maxestoso
banner
maxestoso.bsky.social
maxestoso
@maxestoso.bsky.social
Birder | Microcaderno de campo
Esta foto é do inverno pasado. Desde entón está máis dificil velo, instalouse na ría unha peixeira que mantén a gaivotada a raia.
November 24, 2025 at 8:16 PM
Sábado de frío, chuvia, rarezas e escasezas: pentumeiro careto (Melanitta perspicillata), gaivota de Bonaparte (Chroicocephalus philadelphia) e píllara rubia (Eudromias morinellus).
November 22, 2025 at 8:23 PM
Vós tamén vedes cada vez máis Bidens aurea por todas as partes? Non está mal lembrar que está catalogada como invasora…
November 20, 2025 at 9:41 PM
LCO, o ibis eremita que pasou o inverno pasado na Foz do Miñor, está de volta. Hoxe fixémoslle unha visita de cortesía con @xabiervp.bsky.social
November 17, 2025 at 9:06 PM
Eu diría que anunciar albatros na Costa da Morte pode crear unhas expectativas algo desmesuradas, pero por optimismo que non quede.
November 16, 2025 at 10:59 PM
Tremendo achado de Javier Escuredo, Esku, onte en Vigo: unha reinita coroada, Setophaga coronata! Segunda cita na península; a primeira tamén foi en Galiza, en 1982, de Rabuñal. Sen dúbida, unha das citas do ano.

Déixovos unha foto de Vítor Cabaleiro, porque co subidón fun coa cámara sen batería 🤦🏻‍♂️
November 14, 2025 at 9:56 PM
Pouco antes do temporal, a garzota e o corvo mariño asociábanse para rendibilizar ao máximo a xornada de pesca.
November 11, 2025 at 7:47 PM
Fin de semana gaivoteiro nunha das nosas cidades favoritas: Porto. Unhas mil gaivotas no esteiro do Douro 🤗
November 9, 2025 at 7:44 PM
Os dous Branta bernicla hrota que levan días na ría do Burgo. Unha subespecie que aparece con cada vez máis frecuencia por Gz.
November 3, 2025 at 8:20 PM
Este papoazul sorprendeunos hoxe en Rinlo. Ademais, pica de Richard, escribenta das xunqueiras, gaivota arxéntea… En Punta Frouxeira, paso de mascatos de máis de 500 ex/hora, máis algunhas pardelas balear, cincenta, escura e encapuchada.
November 2, 2025 at 6:28 PM
Pasamos o día polo Grove, e non hai queixa: 1 Aythya collaris, 2 Pluvialis dominica, Anthus petrosus, os cinco flamengos que andan por alí, centos de anátisos e limicolas… E de agasallo, dúas lontras e un espectacular solpor.
November 1, 2025 at 9:03 PM
Ás veces o que buscamos está a carón da casa.
October 30, 2025 at 9:15 PM
Hoxe había moito vento e moita confusión, así que volvemos cedo para a casa. Este ano, o noso grande inimigo foi sempre o vento.
October 26, 2025 at 9:55 PM
Estupenda peláxica hoxe no Chasula, cunhas 150 Ardenna grisea, 400 Ichthyaethus melanocephalus, 60+ Ardenna gravis, 240+ Puffinus mauretanicus, 400+ Morus bassanus, ademais de Melanitta nigra, Puffinus puffinus, Calonectris borealis, Hydrobates pelagicus, Stercorarius skua, etc.
October 25, 2025 at 8:04 PM
Onte a nosa humilde camara non conseguiu facerlle unha foto decente ao Tringa flavipes que anda pola desembocadura do Umia, pero si a estes tres flamengos que apareceron por sorpresa en metade da chuvia.
October 21, 2025 at 3:07 PM
A unha hora de Villafáfila, non puidemos resistirnos a unha visita, pero o tempo empeoraba e dificultaba a observación e o paseo, polo que, á hora do xantar, cambiamos os praceres do paxareo polos da mesa. Outra vez será.
October 19, 2025 at 8:19 PM
Despois dun sábado case primaveral, hoxe cambiou o tempo de forma radical, polo que baixamos até a ribeira do órdago, onde puidemos ver a estas probables superviventes da última glaciación.
October 19, 2025 at 8:15 PM
Día de sol e castañas no outono da montaña leonesa.
October 18, 2025 at 8:41 PM
Segue a calor polas Rías Baixas, pero con moita néboa no mar.
October 17, 2025 at 9:30 PM
Hoxe recibimos estas postais de aves de Palestina, fotos tomadas por Mandy e Lara Sirdah, tamén coñecidas como @sirdahtwins en Instagram.
October 16, 2025 at 7:07 PM
Onte fixemos o #OctoberBigDay ao noso ritmo polo norte, e o máis gratificante foi comprobar como, malia todo, a natureza continúa cambiando tamén ao seu propio ritmo. A migración segue a súa cadencia.
October 12, 2025 at 8:23 AM
October 10, 2025 at 10:01 PM
Catro flamengos apareceron hai uns días nas salinas de Vilaboa e os medios tolearon e converteron nun fenómeno o que non deixa de ser un caso de xuvenís en dispersión. Hoxe pasamos por alí e comprobamos que a xente segue gozando coa visita destes despistados.
October 9, 2025 at 7:56 PM
7 de outubro e día de praia en Galifornia. (Da alerta de seca non falamos)
October 7, 2025 at 8:12 PM
Esta fin de semana chamounos a atención este virapedras cunha muda moi atrasada. O ritmo de muda nesta especie é moi variable, pero non é moi habitual reter esta plumaxe a estas alturas.
October 6, 2025 at 8:08 AM