Abeiro
banner
abeiro.bsky.social
Abeiro
@abeiro.bsky.social
Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela e Teo. CER e adopcións❤️🐈‍⬛❤️🐈
Pinned
Nunha ocasión na que a marea sacou á area da praia milleiros de estrelas de mar, unha muller comezou recoller todas as que podía para, unha a unha, devolvelas ao mar.
Alguén que a contemplaba, achegouse e díxolle: Por que te se molestas? Non paga a pena! Son milleiros, non poderás salvalas todas”
Señor falta da súa casa desde o mércores pasado, avisa se o ves por favor.
February 13, 2026 at 3:33 PM
Javi e Redondel son outra das nosas parelliñas de gatiños.

Recollidos do lixo cando apenas eran bebés, loitaron xuntos dende o primeiro día e hoxe seguen agardando a súa oportunidade.

Merecen un fogar onde, por fin, todo sexa seguridade, coidados e cariño.
February 13, 2026 at 1:13 PM
O que non imos aceptar é o malmeter constante, as insinuacións e o intento de desprestixio. A próxima vez tomaremos medidas legais.
E seguiremos facendo o que sabemos facer: traballar polos animais, coordinando coas institucións para que haxa menos sufrimento na rúa.

O demais xa cansa.
February 13, 2026 at 12:01 PM
Resulta curioso que estas mesmas persoas non teñan nada que dicir sobre situacións moi graves que están acontecendo en materia de protección animal. Aí non hai comunicados, nin escritos. Se alguén considera que as colonias de Teo son ilegais, que denuncie. Así poderemos defendernos onde corresponde
February 13, 2026 at 11:59 AM
O que si sería “legal” é que haxa concellos que non paguen nin unha soa esterilización, que ameacen a persoas por alimentar gatos e que incumpran sistematicamente a lei.

Mandan escritos para pedir información, cuestionando o noso traballo e falando de “pseudo-colonias”.
February 13, 2026 at 11:58 AM
É dicir, sería ilegal que o Concello de Teo, dos poucos que está cumprindo a Lei, asuma o pago das esterilizacións.Un concello que forma parte da Fundación Refuxio de Animais e que ten convenio con Abeiro para a xestión do CER, e que paga as castracións sen que teñamos que andar mendigando.
February 13, 2026 at 11:55 AM
Pois seguimos cun novo capítulo desta telenovela do mundo ao revés.
Estamos fartas. E ímolo dicir claro.
Hai persoas facendo insinuacións interesadas, afirmando que as colonias que xestionamos en Teo son “ilegais” porque os gatos se levan a clínicas privadas para seren esterilizados.

Ilegais.
February 13, 2026 at 11:07 AM
Bo día 💕
February 13, 2026 at 8:04 AM
Galpin atopou fogar; o pequeno siamés, simpático e cariñoso, xa ten familia definitiva. Grazas por axudarnos a salvar vidas ❤️
February 12, 2026 at 2:51 PM
Brandolín e Turmalino son outra das nosas parelliñas inseparábeis 🖤🖤
Con pouco máis dun ano de idade, estas preciosas panteriñas non se separan nin para durmir.
Buscan fogar permanente, a poder ser conxunto, para seguir acompañadas como merecen.
Anímaste a darlles a oportunidade?
February 12, 2026 at 9:56 AM
Pepa, afortunada abeirense que ve agora o rúa desde a tranquilidade dun fogar, desexa que teñades moi bó día 💕
February 12, 2026 at 7:15 AM
Kira está sa e só necesita algo que leva tempo esperando: unha familia que a queira para sempre.

📍 Buscamos un fogar responsable, con compromiso real
Se queres coñecela ou podes ofrecerlle esa oportunidade, escríbenos.
February 11, 2026 at 4:27 PM
Con cadelas pode ter fricción, especialmente coas de tamaño mediano.
Con machos ao principio é reservada e pode marcar límites, pero acaba xogando sen problema.

Con outros animais:
Ten instinto cazador marcado, polo que pensamos non sería recomendable convivencia con gatos ou animais pequenos.
February 11, 2026 at 4:27 PM
🐾 KIRA BUSCA FOGAR DEFINITIVO 🐾

Kira é unha pastora suíza de 5 anos, esterilizada que busca fogar.
É moi cariñosa, dócil e obediente. Gústalle estar perto das persoas e crea vínculos moi fortes.
February 11, 2026 at 4:26 PM
Xa o anunciamos o outro día, pero agora sí oficialmente adoptados a nosa parelliña de siameses redpoint Sil e Eume!
February 11, 2026 at 12:39 PM
Se alguén pode botarnos unha man ou coñece a alguén que viaxe nesa dirección, por favor, que nos escriba. Axudemos a que Xouba chegue ao seu fogar definitivo 💙🐱
February 11, 2026 at 9:56 AM
O problema é a distancia: a súa nova casa está en Castelló, polo que necesitamos transporte solidario para que poida chegar ata alí.

Xouba xa está esterilizada
Está lista para viaxar
Só falta atopar alguén que nos axude co desprazamento.
February 11, 2026 at 9:56 AM
A pequena Xouba, a gatiña cega que rescatamos hai unhas semanas, xa ten familia
Unha familia que xa convive cunha gatiña á que lle falta un ollo quere que Xouba forme parte do seu fogar, e para nós é unha opción perfecta: coñecen a diversidade funcional e saberán darlle os coidados que precisa.
February 11, 2026 at 9:55 AM
Bo día 💕
February 11, 2026 at 8:02 AM
O precisoso e simpático Morritos ven de ser adoptado pola súa casa de acollido, que el xa consideraba seu fogar desde hai meses. Outro pequeno feliz e cunha familia que o adora
February 10, 2026 at 5:08 PM
Pode ser o cambio de alimentación, mellorará cando se afaga
February 10, 2026 at 10:55 AM
Agora só queremos atoparlle un fogar definitivo onde poida vivir tranquilo, seguro e ben coidado. Axúdasnos a difundir?
February 10, 2026 at 10:54 AM
Aléx é un dos gatiños que leva máis tempo con nós. Chegou sendo moi pequeniño e daquela era moi desconfiado, polo que non houbo sorte coa adopción. Co paso do tempo converteuse nun gatiño marabilloso: cariñoso, sempre detrás de nós para pedir chuches e súper riquiño.
February 10, 2026 at 10:54 AM
Queremos agradecer de corazón a todo o profesorado que entende esta necesidade e fai o esforzo de organizar actividades neste sentido.

Encántanos, ademais, que contedes con nós para levar esta mensaxe ás aulas.
February 10, 2026 at 7:43 AM
e a importancia da responsabilidade e do respecto.
Consideramos fundamental que a educación chegue a todos os niveis e que a concienciación sobre o benestar animal forme parte tamén do ámbito educativo.
February 10, 2026 at 7:42 AM