T. Sar
pommeta.bsky.social
T. Sar
@pommeta.bsky.social
Estudei filoloxía clásica porque Safo dicía máis en tres versos que moitos en tres temporadas. Fan do Dépor coma quen segue unha relixión, sen entender todo, pero crendo igual.
Alguén máis sinte que está en misa coas cancións que están poñendo en Riazor durante o partido do Dépor?
November 23, 2025 at 2:08 PM
Mella do meu corazón, quérote! 🤍💙
September 19, 2025 at 7:06 PM
O señor concelleiro de Cultura da Coruña, no pregón do Castrillón, solta que hai que promover a cultura. E logo lamentarse de ter que facer festas dos barrios gratuítas, como co Noroeste. Cultura si… pero, como quen di, que a pague outro.
August 20, 2025 at 7:01 PM
Hai dicionarios de latín en castelán, en portugués, en inglés… e mesmo en linguas que nin imaxinas. Pero en galego? Só eses libros escolares de andar por casa. A verdade é que doe un pouco: semella que para Cicerón era máis doado declinar “rosa” ca escoller entre “bo día” e “bos días”.
August 19, 2025 at 8:10 AM
Quen leva as rendas do Deportivo debe crer que os ingresos caen do ceo, que os carnés se colleitan na horta e que a vida é unha verbena continua. Oxalá eu tamén vivise nese episodio de "Black Mirror" en clave coruñesa onde o desemprego é unha lenda urbana.
July 10, 2025 at 12:22 PM
Parece que hai alguén no instituto de prácticas que se sente excesivamente confiado no seu propio enxeño e madurez, pois semella que se entretén deixando mensaxes pouco afortunadas en Instagram, dirixidas a un compañeiro.
April 11, 2025 at 9:07 AM
Reposted by T. Sar
Gatiño perdido en Santiago.
March 30, 2025 at 10:02 AM
Alguén coñece algún xeito de detectar se o alumnado usa ChatGPT nun exame? Aceptamos suxestións!
March 28, 2025 at 9:26 PM
De verdade hai xente que se sorprende de que os que traballan na TVG prefiran agochar ou restarlle importancia ás protestas contra Altri? Pero se son os que lle fan a propaganda ao PP, que aproba esa monstruosidade! Dá igual que sexa nun partido do Dépor ou nunha protesta nunha cidade! #Altrinon
March 25, 2025 at 8:24 AM
Mario Soriano e Ximo Navarro son os heroes do Deportivo neste partido 💙🤍💙. É pode ser una tontería, pero fíxome moita ilusión que entrase a xogar Hugo Rama; mágoa que non marque ningún gol.
March 2, 2025 at 5:27 PM
Por se a alguén lle interesa. Disque o luns haberá unha rolda de prensa convocada polos estudantes do máster de profesorado da especialidade de asturiano para denunciar a discriminación e o abuso que a facultade e a universidade de Oviedo están a exercer contra a lingua asturiana
February 7, 2025 at 1:12 PM
Despois dun día de reflexión para asimilar o desastre que están a facer no Dépor, creo que o mellor que se pode facer é botar fóra a certo director deportivo e a certo conselleiro delegado italiano.
January 23, 2025 at 7:11 AM
Por favor, dicídeme que non teño un profesor que considera innovación didáctica un libro para estudar o castelán de hai 111 anos para ensinar latín, onde un dos exercicios, que é de completar frases, di: "Para constituir una familia, es necesaria la unión de un... con una..."
January 21, 2025 at 5:57 PM
Moita canteira, moita canteira, pero pouco se aproveita. Vendo que o equipo do Dépor está reducido a 11-12 xogadores, poderían dar máis oportunidades aos novos. Ou igual é unha tolemia miña... Pero que fagan algo ben, por favor, fichaxes ou algo!
January 11, 2025 at 7:44 PM
É unha fantasía que na Universidade de Oviedo (UNIOVI ✨), no máster de Profesorado, estén prohibindo escribir en asturiano os traballos, memoria de prácticas, TFM... Pero, cuidado, aínda que van en contra dos seus estatutos, o problema é que entraron moitos estudantes de asturiano. Bravo!
January 10, 2025 at 3:06 PM
Estanme ensinando a adaptar textos líricos clásicos para ESO e Bacharelato porque non vaia ser que sexan parvos e non saiban preguntar as dúbidas ou que teñamos que facer o noso traballo explicándollos para que os entendan ben? Iso parece. Imos matar outra vez aos autores destrozando a súa obra.
January 9, 2025 at 4:12 PM
Que se pode facer un domingo pola mañá? Durmir? Non, mellor madrugar para desfrutar de @cuantosufrimos.bsky.social en directo co seu conto navideño sobre o Dépor e deixarse sorprender coa súa "Potra salvaxe"
December 22, 2024 at 12:01 PM
Un profesor, se "hipoteticamente" só lle fan dar clase dunha materia para os graos que non lle son propios e unha parte dunha materia no mestrado de profesorado, véndose na necesidade de queixarse para que lle nomeen titor dun TFM, non se fai preguntas?
December 20, 2024 at 1:37 PM
Bueno... Cando dicides que van despedir a Fran Alonso? Penso que o Dépor Abanca non precisa a súa axuda para descender
December 7, 2024 at 12:12 PM
Puntos que resumen o partido do Dépor:
1. Maldito arbitro.
2. Lucas é o noso heroe.
November 30, 2024 at 7:31 PM
Reposted by T. Sar
Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada
Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada - Praza Pública
Xaime Varela rescata nunha investigación a figura desta ourensá (a filla máis nova de Vicente Risco) que participou como directora, guionista ou técnica de son nunha quincena de producións audiovisuai...
praza.gal
November 17, 2024 at 9:07 AM