REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
banner
redmeteo.bsky.social
REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
@redmeteo.bsky.social
🏃🏼‍♂️ David
⛈️ Soño con ser "home do tempo"
👀 Aquí atoparas prognósticos, actualidade e divulgación desta marabillosa ciencia, pero sempre en galego! 🥰
👉 Bo día! Unha fronte irá entrando dende o mediodía e irá barrendo #Galicia ata a noite, con chuvias puntualmente intensas. Antes, o vento do sur vaise deixar notar, con refachos fortes.

Nova semana, novo mes! 😍
December 1, 2025 at 6:16 AM
👉 Bo día! Imos a por un xoves de ceos abertos en xeral, con máis nubes na costa da morte. Será unha xornada tranquila, de vento frouxo. Será a partir do venres cando entremos en dinámica de ventos do suroeste con sucesión de frontes atlánticas 🌧️

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
November 27, 2025 at 6:08 AM
👉 Bo día! Por diante un venres tranquilo, con risco dalgún chuvasco no ortegal. Pola noite volverán as chuvias ao extremo sur de #Galicia, caendo máis cantidade no sur de #Ourense. As temperaturas, sen grandes cambios.
October 24, 2025 at 5:02 AM
👉 Bo día, venres xa!!! De novo xornada marcada polas altas presións con risco de brétemas costeiras no litoral atlántico. No resto, sol con nubes altas. Seguen as temperaturas elevadas para a época do ano.

Ás 10:05, o prognóstico para a fin de semana 🥰
October 17, 2025 at 5:11 AM