Jano Martínez
milgaivotas.bsky.social
Jano Martínez
@milgaivotas.bsky.social
December 17, 2024 at 11:24 AM
Esta é a tarefa que asumimos: expandir o socialismo. Volver a facer deste un proxecto de masas, coa convicción de que este é o único xeito de rematar coa barbarie. Construir as bases da organización de referencia contra a reacción.

Socialismo ou barbarie🚩
December 17, 2024 at 11:24 AM
Estes son os primeiros pasos que nos marcamos: romper coa lealdade a este sistema que non nos permite confrontar o presente. Romper coa socialdemocracia para volver a facer efectiva a nosa práctica.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Son incapaces de superar os males do capitalismo porque non aportan un modelo distinto de sistema, senón que venden esperanzas de que este pode ser máis amable.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Non é que non sexan capaces de parar os discursos que criminalizan ao proletariado migrante, senón que amosan a súa lealdade á axenda europea anti-migratoria.
December 17, 2024 at 11:24 AM
A precariedade e o desemprego seguen asentados como tendencia, as medidas represivas seguén aí e mentres tanto a reacción non deixa de medrar.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Só lles quedan palabras hipócritas, mentiras cómplices e medidas disfrazadas de radicales que teñen (no mellor dos casos) un carácter simbólico e que en ningún caso mudan nada.
December 17, 2024 at 11:24 AM
A reacción é así o crecemento do pensamento que, ante un presente jodido e entre a desafección polos proxectos da socialdemocracia, busca culpables entre capas do proletariado. Especialmente entre o proletariado migrante, feminizado ou LGBT+.
December 17, 2024 at 11:24 AM
Os discuros racistas non paran de aumentar, a presenza de grupos fascistas comeza a normalizarse e as redes están cheas de discursos anti-proletarios. Vivimos tempos complicados que deixan grandes tarefas para as comunistas.

Algunhas notas neste sentido 🪡
December 17, 2024 at 11:24 AM