Damián C.
banner
damiancopena.bsky.social
Damián C.
@damiancopena.bsky.social
Debullando ao redor do mundo rural #sustentabilidade #USC #historiaeconomica #apicultura #ecoloxismo #accioncolectiva #patrimonio #economiacritica #historiarural #historiaagraria #divulgacion
Patrimonio Cultural acordou fai uns meses incoar o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Poza do Piñeiro (O Covelo). Na imaxe vese esta singular poza situada no Suido do século XIX feita para a rega de cultivos #historiaagraria #historiaeconomica
November 5, 2025 at 6:45 PM
Publicamos unha nova entrada no blogue Debullando o Rural. Nesta ocasión trata sobre o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial e o Patrimonio Apícola mariam.gal/dia-internac... #patrimonio #apicultura #beekeeping #lagaresdecera #historiaeconomica
October 17, 2025 at 3:36 PM
Máis sobre o tranvía que non foi... Esta nova de 1921 do xornal El Tea aborda os problemas de trazado que tiña o proxecto de tranvía que pretendía unir Mondariz e Vigo, a dificuldade das obras así e como o pesimismo imperante... #historiaeconomica #tranvia #mondariz #ponteareas
October 13, 2025 at 4:53 PM
Esta conferencia sobre a apicultura moderna feita por Benigno Ledo en 1919 tivo gran repercusión. Supuxo un fito relevante dentro do proceso que o levou a liderar iniciativas de divulgación #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura + info aquí: estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/es...
October 12, 2025 at 4:38 PM
Nesta época podemos ver fermosos cogumelos, como este exemplar localizado no campus Terra de Lugo. Na temática micolóxica cada vez mais comunidades rurais están establecendo mecanismos de xestión e regulación a través de coutos micolóxicos: www.sciencedirect.com/science/arti... #micoloxia #cogumelos
October 4, 2025 at 5:55 PM
Esta nova do xornal El Tea recolle as categorías e os premios do concurso de gando que tivo lugar en Fornelos da Ribeira (Salvaterra) no 1927. O acto estivo organizado por sociedades agrarias como o Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso de Fornelos da Ribeira #historiaagraria #historiaeconomica
October 1, 2025 at 2:19 PM
Temos poucas imaxes históricas da pesca de esturión en Galicia. Este impresionante exemplar foi pescado en Baiona no ano 1937. O Acipenser sturio remontaba o río Miño dentro do seu ciclo vital pero desapareceu no século XX dos ríos galegos #historiaeconomica #miño #minho #esturion #baiona #sollorei
September 25, 2025 at 9:37 AM
A "fábrica da luz" de Pardellas (Ponteareas) foi unha das instalacións pioneiras en Galicia para a xeración de electricidade. O edificio, que aproveitaba as augas do río Tea, foi esmorecendo e está nun estado de total abandono #historiaeconomica #fabricadaluz #electricidade #ponteareas #patrimonio
September 21, 2025 at 3:31 PM
Achégase o tempo dos cogumelos. En Galicia hai cada vez mais exemplos de Comunidades de Montes que autoxestionan este recurso endóxeno. #cogumelos #micoloxia #montesveciñais #collectiveaction #mushrooms #fungi #mycology + info sobre coutos micolóxicos nos MVMC www.sciencedirect.com/science/arti...
September 14, 2025 at 10:29 AM
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada en 1876 pretendía que cada domingo se fixera unha conferencia agrícola en cada concello do Estado. Neste artigo publicado recentemente identificáronse máis de 10.000 conferencias organizadas a partir desta lei. #historiaagraria recyt.fecyt.es/index.php/Hy...
September 13, 2025 at 3:47 PM
No Confurco (Ponteareas) está unha das entradas dun tunel previsto para ser utilizado no traxecto de tranvía que se tentou facer entre Vigo e Mondariz Balneario. O proxecto, desenvolvido a principios do século XX, non se chegou a rematar #historiaeconomica #ponteareas #patrimonio #tranvia #mondariz
September 4, 2025 at 9:58 PM
Coa expansión da apicultura mobilista (que ten cadros móbiles), apareceron diferentes modelos de colmeas modernas. En Galicia hai exemplos de innovación nas colmeas como as feitas por Benigno Ledo. Na imaxe vese a colmea inventada por Sanjurjo Badía no 1909. #historiaagraria #colmeas #beekeeping
September 3, 2025 at 6:56 AM
O artigo publicado en @es.theconversation.com “Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos” superou as 20.000 lecturas. Estamos moi ledas de que estea a ter esta difusión #apicultura #beekeeping #historiaagraria #abellas theconversation.com/asi-se-han-m...
August 29, 2025 at 7:36 AM
O ano 1989 foi, ata o momento, o de maior superficie queimada en Galicia. As estatísticas dinos que arderon perto de 200.000 hectáreas. Na imaxe vese unha nova dese ano que está titulada "Arde Galicia"... Un titular que podería estar feito en agosto de 2025... #lumes #resiliencia #incendios #monte
August 27, 2025 at 4:45 PM
Desde o blogue Debullando o Rural achéganse algunhas reflexións sobre os lumes forestais #lumes #eucaliptizacion #monte #multifuncionalidade mariam.gal/debullando-o...
August 26, 2025 at 2:45 PM
A forestación forzosa con especies de crecemento rápido e as consecuencias para a poboación local son elementos importantes que non podemos obviar no contexto actual. Na imaxe a portada de El Ecologista (1979) na que se tratan as problemáticas do monte galego #eucaliptizacion #lumes #desagrarizacion
August 19, 2025 at 11:32 AM
A finais de xullo vou participar nesta actividade formativa e divulgativa en Chantada. Na II Universidade Popular falarei da conflitividade histórica e presente vinculada cos montes veciñais en man común #cmvmc #comunidadesdemontes #historiaeconomica #historiarural
July 17, 2025 at 4:35 PM
Onte participei nunha interesante xornada na Casa das Abellas. A palestra abordou a historia da modernización da apicultura en Galicia (o paso da apicultura fixista á mobilista). Na charla mostrei iniciativas de divulgación feitas entre finais do XIX e a 1ª metade do XX #historiaagraria #benignoledo
July 6, 2025 at 4:51 PM
Esta conferencia sobre a revolución mexicana foi organizada no 1914 polo Comité auxiliar das sociedades agrícolas de Ponteareas en Bos Aires. A imaxe que achega información sobre a mesma é do xornal agrario El Tea #ponteareas #internacionalismo #ElTea #Arxentina #Mexico #Sociedadesagrarias #historia
June 29, 2025 at 10:33 AM
A mediados do século XIX Terra de Montes era un lugar onde a industria cereira era moi importante. Na imaxe vese a entrada do diccionario de Madoz sobre Forcarei que fai referencia á cera de abella. Máis info neste artigo 👉 revistes.ub.edu/index.php/Hi... #historiaagraria #historiaeconomica #abellas
June 21, 2025 at 4:48 PM
No fomento da apicultura moderna as revistas apícolas comparaban os resultados económicos previstos dos modelos apícolas. Velaquí esta lámina publicada na revista La Colmena no 1927 en favor das colmeas de cadros móbiles #apicultura #historiaagraria #colmeas #beekeeping doi.org/10.26882/his...
June 15, 2025 at 5:53 PM
Benigno Ledo destacou pola innovación técnica na apicultura. Así, chegou a patentar a colmea "Ledo-Argozón" no 1923. Sobre o papel de Ledo na modernización da apicultura galega: estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/es...
Sobre a modernización das colmeas: theconversation.com/asi-se-han-m...
June 10, 2025 at 3:38 PM
Os montes veciñais teñen un equivalente en Portugal: os baldios. Na ligazón pódese consultar un libro editado pola Federação Nacional dos Baldios. Esta publicación, na que participei, aborda diversas cuestións vinculadas coas propiedades comunitarias #comuns #baldios www.baladi.pt/wp-content/u...
May 15, 2025 at 8:28 AM
O esturión foi un peixe que remontou o río Miño ata despois da metade do s. XX. Nesta nova de 1963 fálase sobre a súa pesca e sobre a posibilidade de cría do sollo rei en Galicia. A nova indica que esta cuestión ía a ser estudada por "técnicos persas" #esturion #sollorei #historiaeconomica #minho
May 10, 2025 at 8:43 AM
Están tendo lugar as XVII "Jornadas Internacionales de Innovación Docente". Neste evento, organizado pola Universidad de Oviedo, presento unha comunicación sobre o uso da prensa histórica na docencia universitaria en historia económica @gespic.bsky.social #historiaeconomica #innovaciondocente
May 8, 2025 at 10:36 AM