fermosos cogumelos, como este exemplar localizado no campus Terra de Lugo. Na temática micolóxica cada vez mais comunidades rurais están establecendo mecanismos de xestión e regulación a través de coutos micolóxicos: www.sciencedirect.com/science/arti... #micoloxia #cogumelos
October 4, 2025 at 5:55 PM
Esta nova do xornal El Tea recolle as categorías e os premios do concurso de gando que tivo lugar en Fornelos da Ribeira (Salvaterra) no 1927. O acto estivo organizado por sociedades agrarias como o Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso de Fornelos da Ribeira #historiaagraria #historiaeconomica
October 1, 2025 at 2:19 PM
Temos poucas imaxes históricas da pesca de esturión en Galicia. Este impresionante exemplar foi pescado en Baiona no ano 1937. O Acipenser sturio remontaba o río Miño dentro do seu ciclo vital pero desapareceu no século XX dos ríos galegos #historiaeconomica #miño #minho #esturion #baiona #sollorei
September 25, 2025 at 9:37 AM
A "fábrica da luz" de Pardellas (Ponteareas) foi unha das instalacións pioneiras en Galicia para a xeración de electricidade. O edificio, que aproveitaba as augas do río Tea, foi esmorecendo e está nun estado de total abandono #historiaeconomica #fabricadaluz #electricidade #ponteareas #patrimonio
September 21, 2025 at 3:31 PM
Reposted by Damián C.
👨🏻‍🌾 10.000 conferencias para formar aos agricultores españois. Isto foi o acadado pola Lei de Ensinanza Agrícola no S. XIX. Damián Copena, docente do @campusterrausc.bsky.social, e María Gómez (Universidade de Oviedo) veñen de publicar un estudo sobre esta iniciativa.
www.usc.gal/gl/xornal/no...
Un estudo identifica máis de 10.000 conferencias organizadas a partir da Lei de Ensinanza Agrícola de 1876 | Universidade de Santiago de Compostela
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada no ano 1876  pretendía  que  cada domingo se ofrecera unha conferencia agrícola en cada un dos concellos do Estado para incrementar o nivel de coñecemento das pers...
www.usc.gal
September 15, 2025 at 3:31 PM
Achégase o tempo dos cogumelos. En Galicia hai cada vez mais exemplos de Comunidades de Montes que autoxestionan este recurso endóxeno. #cogumelos #micoloxia #montesveciñais #collectiveaction #mushrooms #fungi #mycology + info sobre coutos micolóxicos nos MVMC www.sciencedirect.com/science/arti...
September 14, 2025 at 10:29 AM
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada en 1876 pretendía que cada domingo se fixera unha conferencia agrícola en cada concello do Estado. Neste artigo publicado recentemente identificáronse máis de 10.000 conferencias organizadas a partir desta lei. #historiaagraria recyt.fecyt.es/index.php/Hy...
September 13, 2025 at 3:47 PM
Reposted by Damián C.
📣 @usc.gal | Un estudo identifica máis de 10.000 conferencias organizadas a partir da Lei de Ensinanza Agrícola de 1876

A investigación de Damián Copena (USC-CISPAC) e María Gómez (UniOvi) realiza un percorrido por esta iniciativa

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Un estudo identifica máis de 10.000 conferencias organizadas a partir da Lei de Ensinanza Agrícola de 1876 | Universidade de Santiago de Compostela
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada no ano 1876  pretendía  que  cada domingo se ofrecera unha conferencia agrícola en cada un dos concellos do Estado para incrementar o nivel de coñecemento das pers...
www.usc.gal
September 11, 2025 at 8:18 AM
Acaba de publicarse un artigo na revista Historia y Política no que participo xunto a María Gómez Martín da Uniovi. Nel analízase o proceso de desenvolvemento das conferencias organizadas a partir da Lei de ensinanza agrícola de 1876. #historiaagraria #historiaeconomica www.usc.gal/gl/xornal/no...
Un estudo identifica máis de 10.000 conferencias organizadas a partir da Lei de Ensinanza Agrícola de 1876 | Universidade de Santiago de Compostela
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada no ano 1876  pretendía  que  cada domingo se ofrecera unha conferencia agrícola en cada un dos concellos do Estado para incrementar o nivel de coñecemento das pers...
www.usc.gal
September 10, 2025 at 4:13 PM
Reposted by Damián C.
O noso último traballo "El envase alimentario en la España del desarrollo" acábase de publicar na serie de documentos de traballo da AEHE. Nel, repasamos o xurdimento do consumo de masas e como influíu nunha innovación de mercadotecnia moi relevante dende a década de 1960: o envase alimentario
July 28, 2025 at 9:17 AM
Reposted by Damián C.
🌱 Identifican máis de 10.000 conferencias organizadas a partir da Lei de Ensinanza Agrícola de 1876

A investigación está asinada polo profesor da @facultadadelugo.bsky.social @damiancopena.bsky.social e pola profesora da @universidadoviedo.bsky.social María Gómez

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
September 10, 2025 at 9:57 AM
No Confurco (Ponteareas) está unha das entradas dun tunel previsto para ser utilizado no traxecto de tranvía que se tentou facer entre Vigo e Mondariz Balneario. O proxecto, desenvolvido a principios do século XX, non se chegou a rematar #historiaeconomica #ponteareas #patrimonio #tranvia #mondariz
September 4, 2025 at 9:58 PM
Coa expansión da apicultura mobilista (que ten cadros móbiles), apareceron diferentes modelos de colmeas modernas. En Galicia hai exemplos de innovación nas colmeas como as feitas por Benigno Ledo. Na imaxe vese a colmea inventada por Sanjurjo Badía no 1909. #historiaagraria #colmeas #beekeeping
September 3, 2025 at 6:56 AM
Reposted by Damián C.
Nuestro artículo en @es.theconversation.com sobre los registros de biodiversidad contenidos en las Relaciones Topográficas de Felipe II, finales del siglo XVI, ha superado las 30.000 lecturas
Qué bien que sean tantas y que se siga leyendo
@ebdonana.bsky.social
theconversation.com/la-biodivers...
La biodiversidad de hace 450 años: lo que había y lo que hemos perdido
Osos pardos, manadas de cebras, cultivos de seda… Un estudio de ecología histórica describe la flora y la fauna en tiempos de Felipe II. Lo que había, y lo que hemos perdido.
theconversation.com
August 22, 2025 at 5:38 AM
O artigo publicado en @es.theconversation.com “Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos” superou as 20.000 lecturas. Estamos moi ledas de que estea a ter esta difusión #apicultura #beekeeping #historiaagraria #abellas theconversation.com/asi-se-han-m...
August 29, 2025 at 7:36 AM
O ano 1989 foi, ata o momento, o de maior superficie queimada en Galicia. As estatísticas dinos que arderon perto de 200.000 hectáreas. Na imaxe vese unha nova dese ano que está titulada "Arde Galicia"... Un titular que podería estar feito en agosto de 2025... #lumes #resiliencia #incendios #monte
August 27, 2025 at 4:45 PM
Desde o blogue Debullando o Rural achéganse algunhas reflexións sobre os lumes forestais #lumes #eucaliptizacion #monte #multifuncionalidade mariam.gal/debullando-o...
August 26, 2025 at 2:45 PM
Aínda se poden ver as colmeas tradicionais (cortizos, trobos ou covos) en áreas rurais. Esta clase de colmeas fixistas foi a predominante en Galicia ata a década de 1980 #historiaagraria #apicultura #beekeeping #mel #abellas #patrimonio theconversation.com/asi-se-han-m...
Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos
Las colmenas que observamos mayoritariamente hoy en día son muy diferentes de las que predominaban a finales del siglo XIX.
theconversation.com
August 19, 2025 at 2:37 PM
A forestación forzosa con especies de crecemento rápido e as consecuencias para a poboación local son elementos importantes que non podemos obviar no contexto actual. Na imaxe a portada de El Ecologista (1979) na que se tratan as problemáticas do monte galego #eucaliptizacion #lumes #desagrarizacion
August 19, 2025 at 11:32 AM