Suso Vila
banner
vilabotanes.bsky.social
Suso Vila
@vilabotanes.bsky.social
Historia e Historia da Arte, falando da raia do Minho, os xudeos e cristiáns novos entre Galicia e Portugal, os Soutomaior e a nobreza transfronteiriça e moita micro historia
Pinned
O vindeiro mércores, 10 de dec, compartirei espazo e reflexións con @miguelgcia-fdez.bsky.social e @dianapelaz.bsky.social na mesa organizada por @gciencia.bsky.social para presentar o proxecto de Raíñas de Galicia
Unha oportunidade para falar e preguntar sobre o reino medieval de Galicia
O asedio de #Valença en 1837 foi moi duro
Durante 45 días a vila sería bombardeada, a Revolta dos Marechais tería unha factura moi alta e nos anos seguintes obrigaría a unha completa renovación urbana
A resistencia de Valença foi posibel polos mantementos que chegaban de #Tui polo río
February 17, 2026 at 7:44 PM
Chove moito pero o Miño non chega a gran chea de 1909 só porque hai encoros
February 11, 2026 at 6:57 PM
A casa Maceira, un edificio que recolle a memoria da súa importancia política e económica no sur de Galicia no século XIX.
cadenaser.com/podcast/ser-...
February 10, 2026 at 7:18 PM
Mañá falarei dunha dunha familia: os Maceira
deputados, senadores, alcaldes, bispos e abadesas, en poucas décadas contaron cun enorme poder económico e político no sur de Galicia
Van ser a ferramenta dos ingleses para apoiar #Valença no duro asedio de 1837 e de aí o seu ascenso político
February 9, 2026 at 11:37 AM
Falaba onte na #Ser Baixo Miño sobre os pozos de neve e neveiros de época Moderna conservados en cotas medias, sobre os 800 m., en municipios como A Caniza ou Melón e que foron moi habituais para suministrar neve as vilas e cidades da costa galega
+👇
cadenaser.com/audio/cadena...
February 4, 2026 at 9:51 AM
Seleccionando fotografías e descartando outras, o número é tan elevado de xoias que o libro vai ser complicado de manexar

Claro está se o libro vai interesar a alguén porque sen ánimos e sen apoios nestes momentos vexo difícil prosperar nesta empresa 🙄
#JuanVila #fotografía
January 30, 2026 at 5:54 PM
Falaba hoxe na radio de San Xulián e a súa capela no monte Aloia
A primeira mención que temos é no privilexio de #Tui de 1095 non que se falan das reliquias do mártir e de que alí estivo a cidade antigamente
Debemos vencellar a capela e a gran fortaleza do Aloia, a maior do NO ibérico
⬇️
January 27, 2026 at 2:13 PM
Moi boa a exposición sobre o castelo de #Soutomaior no Instituto Padre Sarmiento, do CSIC, en Santiago de #Compostela
Unha nova forma de se achegar á historia medieval de #Galicia
January 26, 2026 at 3:52 PM
Reposted by Suso Vila
Pobre bichiña.
Alguén pode darlle un fogar?
January 15, 2026 at 1:00 PM
Hoxe é Santo Amaro, un monxe que viaxou ao Paraíso terrenal e que contou con moita devoción en Galicia e Portugal e na que aínda se fai a súa festa como en Barrantes #Tomiño
Até o século XX saían as mulleres coas regueifas na cabeza, unhas roscas con adornos variados, acompañando a procesión
January 15, 2026 at 12:08 PM
Reposted by Suso Vila
"Como sería a cousa para que os paisanos falaran ben dunha institución e mesmo os pobres se atreveran a pleitear contra o mosteiro ou o conde confiados na vitoria. Nos pleitos as testemuñas aludían os reis do pasado, pero non lles acordaban do seu nome"
www.galiciae.com/blog/manuel-...
Hackear a Coroa
Ao longo do Antigo Réxime, algúns galegos labraron nos escudos reais a súa particular visión da monarquía hispánica. Ese camiño revela a relación do ...
www.galiciae.com
January 14, 2026 at 6:19 PM
Estou a tentar facer un libro sobre o meu pai e teño bastante lío tanto coa súa biografía (espero que algún cole de Vigo colabore) como na selección de #fotografías

É enorme a cantidade do material a escoller de carácter etnográfico, devocional, social...

A ver si son capaz e isto vai pra diante
January 14, 2026 at 4:23 PM
No Museo do Pobo Galego contan agora coas figuras do mestre Mateo, os profetas Ezequiel e Xeremías -antes sinalados como Abraam e Isaac- froito do magnífico traballo -entre outros- de Francisco Prado
January 11, 2026 at 5:35 PM
Os reis magos van chegando na súa cavalgada

En #Tui cunha #cavalgada internacional, a tradición pode remontarse ao século XV na igrexa de San Domingos e o patrocinio dos Soutomaior
January 5, 2026 at 10:18 AM
Falaba hoxe na #SER Baixomiño sobre as festas e como o máis común e lóxico era a expresión Boas Festas ou Felices Pascoas xa que estamos perante un calendario festivo intenso en solemnidades e tradicións: Nadal, Santo Estevo, Santos Inocentes, San Silvestre, Reis,...
December 30, 2025 at 4:37 PM
Boas Festas a todas as persoas que desexen a paz e o amor
Para que os desexos de paz estexan presentes todo ano e non só durante uns poucos días
December 22, 2025 at 6:08 PM
#Altrinon
Unha vez máis contra a degradación da paisaxe, da economía agrícola, pesqueira ou turística
Unha empresa como Altri supón pobreza futura e destrucción da natureza no corazón de Galicia
December 14, 2025 at 2:43 PM
Un bó debate onte no paraninfo de Historia
O proxecto de Raíñas de Galicia por @gciencia.bsky.social acadou un éxito notable
A necesidade de que a investigación teña presenza nos medios de comunicación e que chegue á xente con rigor e frescura é fundamental para cambiar estereotipos históricos
December 11, 2025 at 12:20 PM
O vindeiro mércores, 10 de dec, compartirei espazo e reflexións con @miguelgcia-fdez.bsky.social e @dianapelaz.bsky.social na mesa organizada por @gciencia.bsky.social para presentar o proxecto de Raíñas de Galicia
Unha oportunidade para falar e preguntar sobre o reino medieval de Galicia
December 4, 2025 at 3:37 PM
Qué relación pode ter un mosteiro (santa María de Salceda) e un castelo (São Martinho, Monção)?
Pois en que en ambos está implicada unha raíña, Aragonta
A raíña Aragonta, dos poderosos condes de Deza e Tui, vai casar no ano 922 co rei Ordoño II e vai ser repudiada ao seguinte ano ⬇️
December 1, 2025 at 6:04 PM
A catedral de #Tui ten como unha das súas singularidades a colocación masiva de estribos nas súas naves
O primeiro sería de ca. 1420, xunto da porta occidental
Os seguintes estarían no cruceiro, entre os anos 1569 e 1580
En 1630 estaría o do coro
Para 1715 serían postos oa dous xunto aos órganos 👇🏻
November 18, 2025 at 4:32 PM
No programa de mañá, #SER Baixo Miño, vou falar da lenda dos estribos da catedral e o terremoto de Lisboa
Esta é unha historia onde temos santos protexendo e eruditos misturando feitos e obras no século XIX
Terremotos, raios e un edificio medieval en perigo de ruina
November 17, 2025 at 5:56 PM
No programa de hoxe da #SER Baixo Miño falo sobre os misterios da arqueoloxía na #catedral de #Tui

Poucas intervencións
Ocultas ao público
Desinterese por ampliar o coñecemento do templo e a evolución urbana da cidade
Millóns de euros públicos invertidos
cadenaser.com/podcast/ser-...
November 11, 2025 at 2:43 PM
Neste mes vou falar dos mitos e erros que rodean a catedral de Tui coincidindo co aniversario da súa consagración en 1225
Lucas de Tui sinala no seu cronicón que o bispo Estevo foi o que consagrou a catedral, entre 1218 e 1236
Non hai fontes sobre a data exacta ⬇️
November 4, 2025 at 9:58 AM
As catas arqueolóxicas na Praza da Estrela, #Tui, mostran de novo un tramo da muralla #románica da cidade
En 1170 Fernando II de León ordenaría a construcción dunha nova muralla que ampliase a área urbana
É un perímetro de 1000 m. dos que se conservan aprox. 850 m. con torres, portas e postigos
⬇️
October 28, 2025 at 10:47 AM