Jano Martínez
milgaivotas.bsky.social
Jano Martínez
@milgaivotas.bsky.social
December 17, 2024 at 11:24 AM
Esta é a tarefa que asumimos: expandir o socialismo. Volver a facer deste un proxecto de masas, coa convicción de que este é o único xeito de rematar coa barbarie. Construir as bases da organización de referencia contra a reacción.

Socialismo ou barbarie🚩
December 17, 2024 at 11:24 AM
Non só necesitamos de estructuras coas que protexernos e responder aos golpes do día a día. Necesitamos volver a levantar o bloque socialista que nos permita organizarnos fronte a este sistema en crise.

[Aquí un texto interesante sobre esta cuestion]
t.co/PxHtrZlsQK
https://diariosocialista.net/2024/12/02/14-d-lo-necesario-y-lo-urgente/
t.co
December 17, 2024 at 11:24 AM
Estes son os primeiros pasos que nos marcamos: romper coa lealdade a este sistema que non nos permite confrontar o presente. Romper coa socialdemocracia para volver a facer efectiva a nosa práctica.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Son incapaces de superar os males do capitalismo porque non aportan un modelo distinto de sistema, senón que venden esperanzas de que este pode ser máis amable.
December 17, 2024 at 11:24 AM
É dicir, a socialdemocracia é incapaz de facer fronte a esta situación porque: (1) mantén a complicidade cun capitalismo en declive e (2) porque (por isto) non pode confrontar as tendencias deste nin os mandatos supra-estatais.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Non é que non sexan capaces de parar os discursos que criminalizan ao proletariado migrante, senón que amosan a súa lealdade á axenda europea anti-migratoria.
December 17, 2024 at 11:24 AM
A precariedade e o desemprego seguen asentados como tendencia, as medidas represivas seguén aí e mentres tanto a reacción non deixa de medrar.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Só lles quedan palabras hipócritas, mentiras cómplices e medidas disfrazadas de radicales que teñen (no mellor dos casos) un carácter simbólico e que en ningún caso mudan nada.
December 17, 2024 at 11:24 AM
A socialdemocracia está amosando diariamente que pouco pode facer ante estas forzas, deixando claro o de sempre: tras esa chamada ao voto antifascista hai unha total incapacidade para mudar algo.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Explicado isto, resulta máis sinxelo alonxarnos das propostas baleiras de contido da socialdemocracia. Debemos sinalar a quen se viste de alternativa a esta situación, pero que logo só amosa incapacidade e lealdade coas bases de posibilidade do fascismo.
December 17, 2024 at 11:24 AM
A reacción é así o crecemento do pensamento que, ante un presente jodido e entre a desafección polos proxectos da socialdemocracia, busca culpables entre capas do proletariado. Especialmente entre o proletariado migrante, feminizado ou LGBT+.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Así, podremos comprender a actual vaga reaccionaria como filla da crise capitalista e parte da ofensiva contra o proletariado.
December 17, 2024 at 11:24 AM
O primeiro que debemos propor é romper coa forma de analizar a reacción propia da socialdemocracia: como un mal externo ó capitalismo. As comunistas debemos entender como esta xorde do declive deste e ante a ausencia de grandes organizacións comunistas de masas.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Superar as limitacións que nos atopamos no vello ciclo, superar a autodefensa como resistencia e poñer enriba da mesa unha alternativa real que confronte á totalidade, que sinale aos responsables deste xiro autoritario e o crecente fascismo nas rúas. Afinar a mirada.
November 18, 2024 at 7:18 PM
Pero non podemos simplificar. Concibir o auxe reaccionario desde unha óptica pechada e limitada fainos errar o tiro. Precisamos construír grandes organizacións que orienten toda a nosa acción nun sentido claro e de forma independente. Guiarnos nós mesmos como clase.
November 18, 2024 at 7:18 PM
pero ao día seguinte lexislan contra a clase traballadora.

Os mesmos que saían anunciando acabar cos desafiuzamentos hai uns meses, hoxe axilizan o proceso.
November 16, 2024 at 11:02 AM