Campus Industrial de Ferrol
ciferrol.bsky.social
Campus Industrial de Ferrol
@ciferrol.bsky.social
O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde.

www.campusindustrial.udc.es
#CIFaoDía (1/2) Inaugurada a mostra "Orixes IV. Urbanismo Castrexo", unha proposta expositiva que amosa os resultados da campaña arqueolóxica realizada entre o 14/XULLO e o 1/AGOSTO de 2025 no Castro de Esmelle #Tralocastro #Ferrol @udc.gal
February 6, 2026 at 7:16 PM
#CIFaoDía (3/3) Ao seu remate, achegáronse ata o Centro de Investigacións en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) onde foron recibidos polo seus directores, Armando Yáñez e Francisco González @udc.gal @usc.gal @uvigo.bsky.social @campusterrausc.bsky.social
February 6, 2026 at 2:25 PM
#CIFaoDía (2/3) - o Campus Industrial Ferrol, o Campus Terra USC e o Campus Auga Universidade de Vigo - para avanzar na cooperación e no intercambio de estratexias para aproveitar ao máximo as súas potencialidades @udc.gal @usc.gal @uvigo.bsky.social @campusterrausc.bsky.social
February 6, 2026 at 2:25 PM
#CIFaoDía (1/3) A Sala de Xuntas da Vicerreitoría do #CampusFerrol acolleu, este venres 6/XANEIRO, unha reunión de traballo entre a Xunta de Galicia e os tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG) @udc.gal @usc.gal @uvigo.bsky.social @campusterrausc.bsky.social
February 6, 2026 at 2:25 PM
#CIFaoDía (3/3) O acto, impulsado pola Universidade da Coruña (UDC), incluíu unha breve semblanza sobre a pensadora, activista e escritora ferrolá no aniversario do seu pasamento, da man da escritora Eva Ocampo e da profesora da Facultade de Ciencias do Traballo, Asunción L. Arranz @udc.gal
February 4, 2026 at 9:22 PM
#CIFaoDía (2/3) Foi interpretada pola soprano Patricia Rodríguez e o pianista Alejo Amoedo xunto a outras dúas pezas dedicadas a outros dous ilustres escritores ferroláns, Gonzalo Torrente Ballester e Ricardo Carballo Calero, tamén compostas polo catedrático de música @udc.gal
February 4, 2026 at 9:22 PM
#CIFaoDía (1/3) Un ateigado Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu, este mércores 4/FEBREIRO, a presentación do Lied "Alma de Xustiza" composto en homenaxe a Concepción Arenal por Miguel Brotóns @udc.gal
February 4, 2026 at 9:22 PM
#CIFaoDía Grazas a Abance, Ghenova, Accenture, Cándido Hermida, Acebrón, Intaf, Applus+, GT Artabria, Arce Clima, Navantia, Aires Naval e Industrial, Segula, Cofrico, Septentriotech, DETEGASA, Tecdesoft, Gabadi, Techno Pro e Gauzón Ibérica por achegárense ata o Campus Industrial de Ferrol @udc.gal
February 4, 2026 at 1:52 PM
#CIFaoDía #CIFaoDía A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) reuniu, este mércores 4/FEBREIRO, no seu II Encontro con Empresas, a preto de 20 firmas con forte presenza en Galicia @udc.gal
February 4, 2026 at 1:52 PM
#CIFaoDía O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación acolleu, este martes 3/FEBREIRO, a conferencia do maxistrado-presidente da Corte Centroamericana de Justicia, César Salazar Grande, á que asistiu o alumnado do grao en Relacións Internacionais @udc.gal
February 3, 2026 at 2:11 PM
#CIFaoDía Inauguración da exposición "Orixes IV. Urbanismo Castrexo" organizada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Universidade da Coruña + Concello de Ferrol @udc.gal
📅 do 6/FEBREIRO ata o 26/ABRIL 💰 Entrada gratuíta
📍 Centro Cultural Torrente Ballester #Ferrol
February 3, 2026 at 10:37 AM
#CIFaoDía A UDC homenaxea á pensadora, activista e escritora Concepción Arenal no aniversario do seu pasamento. Farao, o mércores 4/FEBREIRO, ás 19:00 horas, cun concerto no que se poderá escoitar, por primeira vez, o Lied “Alma de Xustiza” composto, para esta ocasión, por Miguel Brotóns @udc.gal
January 29, 2026 at 4:37 PM
#CIFaoDía Poderase visitar, de xeito totalmente gratuíto, ata o próximo 22/FEBREIRO, de martes a venres, de 10:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, os sábados, de 10:00 a 19:00 horas, e os domingos, de 10:30 a 14:30 horas @udc.gal @etsac-udc.bsky.social
January 28, 2026 at 4:56 PM
#CIFaoDía Exponav #Ferrol acolleu, este mércores 28/XANEIRO, a inauguración da exposición “Galicia, unha escola”, unha homenaxe a todo o persoal docente e ao estudantado que, desde o ano 1975 ata o 2025, formou parte da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) @udc.gal @etsac-udc.bsky.social
January 28, 2026 at 4:56 PM
#CIFaoDía (1/3) As bolsas para cursar un máster no Campus Industrial de Ferrol atraen a alumnado de Colombia, Cuba, Ecuador e de Guinea Ecuatorial. Neste curso 2025/26 concedéronse un total de 9 axudas, 7 delas na modalidade presencial e 2 para cursar esta formación en liña @udc.gal
January 27, 2026 at 9:45 AM
#CIFaoDía (1/2) O investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol Tanausú Almeida presentou, hai un par de días, unha tese que mellora a simulación de plataformas flotantes para a xeración de enerxía renovable mariña @udc.gal
January 27, 2026 at 8:35 AM
#CIFaoDía (3/3) Componse de 47 paneis e poderá visitarse, de xeito totalmente gratuíto, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol, de luns a venres, de 10:00 a 20.00 horas @udc.gal @ucm.es
January 23, 2026 at 10:41 AM
#CIFaoDía (2/3) Entre elas figuran catro mulleres galegas, Emilia Pardo Bazán, Antonia Ferrín Moreiras, Jimena Fernández de la Vega e María Paz Alonso Quijada @udc.gal @ucm.es
January 23, 2026 at 10:41 AM
#CIFaoDía (1/3) Inaugurada a exposición "As primeiras profesoras da UCM", unha proposta divulgativa que quere lembrar ás primeiras mulleres en incorporárense á carreira docente e investigadora na que é a universidade pública máis antiga da comunidade de Madrid @udc.gal @ucm.es
January 23, 2026 at 10:41 AM
#CIFaoDía (1/2) O investigador do CITENI, Javier Pernas, vén de ser recoñecido nos Premios de Investigación Fundación Barrié ‑ Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun accésit, na categoría de Ciencias Técnicas, polo seu proxecto de planificación intelixente de ensamblaxe de buques @udc.gal
January 23, 2026 at 10:25 AM
#CIFaoDía O investigador predoutoral Zeeshan Hamid Malike o investigador postdoutoral Jorge Luis Olmedo Martínez veñen de incorporarse ao CITENI grazas ás convocatorias “Talento en Formación” e “Talento Investigador” que promove o Campus Industrial de Ferrol @udc.gal
January 19, 2026 at 11:23 AM
#CIFaoDía (1/2) Persoal investigador do grupo QUIMOLMAT do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e do INGEN do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) gaña o 1o galardón dos III Premios de Investigación Epifanio Campo @udc.gal @cicaudc.bsky.social
January 15, 2026 at 5:16 PM
#CIFaoDía (1/2) A Universidade da Coruña e a Fundación Luis Monteagudo únense para impulsar actividades no arqueódromo do Centro Cultural Torrente Ballester da man da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial @udc.gal
January 13, 2026 at 10:46 AM
#CIFaoDía A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acollerá, a partires do curso 2026/27, o máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction (RESCO). Ofértanse un total de 25 prazas e 17 bolsas Erasmus Mundus. Inscricións ata o 28/FEBREIRO en www.resco-master.eu @udc.gal
January 12, 2026 at 9:43 AM
#CIFaoDía (1/2) A investigadora do Grupo de Polímeros do CITENI , Silvia Lage, defendeu, o pasado mes de setembro, a súa tese de doutoramento «Revalorización de residuos lignocelulósicos en compósitos funcionais de ácido poliláctico e nanotubos de carbono para impresión 3D» @udc.gal
January 12, 2026 at 8:59 AM