AGPTI
banner
agpti.org
AGPTI
@agpti.org
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
linktr.ee/agpti
Xa está en Netflix o filme Frankenstein, dispoñible en galego con tradución para a dobraxe da nosa socia Luisa Lage (@tradulage.bsky.social). A novela de Mary Shelley editouna Aira coa tradución do noso socio Samuel Solleiro, merecedor do Premio da Gala do Libro Galego á Mellor Tradución de 2019.
November 8, 2025 at 10:31 AM
📢 Lembrete para socias!

⚖️ Mañá teremos a nova merenda-conversa sobre a confección do código deontolóxico da nosa asociación.

🤝 O debate colectivo é fundamental para que este documento represente os princpios e valores de todas as integrantes da AGPTI.

📌 16:30 vía Zoom.
November 6, 2025 at 9:27 AM
🏆 [Resolución do VIII #PremioXelaArias ]

📝 O xurado do VIII Premio Xela Arias decidiu por unanimidade outorgar o premio nesta oitava edición á Fundación RIA, fundada e presidida polo arquitecto británico sir David Chipperfield.
November 3, 2025 at 11:07 AM
📣 A nosa presidenta, Bea Fariñas, participará mañá nestas xornadas na Facultade de Ciencias Xurídicas da @uvigo.bsky.social para falar sobre a tradución xurada.
October 29, 2025 at 1:15 PM
📝 Hoxe é o Día da Internacional da Corrección e queremos compartir convosco a publicación en lingua galega do «Decálogo para encomendar a corrección dun texto» de Pilar Comín Sebastián.
October 27, 2025 at 10:30 AM
📣 O próximo 15 de novembro terá lugar en Cambados o I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro, organizado pola Fundación Plácido Castro e a AGPTI.
October 24, 2025 at 12:11 PM
📣 Lembrete para socias!

📚 O noso Grupo de Tradución Literaria convoca mañá unha reunión telemática para debater os criterios das axudas á tradución.

📌 16:30 vía Zoom.

👉 Recibiredes a ligazón por correo.
October 23, 2025 at 10:19 AM
🤝 O #PremioXelaArias facémolo entre todas!

📣 Tedes até o 29 de outubro para enviardes as vossas propostas a:

info@agpti.org
October 20, 2025 at 11:50 AM
🏆 Coñeces todas as gañadoras do #PremioXelaArias?

👉 Entidades, empresas ou persoas que defenden ou divulgan a tradución e a interpretación no mercado galego e en lingua galega.

📝 Aberto o prazo de recepción de candidaturas!
October 13, 2025 at 8:39 AM
📢 Queremos aproveitar esta data anual de reivindicación e divulgación do noso traballo para reflexionarmos en conxunto sobre ámbitos que escapan á esfera estritamente laboral, mais que nos atravesan como colectivo humano.

📝 Texto completo e fontes:

www.agpti.org/dia-internac...
September 30, 2025 at 9:00 AM
🇵🇸 Neste #DíaInternacionalDaTradución, as intérpretes e tradutoras da AGPTI alzamos a voz en favor da paz e da liberdade para Palestina.
September 30, 2025 at 9:00 AM
📣 Convocatoria do VIII Premio Xela Arias de Tradución

Hoxe, véspera do Día Internacional da Tradución, abrimos o prazo de recepción de candidaturas para a nova edición do Xela Arias.

A recepción de candidaturas permanecerá aberta un mes e rematará o 29 de outubro.
September 29, 2025 at 8:23 AM
Ademais, o 30 de setembro tamén estará a nosa socia Laura Sáez na FFT da @uvigo.bsky.social falando da tradución no marco editorial independente galego.
September 26, 2025 at 12:52 PM
📣 A nosa socia Ruth Layús estará falando de transcreación na FFT da @uvigo.bsky.social o vindeiro 1⁰ de outubro.
September 26, 2025 at 9:23 AM
📣 Mañá a nosa socia Raquel Senra estará na FFT da @uvigo.bsky.social impartindo unha charla para o alumnado que está por terminar o grao.
September 24, 2025 at 9:12 AM
O sábado participamos nos grupos de traballo do Proceso Lingua Vital para seguirmos a construír un futuro vigoroso para a nosa lingua 🗣️
www.queremosgalego.gal/2025/09/20/m...
September 22, 2025 at 10:27 AM
🏆 O XXIII Premio de Tradución da Fundación Plácido Castro, outorgado a Isabel Soto pola obra «A herdanza Ferramonti», de Gaetano Carlo Chelli, traducida do italiano ao galego e editada pola editorial Hugin e Munin.

No xurado participou a nosa socia Raquel Senra pola AGPTI.
September 18, 2025 at 10:06 AM
📖 Xa dispoñíbel a primeira tradución para galego de Terry Pratchett feita polo noso socio @pelcho.bsky.social para Boadicea Editora.

#QuenTraduce
September 1, 2025 at 9:48 AM
🏨 Ademais, hoxe temos outra estrea da nosa socia Lucía Vázquez: «Hotel Bombai» traducida para dobraxe para a plataforma agalega.gal da @tvgalicia.bsky.social.

#QuenTraduce
#AudiovisualEnGalego
August 22, 2025 at 11:14 AM
🔫 Hoxe ás 23:50 estréase «Johnny English, o regreso» na TVG, coa tradución para dobraxe pola nosa socia Lucía Vázquez.

#QuenTraduce
#AudiovisualEnGalego
August 22, 2025 at 8:17 AM
🌕 Hoxe a Televisión de Galicia estrea «O signo de Venus» ás 03:40 coa tradución para subtítulos polo noso socio @joserodgom.bsky.social.

#QuenSubtitula
#AudiovisualEnGalego
August 16, 2025 at 5:28 PM
🎬 A noite deste venres 15 ás 00:15, a TVG estrea «Johnny English» coa tradución para dobraxe da nosa socia Lucía Vázquez.

#QuenTraduce
#AudiovisualEnGalego
August 14, 2025 at 8:56 AM
😎🔫 Esta semana a Televisión de Galicia estreou o filme «American Gangster», coa tradución para dobraxe pola nosa socia @tradulage.bsky.social.

#QuenTraduce
#AudiovisualEnGalego
July 19, 2025 at 11:27 AM
🌹 Onte Netflix estreou «Soleil noir», coa tradución para subtítulos polo noso socio @abrahamdilo.bsky.social.

#QuenTraduce
#AudiovisualEnGalego
July 11, 2025 at 8:20 AM
A edición deste ano do Festival Literario de Allariz estará centrada na tradución! Entre outras moitas actividades, este sábado 5 ás 12:30 participará a nosa socia María Alonso Seisdedos 📚
June 30, 2025 at 10:19 AM