Moisés Barcia
mbarcia.bsky.social
Moisés Barcia
@mbarcia.bsky.social
Tradutor e editor galego
Que historia tan chula, e que ben debuxada.
January 24, 2026 at 10:49 AM
O que se traduciu nesta santa casa en 2025 (á parte de novela gráfica e infantil-xuvenil):

Nell Leyshon: Da cor do leite

Gógol: Contos de San Petersburgo

Virxilio: A Eneida

Iain Crichton Smith: Aprendede dos lirios

Séneca: Edipo / As fenicias
January 23, 2026 at 11:11 AM
🤔 Pois igual…
January 23, 2026 at 9:12 AM
Reposted by Moisés Barcia
O pasado venres publicouse no suplemento Faro da Cultura esta reseña da tradución de 'Medea. Heracles' de Eurípides a cargo de @iriapedreira.bsky.social
January 22, 2026 at 1:10 PM
Por se vos dá reparo dicir “bojie”. 🥴
January 21, 2026 at 8:28 PM
Que vos pasou esta semana? 😅
January 21, 2026 at 8:11 PM
En checo e outras linguas eslavas a palabra "krásný", significa 'bonito'. En ruso e ucraíno esa palabra acabou significando 'vermello'. Cando querían dicir "bonito" engadíanlle o prefixo intensificador pre-: "prekrasny". É o mesmo que pasa en asturiano con "guapo" e "perguapo".
January 20, 2026 at 7:33 PM
Reposted by Moisés Barcia
Esta semana chegan ás librarías os dous primeiros títulos do ano: 'Mulleres empilladas', da autora brasileira Patrícia Melo, e mais 'Correr', do francés Jean Echenoz, traducidos por @mbarcia.bsky.social do portugués e francés, respectivamente.
January 20, 2026 at 4:48 PM
Só unha pequena parte dos cidadáns romanos eran conscientes da insania de Calígula, pero non tardou en organizarse unha conxura para sacalo do medio. Hoxe o planeta enteiro asiste en directo ó infantilismo e á loucura do novo Calígula e non pasa nada.
January 19, 2026 at 7:24 PM
A expresión castelá “a troche y moche” significa “de maneira irreflexiva e indiscriminada”. En galego diriamos “a eito”, ou “a torto e a dereito”. E en inglés poderíase dicir “helter skelter”, que é como traduciron hai anos na Arxentina a famosa canción dos Beatles.
January 18, 2026 at 5:22 PM
Fun ó otorrino na rúa do Príncipe, en Vigo, e logo a un bar moderno, dos de vasos de papel e clientela internacional, alí ó lado, e en entrámbolos sitios me atenderon nun galhegaço impecable e de profundos matices. 👌
January 16, 2026 at 10:48 AM
Reposted by Moisés Barcia
'Aprendede dos lirios', de Iain Crichton Smith. Tradución de Moisés Barcia. Rinoceronte
Unha das obras máis importantes da literatura escocesa do século XX, publicada orixinalmente no 1968.
biosbardia.org/de-merce-rod...
De Mercè Rodoreda a Eduardo Blanco Amor. Dez libros para xaneiro do 2026 - BiosBardia
César Lorenzo Gil. Esta listaxe baséase unicamente no meu criterio, formulado a través da ficha explicativa de cada título. Avalíanse unicamente obras publicadas durante os últimos doce meses. A lista...
biosbardia.org
January 15, 2026 at 1:01 PM
O número 100 da colección Nova tocoulle a este librazo que vos recomendo encarecidamente.
January 13, 2026 at 11:41 AM
Seica a UE está “en declive” e as potencias puxantes son as que teñen a lideira de ocupar territorios veciños, que é unha cousa moi do século XXI. Todo ben. Circulen.
January 8, 2026 at 8:40 PM
@urbanoscar.bsky.social lembras este comentario? Pois Rinoceronte chama á túa porta.
Que tamén se vos fai falla un tradutor que entenda de comics, sexa gai e soñase con esa encomenda, eu estou dispoñible...
a woman in a robe says " i 'm just saying "
ALT: a woman in a robe says " i 'm just saying "
media.tenor.com
January 8, 2026 at 8:48 AM
Tres anos despois, a empresa non quebrou e a xente é máis feliz. Comezamos o noso cuarto ano con semana laboral de catro días.
January 7, 2026 at 6:30 AM
Sempre me chamou a atención o formidable desinterese polo celtismo que hai no actual territorio da República Checa, sendo como é un dos espazos máis representativos da civilización celta clásica, especialmente da cultura de La Tène.
January 5, 2026 at 6:29 AM
Marchando pedidos para Reis.
December 30, 2025 at 11:22 AM
Hoxe a acepción máis difundida é a 4, pero lembrade que a orixinal era a 1, amigues.
December 28, 2025 at 6:58 PM
Pregunteille a DeepSeek (a IA chinesa) polo impacto que ten para Rusia a perda de homes novos na guerra con Ucraína cando xa levan décadas de declive demográfico e teñen menor esperanza de vida ca outros países. O seu ditame:
December 27, 2025 at 7:16 PM
Vistes a foto de cando detiveron a Fran por guapo?
December 20, 2025 at 4:53 PM
Téndelo en galego en Rinoceronte.
December 19, 2025 at 12:52 PM
Vai para a imprenta esta excepcional novela. Do mellor que imos publicar neste 2026 entrante.
December 17, 2025 at 5:20 PM
O do Espresso non dan abasto coas medidas do Perro. Deben ter o cuarto empapelado con fotos del, coma unha adolescente coa popstar do momento. 🤣
December 17, 2025 at 12:18 PM