Campus Industrial de Ferrol
ciferrol.bsky.social
Campus Industrial de Ferrol
@ciferrol.bsky.social
O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde.

www.campusindustrial.udc.es
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Xa temos gañadoras do III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo!

🏆Paloma Funes, cunha dotación de 1200 euros. 

✨Accésit de 300 euros para Blanca Fernández.

✨Accésit de 300 euros para Carla Pérez.

Parabéns as tres!

🔗+info: https://bit.ly/CatEpCam
December 17, 2025 at 12:21 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢Xa está aberto ata o 12 de xaneiro o 2º prazo para solicitar a condición de Deportista de Alto Nivel da UDC (DANUDC) para o curso 2025/2026. 

Inscríbete e pasa a ser un DANUDC!  

Máis info 👉🏽 https://bit.ly/DanUDC25
December 17, 2025 at 1:22 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
O Consello de Goberno da UDC aproba o orzamento para 2026, cun total de 184,2 M€, e dá o visto e prace ao novo regulamento electoral.

🔗Máis info: https://bit.ly/ConGobdec
December 16, 2025 at 1:48 PM
#CIFaoDía (1/2) Máis de 50 estudantes do primeiro curso do grao en Xestión Industrial da Moda presentaron, este martes 16/DECEMBRO, na Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, unha exposición sobre a moda do século XX, anterior aos anos 80 @udc.gal
December 16, 2025 at 2:59 PM
#CIFaoDía Nova conferencia da Cátedra Jorge Juan: "Tolkien e o mar" impartida polo catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José María Miranda Boto @udc.gal @usc.gal
📆 Mércores 17/DECEMBRO 🕔 19:00 horas
📍 Sala Carlos III - Exponav
December 12, 2025 at 10:20 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢A UDC e o @circuloesceptico.bsky.social convocan a VIII Edición dos Premios Isabel Zendal, un concurso dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e FP co obxectivo de fomentar o pensamento crítico e racional.

📅 Prazo: ata o 23/4/2026 ás 14:00 h

🔗Máis info: https://bit.ly/PrIZ26
December 11, 2025 at 2:03 PM
#CIFaoDía Alumnado do máster en Tecnoloxía Téxil e Moda Sustentable da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), visitou, este xoves 11/DECEMBRO, a sede central de Inditex, en Arteixo. Fíxoo, acompañado da coordinadora do título, Belén Montero, e máis da profesora Ana Ares @udc.gal
December 11, 2025 at 11:17 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
🌍Ábrese o prazo para solicitar as estadías predoutorais no estranxeiro Inditex-UDC InMOTION, un programa clave para a internacionalización do doutoramento na UDC.
📅 Solicitudes: 5-22/12
🎯 Estadías de ata 3 meses en 2026
5% reservado para alumnado con discapacidade

🔗+info: https://bit.ly/InMOtion25
December 10, 2025 at 8:36 AM
#OCampusNosMedios Os 10 anos de Aprendizaxe Servizo (ApS) na Universidade da Coruña (UDC) deixan pegada no alumnado do Campus Industrial de Ferrol @udc.gal @cufieudc.bsky.social Vía Diario de Ferrol
El futuro de miles ya tiene la huella de toda una década de Aprendizaxe e Servizo en la UDC
Tres ejemplos prueban cómo el método es útil en causas tan diversas como las danas o la inclusión laboral
diariodeferrol.elidealgallego.com
December 9, 2025 at 11:50 AM
#CIFaoDía Anja Schmidt, investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), conseguiu mellorar de maneira significativa as propiedades mecánicas e de barreira fronte ao osíxeno e á humidade dos envases alimentarios baseados en bioplásticos @udc.gal
December 9, 2025 at 11:33 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📑Unha tese do Laboratorio de Biopolímeros CITENI, da investigadora Anja Schmidt, mellora as propiedades de envases alimentarios baseados en bioplásticos.

Máis info 🔗https://bit.ly/3XBGA84
December 5, 2025 at 9:20 AM
#CIFaoDía O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña (UDC) homenaxean ás persoas voluntarias das entidades da cidade no marco do #DíaInternacionalDoVoluntariado que se conmemora mañá, venres 5/DECEMBRO @udc.gal
December 4, 2025 at 1:53 PM
#CIFaoDía O alumnado do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), visitou, este mércores 3/DECEMBRO, a sede de Insertega en #Arteixo, acompañado pola profesora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares @udc.gal
December 4, 2025 at 1:07 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢Aberta a convocatoria do certame Programa Tu Punto.

🫰🏽 7.500 € en premios.

👩🏽‍🎓👨🏽‍🎓Aberto a estudantes de bacharelato, ciclos formativos, grao e máster.

📹 As propostas poden presentarse en formato vídeo, TikTok ou Instagram, e a inscrición realízase a través da web tupunto.org.

Anímate a participar!
December 1, 2025 at 1:15 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢 Convocado o programa prácticas da Fundación Once-@crueuniversidades.bsky.social dirixida ao estudantado da UDC cunha discapacidade recoñecida legalmente dun mínimo do 33% e que queira realizar prácticas curriculares ou extracurriculares.
November 28, 2025 at 12:49 PM
#CIFaoDía (1/3) Un total de 11 estudantes da Universidade Sénior da Coruña asisten, cada martes, de 09:45 a 11:15 horas, no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol, ás clases de xadrez impartidas polo instrutor Mariano Ortega @udc.gal @udc-senior.bsky.social
November 28, 2025 at 1:57 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
O @ciferrol.bsky.social participa estes días nas I Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que organiza a Universidade de León no Campus de Ponferrada.

Un encontro que pretende ser espazo de reflexión para reforzar a importancia destes campus como motores de desenvolvemento.

https://bit.ly/CIFpnf
November 26, 2025 at 1:22 PM
#CIFaoDía O Campus Industrial de Ferrol participa, este martes 25 e mércores 26/NOVEMBRO, nas I Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que organiza a Universidad de León no Campus de Ponferrada @udc.gal
November 26, 2025 at 9:45 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
💟A UDC súmase ao 25-N 🫂

Esta mañá na Facultade de Dereito leuse o Manifesto da CRUE, presentáronse a campaña 25N Violencias Dixitais e a nova guía de acompañamento ás vítimas e entregáronse os premios Ángeles Alvariño e María Balteira.

Os actos continúan mañá.

🔗+info: https://bit.ly/Actos25N2025
November 25, 2025 at 1:03 PM
#CIFaoDía (1/3) A Universidade da Coruña (UDC) súmase ao #25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres reivindicando o papel das universidades como axentes activas na loita contra a violencia @udc.gal
November 25, 2025 at 1:48 PM
#CIFaoDía Belén e Laura, alumnas do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, veñen de participar, na 7ª edición do Sustainable Challenge, un maratón creativo que tivo lugar, do 12 ao 15/NOVEMBRO, en Barcelona @udc.gal
November 24, 2025 at 10:34 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢Chega a IV Edición de Cóntame a túa Investigación! 

Categ.:TFG, TFM e Teses de Dout.

🎬Crea un vídeo de ata 3 minutos contando a túa investigación.

🔗Publícao en TikTok, Ig, Bluesky ou YouTube cos cancelos: #CóntameaTúaInvestigaciónUDC2026 e #UDC.

📅Prazo ata as 14:00 h do 12/2.
 
Participa!
November 24, 2025 at 7:54 AM
#CIFaoDía O FESTALENT, a III Feira de Empresas e Talento do Campus Industrial de Ferrol, promovida no marco do Programa IMPÚLSA-T da Universidade da Coruña (UDC), foi todo un éxito @udc.gal @empregoudc.bsky.social
November 21, 2025 at 10:24 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
⚧️Na universidade, como noutras áreas sociais, tamén existen comentario se actitudes machistas que perpetúan a desigualdade e os roles de xénero.

💟Está nas nosas mans poder cambialo.

Se che restan valor, interrompen ou deciden por ti só por seres muller, é machismo.
November 20, 2025 at 9:20 AM