T. Sar
pommeta.bsky.social
T. Sar
@pommeta.bsky.social
Estudei filoloxía clásica porque Safo dicía máis en tres versos que moitos en tres temporadas. Fan do Dépor coma quen segue unha relixión, sen entender todo, pero crendo igual.
Mentres tanto, o protagonista continúa co seu pequeno espectáculo, amparado nun anonimato que, para quen sabe ler os silencios, xa non é tan opaco.
April 11, 2025 at 9:17 AM
Porén, o director escúdase na falta de probas concluintes, alegando que non se pode asegurar que fose el quen redactou os comentarios. Así, entre liñas e evasivas, vai quedando en nada un asunto que ben merecería ser tratado con máis seriedade.
April 11, 2025 at 9:16 AM
Cada quen elixe como se presenta no mundo, pero algúns deberían revisar o seu estilo antes de seguir collendo fama. E por se vos preguntades que fai o centro, a cousa xa colle outro ton: hai docentes con vontade de poñerlle freo a este espécime, conscientes de que os límites existen por algo.
April 11, 2025 at 9:15 AM
Curioso que alguén que se move en contextos que requiren certo grao de disciplina e traballo en equipo opte por gastar as súas enerxías en xogos tan pouco elegantes fóra do terreo de xogo.
April 11, 2025 at 9:10 AM
Un comportamento que, máis que demostrar intelixencia ou graza, revela unha certa inmadurez disfrazada de falsa superioridade.
Segundo puiden investigar, o personaxe en cuestión parece estar federado nun equipo asturiano, e todo apunta a que compite contra os do Dépor sub-19.
April 11, 2025 at 9:09 AM
Grazas! Isto hame ser moi útil para revisar os traballos, pero preciso algo para detectar o uso de ChatGPT nun exame de latín ou grego. A miña titora de prácticas pídelles aos alumnos que deixen o móbil na súa mesa, pero hai quen pode vir con máis dun móbil e non nos fiamos moito 🤔
March 29, 2025 at 11:55 AM
Como cales?
March 29, 2025 at 11:04 AM
O clube, que antes era un exemplo de bo facer no fútbol, converteuse nunha sombra do que foi. Non se respecta a historia nin a afección, que sempre estivo apoiando ao seu equipo. Hai que traer e apoiar a xente que realmente entenda o que significa o Deportivo e non botalos pola porta de atrás.
January 23, 2025 at 7:14 AM
Disque é para facerlles a vida máis fácil a "todos", para que non estén todo o día traballando. Así que nada, é preferible desprezar unha lingua a que se traballe por empregala. Isto é una unha auténtica vergonza.
A todo isto, as coordinadoras están escurrindo o bulto dunha forma moi agresiva
January 10, 2025 at 4:10 PM