Henry
banner
perezarda.bsky.social
Henry
@perezarda.bsky.social
Saíndo ao paso, surfeando o caos.

Pontevedra, Galicia | 1997
Minutos musicais - Parte 3
January 15, 2026 at 5:46 PM
Minutos musicais - Parte 2
January 15, 2026 at 5:46 PM
Minutos musicais - Parte 1
January 15, 2026 at 5:46 PM
Cosplay de unabomber??
January 14, 2026 at 10:47 PM
Vin isto e estiven buscando as miñas fotos do 2016 e bueno... incrible que eu fose este fai 10 anos. E estes son os documentos gráficos ""decentes""...
January 14, 2026 at 10:44 PM
Minutos musicais
January 12, 2026 at 4:29 PM
onte fun a ver a de Rondallas e, a verdade, recomendadísima.

deixando de lado o ínfimo uso do galego, que xa tal, rinme moitísimo, case chorei e estiven pegado á pantalla as dúas horas
January 10, 2026 at 9:49 PM
mis yops favoritos de 2025
January 8, 2026 at 1:40 PM
para os que non me seguides en instagram

un pouco de seteel pan for study 📚 and meditation 🧘🏻
January 7, 2026 at 6:31 PM
Os reis viñeron musicais este ano
January 6, 2026 at 8:32 PM
🎮 Amnesia The Bunker (2023) - 👍

Como xogo de terror gustoume bastante. Unha experiencia interesante e moi inmersiva. Botei de menos a parte de historia que adoita ter esta saga, iso si. E máis en comparación coa súa anterior entrega.
December 18, 2025 at 11:05 PM
Nada mal o wrapped deste ano a verdade. Sorpréndeme a casi total ausencia de música de hoxe jajajaja Foi un ano retro parece
December 3, 2025 at 3:44 PM
🎬 El Príncipe de Egipto (1998) [revisionada] - 👍

Dame a impresión de que esta peli non ten o agarimo que merece. A historia está xenial levada, a animación é espectacular e a BSO é unha das mellores da historia, para o meu gusto. Desfrutei moito de volver a vela
December 2, 2025 at 3:53 PM
Agatha Christie´s Poirot - T1-T4 (1989-1992) - 👍

Unha serie moi ben levada cunhas adaptacións ben chuleiras dos crimes de Agatha Christie. Estouna desfrutando moito. Sempre gusta ver ao peculiar Poirot enfrentarse aos enredos da sociedade máis pijolis dos anos 30.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎮 Red Dead Redemption 2 (2018) [rexogado] - 👍

I cried, you cried, everybody cried.

A historia de Arthur Morgan é unha das mellores que tiven o placer de xogar. Obviamente non foi o efecto da primeira vez, pero esta segunda partida deume para explorar moito máis o mundo do xogo. Incrible.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎬 Los Juegos del Hambre (2012) [revisionada] - 👍

Máis decente do que recordaba. Perfecta para unha noite palomitera. Moi entretida e ben de ritmo.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎬 Pequeña Miss Sunshine (2006) - 👍

Sorprendeume moito o que me gustou esta peli e seguir as desventuras desta familia. O que menos me gusta quizais e que lle falta algo de tempo para respirar a certos aspectos dos personaxes e o final que queda demasiado aberto para o meu gusto. Moi recomendable.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎬 Alien (1979) [revisionada] - 👍

Peliculón atemporal. Non me canso de ver esta obra maestra. A ambientación e o ritmo son simplemente perfectos.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎬 El Señor de los Anillos: El retorno del rey (2003) [revisionada] - 👍

Pois tremendo peliculón, que dicir. Aínda se me poñen os pelos de punta con algunhas escenas a pesar de todas as veces que a vin. Unha experiencia.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎬 La lengua de las mariposas (1999) [revisionada] - 👍

Marabillosa, conmovedora, divertida e tráxica a partes iguais. Non a vía dende que era pequeno e encantoume ver que seguía mantendo o tipo de como a recordaba. Un final que aínda me rompe.
December 2, 2025 at 3:03 PM
📺 Lucifer - T1-T2 (2016-2017)

Estame gustando máis do que esperaba. Moi boa dinámica de personaxes en xeral. Gústame tamén o entremezclado coa mitoloxía dos ánxeles e a voltiña que lle dan a Lucifer na serie.
December 2, 2025 at 3:03 PM
📺 El Mentalista - T1-T7 (2008-2015) - 👍

Pensei que me gustaría máis. Habitualmente noto os capítulos un pouco apresurados e creo que o de John El Rojo se podía ter levado mellor. A serie básicamente paga a pena polo personaxe de Jane e por algunhas tramas interesantes.
December 2, 2025 at 3:03 PM
🎬 El Día de la Marmota (Atrapado en el tiempo) (1993) [revisionada] - 👍

Un clásico do domingo tarde que persoalmente adoro. É mítica peli de Bill Murray sendo gruñón e atopando que igual sendo boa persoa se está mellor no mundo ao modo Scrooge. Gosto.
October 19, 2025 at 7:32 PM
🎬 El Señor de los Anillos: Las Dos Torres (2002) [revisionada] - 👍

Que dicir. Masterpiece. Despois de todo este tempo a batalla do Abismo de Helm ségueme a poñer os pelos de punta. E o bromance de Sam e Frodo... 3mendo.
October 13, 2025 at 12:39 AM
🎮 Ratchet & Clank (2016) [rexogado] - 👍

Bo reboot do orixinal de 2002. As mecánicas non eran moi innovadoras, pero ao ser perfectamente funcionais e divertidas, son tan benvidas coma sempre. Non é un xogo moi longo e é moi disfrutable en plan casual.
October 13, 2025 at 12:39 AM