REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
banner
redmeteo.bsky.social
REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
@redmeteo.bsky.social
🏃🏼‍♂️ David
⛈️ Soño con ser "home do tempo"
👀 Aquí atoparas prognósticos, actualidade e divulgación desta marabillosa ciencia, pero sempre en galego! 🥰
🌧️ Bo día! Por diante un venres marcado polos vento do suroeste, que aportarán moitas nubes, humidade e chuvias, máis intensas e persistentes no prelitoral das Rías Baixas. As temperaturas, en ascenso, máis suaves, chega unha masa de aire máis temperada 📈
December 5, 2025 at 6:08 AM
👉 Bo día! Comezamos o mércores con frío e con chuvascos que están a ser frecuentes a carón do litoral. A partir da tarde chegarán máis chuvias dende o atlántico da man dunha nova fronte.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
December 3, 2025 at 5:56 AM
👉 Bo día! Unha fronte irá entrando dende o mediodía e irá barrendo #Galicia ata a noite, con chuvias puntualmente intensas. Antes, o vento do sur vaise deixar notar, con refachos fortes.

Nova semana, novo mes! 😍
December 1, 2025 at 6:16 AM
👉 Bo día! Imos a por un xoves de ceos abertos en xeral, con máis nubes na costa da morte. Será unha xornada tranquila, de vento frouxo. Será a partir do venres cando entremos en dinámica de ventos do suroeste con sucesión de frontes atlánticas 🌧️

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
November 27, 2025 at 6:08 AM
👉 Bo día! Na imaxe do satélite vemos moita nube, parece moito pero en realidade non é tanto. Por diante un domingo onde as chuvias serán máis frecuentes na marxe atlántica onde poden acadar intensidade puntualmente moderada. Menos probables no interior de #Galicia. As temperaturas, van subindo.
November 23, 2025 at 7:16 AM
❄️📉 Bo día! Vaia se baixaron as temperaturas, comezamos o xoves con FRÍO, valores rondando entre 1 e 3° en boa parte do interior, con lugares por debaixo de 0°C. Por diante unha xornada fría, con chuvascos frecuentes no norte e neve por riba dos 900-1000 m
November 20, 2025 at 6:01 AM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos máis nubes no norte onde aínda teremos algúns chuvascos. Máis claros nas Rías Baixas. Vento do nordés, refachos moderados.

📉 As temperaturas comezan a baixar, moi lixeiramente.

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
November 17, 2025 at 8:01 PM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos moitas nubes con chuvias que poden ser persistentes e intensas no sur de #Galicia. Menos frecuentes canto máis ao norte. Vento do sur.

🟢Temperaturas sen grandes cambios.

#AbreAXanela, e comparte! :)
November 12, 2025 at 8:05 PM
🌧️ Na imaxe do radar vemos xa as primeiras chuvias a piques de entrar pola franxa atlántica. Ao longo da tarde caerán en máis zonas, sendo puntualmente moderadas.
November 9, 2025 at 12:07 PM
🌦️ Bo día! Noite fresca con algunha xeada en zonas do sur de #Ourense. Agora, pouco a pouco vaise ir anubrando e co paso das horas irán chegando chuvias da man dunha fronte que xa temos ás portas de #Galicia.

Bo domingo! 🥰
November 9, 2025 at 8:06 AM
👉 Bo día! Madrugada chuviosa en boa parte de #Galicia. O xiro da borrasca, actualmente ao norte, provoca que as chuvias entren dende o oeste. Co paso das horas, as precipitacións van ir a menos e pola tarde pouco ou nada vai caer, á espera dunha nova fronte na madrugada do venres 🌧️
November 6, 2025 at 6:46 AM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos máis chuvias pola mañá, remitindo pola tarde. Vento do oeste máis forte ao principio, amainando co avance das horas. Pola noite, outra nova fronte

📉 Temperaturas en descenso

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
November 5, 2025 at 8:04 PM
⚠️ ÚLTIMA HORA: Chegando polas Rías Baixas masas de chuvia moi intensa que poden descargar moita auga en pouco tempo, precaución nas vindeiras horas nas estradas, xa que estas intensidades de precipitación teñen bastante risco.

Imaxe do radar das 07:40h:
November 5, 2025 at 6:47 AM
👉 Bo día! Temos por diante un martes no que o vento do sur vai ir a máis, soprando moi forte nas últimas horas e pola noite. A chuvia caerá de xeito intermitente e será máis probable na marxe atlántica.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
November 4, 2025 at 6:07 AM
🌥️ Bo día! Bastantes nubes e algunhas chuvias febles no oeste galego, pouca cousa en todo caso. Ventos do oeste frouxos en xeral. O martes, nova borrasca 🌬️
November 2, 2025 at 7:51 AM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos un aumento das nubes co paso das horas, as chuvias máis intensas chegarán a partir da tarde polo oeste. Vento forte do sur.

🟢Temperaturas sen grandes cambios.

#AbreAXanela, e comparte! :)
October 29, 2025 at 8:01 PM
👉 Bo día! Por diante un venres tranquilo, con risco dalgún chuvasco no ortegal. Pola noite volverán as chuvias ao extremo sur de #Galicia, caendo máis cantidade no sur de #Ourense. As temperaturas, sen grandes cambios.
October 24, 2025 at 5:02 AM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos nubes e claros, risco dalgún chuvasco puntual no norte. Ventos fortes do oeste na costa de #Lugo.

📉 Temperaturas en descenso

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
October 22, 2025 at 7:19 PM
🌧️ Mañá espertaremos co marabilloso son da chuvia na meirande parte de #Galicia. A borrasca está lonxe pero a súa fronte asociada tocaranos de cheo durante a xornada do domingo.

A sacar os paraugas! ☂️
October 18, 2025 at 6:53 PM
👉 Bo día, venres xa!!! De novo xornada marcada polas altas presións con risco de brétemas costeiras no litoral atlántico. No resto, sol con nubes altas. Seguen as temperaturas elevadas para a época do ano.

Ás 10:05, o prognóstico para a fin de semana 🥰
October 17, 2025 at 5:11 AM
👉 Bo día! Por diante un xoves, de novo, anticiclónico. Sol e nubes altas decorando o ceo. Máis nubes na Mariña e risco de brétemas nas Rías Baixas. Os termómetros baixan un chisco.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
October 16, 2025 at 5:05 AM
🌧️ Dende aquí, con moita felicidade (non me escondo), coido que xa podo anunciar a primeira fronte activa do que levamos de mes, prevista para o vindeiro domingo 19. E é que a partir do sábado estaremos baixo a influencia das baixas presións durante días.

Segue o fío ⬇️
October 15, 2025 at 6:00 PM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos moito sol con nubes altas sen importancia, algunhas nubes na Mariña e tamén en zonas altas do interior. Vento frouxo.

🟢 Termómetros sen cambios

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
October 14, 2025 at 7:03 PM
🌤️ Bo día! Imos a por un martes anticiclónico, de sol con máis nubes na Mariña/Ortegal e tamén pola tarde no interior sur onde, de novo, poderá caer algún chuvasco de tipo treboento. As temperaturas, seguen sen grandes cambios, calor para a época.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
October 14, 2025 at 5:18 AM
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moito sol en xeral. Máis nubes na Mariña e Ortegal e tamén pola tarde no interior sur, con risco dalgún chuvasco. Vento frouxo.

🟢 Temperaturas sen grandes cambios

#AbreAXanela, e comparte! :)
October 13, 2025 at 7:02 PM