maxestoso
banner
maxestoso.bsky.social
maxestoso
@maxestoso.bsky.social
Birder | Microcaderno de campo
Eu diría que anunciar albatros na Costa da Morte pode crear unhas expectativas algo desmesuradas, pero por optimismo que non quede.
November 16, 2025 at 10:59 PM
Tremendo achado de Javier Escuredo, Esku, onte en Vigo: unha reinita coroada, Setophaga coronata! Segunda cita na península; a primeira tamén foi en Galiza, en 1982, de Rabuñal. Sen dúbida, unha das citas do ano.

Déixovos unha foto de Vítor Cabaleiro, porque co subidón fun coa cámara sen batería 🤦🏻‍♂️
November 14, 2025 at 9:56 PM
Reposted by maxestoso
The Slender-billed Curlew was declared extinct in October 2025.

At #AEWAMOP9, delegates paid tribute to it, with this rare taxidermied specimen on view.

Read personal reflections and testimonies from those who searched for, studied, and cared deeply about it: www.unep-aewa.org/en/news/reme...
November 13, 2025 at 2:51 PM
Pouco antes do temporal, a garzota e o corvo mariño asociábanse para rendibilizar ao máximo a xornada de pesca.
November 11, 2025 at 7:47 PM
Reposted by maxestoso
Por aquí un pouco de pubil sutil do #Chasula e unhas cantas fotos miñas
www.farodevigo.es/arousa/2025/...
«Chasula», el mejor observatorio de mamíferos marinos y aves pelágicas
El barco de Isidro Mariño se topa con pardelas, alcatraces y delfines comunes
www.farodevigo.es
November 11, 2025 at 12:22 PM
Fin de semana gaivoteiro nunha das nosas cidades favoritas: Porto. Unhas mil gaivotas no esteiro do Douro 🤗
November 9, 2025 at 7:44 PM
Reposted by maxestoso
O Goberno prohibe a crianza de aves de corral ao aire libre en 29 concellos galegos e súmanse aos 11 que xa tiñan unha prohibición desde xaneiro.

O motivo: o avance da gripe aviaria.
España prohibe a cría de aves de corral ao aire libre en 40 concellos galegos pola gripe aviaria
España veda a utilización de auga procedente de depósitos accesibles por especies salvaxes nas zonas de maior risco
www.gciencia.com
November 6, 2025 at 6:03 PM
Os dous Branta bernicla hrota que levan días na ría do Burgo. Unha subespecie que aparece con cada vez máis frecuencia por Gz.
November 3, 2025 at 8:20 PM
Este papoazul sorprendeunos hoxe en Rinlo. Ademais, pica de Richard, escribenta das xunqueiras, gaivota arxéntea… En Punta Frouxeira, paso de mascatos de máis de 500 ex/hora, máis algunhas pardelas balear, cincenta, escura e encapuchada.
November 2, 2025 at 6:28 PM
Pasamos o día polo Grove, e non hai queixa: 1 Aythya collaris, 2 Pluvialis dominica, Anthus petrosus, os cinco flamengos que andan por alí, centos de anátisos e limicolas… E de agasallo, dúas lontras e un espectacular solpor.
November 1, 2025 at 9:03 PM
Reposted by maxestoso
O xoves 30 de outubro, a implosión dun silo no porto de Vigo provocou unha vertedura de aceite de palma no mar. A Xunta de Galicia activou o Plan Camgal de emerxencia nivel 1.

As autoridades din que é "inocuo". Pero, cales poden ser as consecuencias sobre a fauna mariña?
100 toneladas de aceite de palma no porto de Vigo: unha vertedura contaminante e nociva para a fauna
Os científicos desminten o carácter “inocuo” para aves e moluscos da sustancia desprendida no accidente portuario
www.gciencia.com
October 31, 2025 at 1:47 PM
Reposted by maxestoso
Bo día. Cando a vida estorba, unha pincelada sobre os últimos acontecementos na biodiversidade galega
October 31, 2025 at 8:47 AM
Ás veces o que buscamos está a carón da casa.
October 30, 2025 at 9:15 PM
Hoxe había moito vento e moita confusión, así que volvemos cedo para a casa. Este ano, o noso grande inimigo foi sempre o vento.
October 26, 2025 at 9:55 PM
Estupenda peláxica hoxe no Chasula, cunhas 150 Ardenna grisea, 400 Ichthyaethus melanocephalus, 60+ Ardenna gravis, 240+ Puffinus mauretanicus, 400+ Morus bassanus, ademais de Melanitta nigra, Puffinus puffinus, Calonectris borealis, Hydrobates pelagicus, Stercorarius skua, etc.
October 25, 2025 at 8:04 PM
Onte a nosa humilde camara non conseguiu facerlle unha foto decente ao Tringa flavipes que anda pola desembocadura do Umia, pero si a estes tres flamengos que apareceron por sorpresa en metade da chuvia.
October 21, 2025 at 3:07 PM
Despois dun sábado case primaveral, hoxe cambiou o tempo de forma radical, polo que baixamos até a ribeira do órdago, onde puidemos ver a estas probables superviventes da última glaciación.
October 19, 2025 at 8:15 PM
Reposted by maxestoso
1/7
ℹ️ Primera cita para Galicia de la Golondrina risquera (Petrochelidon pyrrhonota) – Anduriña de testa branca.

El 8 de septiembre de 2023, Mark Darlaston observó un ejemplar en Estaca de Bares (Mañón, A Coruña).
October 19, 2025 at 2:38 PM
Día de sol e castañas no outono da montaña leonesa.
October 18, 2025 at 8:41 PM
Segue a calor polas Rías Baixas, pero con moita néboa no mar.
October 17, 2025 at 9:30 PM
Hoxe recibimos estas postais de aves de Palestina, fotos tomadas por Mandy e Lara Sirdah, tamén coñecidas como @sirdahtwins en Instagram.
October 16, 2025 at 7:07 PM
Reposted by maxestoso
Bird migration is changing. What does this reveal about our planet? – visualised
Bird migration is changing. What does this reveal about our planet? – visualised
Bird migrations rank as one of nature’s greatest spectacles. Thanks to GPS tracking, scientists are uncovering extraordinary insights into ancient and mysterious journeys – and new threats that are reshaping them.
www.theguardian.com
October 16, 2025 at 8:32 AM
Reposted by maxestoso
The Ornithologist @ornithologistmag.bsky.social publica un artigo sobre como o cambio climático impacta nos lampareiros africanos (Haematopus moquini)
Para ilustralo escolleron unha foto miña tomada no West Coast National Park en Sudáfrica. Agardo que vos guste

theornithologist.org/storm-impact...
Beyond the Tide: Assessing Storm Impacts on African Oystercatchers
As climate change fuels stronger storms, African Oystercatchers face days without feeding — a quiet threat revealed by new research from South Africa.
theornithologist.org
October 14, 2025 at 9:54 AM
Onte fixemos o #OctoberBigDay ao noso ritmo polo norte, e o máis gratificante foi comprobar como, malia todo, a natureza continúa cambiando tamén ao seu propio ritmo. A migración segue a súa cadencia.
October 12, 2025 at 8:23 AM
October 10, 2025 at 10:01 PM