Lourixe
lourixe.bsky.social
Lourixe
@lourixe.bsky.social
Exiliada da Chaira
Profesionalmente non me pasou nunca: traballo case sempre con grupos estranxeiros e respectuosos. Pasoume como turista co meu home e amigos cataláns, de termos reservado especificamente a visita en catalán dun monumento, e que se incorporase ao grupo algún idiota pedindo as explicacións en castelán.
July 23, 2025 at 5:33 PM
#Románico no val do #Tórdea (O Corgo): a #andaina de mañá. Con premio gastronómico cortesía de Jamones González.
July 11, 2025 at 4:15 PM
Coñezo unha rapaza nesa situación en Mallorca: 5 adultos que non son familia, compartindo un apartamento de 2 dormitorios que custa ao mes 2600€+ gastos
June 25, 2025 at 9:18 AM
Sorte tiveches. No meu caso foi do revés: tiña que pillar un BusALugo™ e estaba a EA Coruña tomada por adolescentes borrachos e a nacional tentando poñer orde. Ao final puiden saír, con 15 mins de atraso.
#busalugo
June 24, 2025 at 6:57 AM
Pasábame todos os veráns por culpa das climatizacións. Son guía de turismo e preciso da voz para traballar! Agora sempre levo un pano para a gorxa e este esprai no bolso, que me recomendara un compañeiro e é man de santo para as cordas vogais.
June 19, 2025 at 7:08 PM
Por fin ás 14:45 h apareceu un bus. O teléfono de Arriva, coma sempre, inoperativo.
June 18, 2025 at 12:48 PM
Quedaría o condutor, e por iso non aparece?
June 18, 2025 at 12:34 PM
Eu só coas raíñas do crime xa encho un post: A. Christie, Ruth Rendell, Mary Higgins Clark, Patricia Cornwell, Patricia Highsmith, Camilla Läckberg, Donna Leon, Fred Vargas...
June 17, 2025 at 5:26 PM
O das citas de xine son un auténtico cachondeo. Meses de espera para que che dean cita, e habitualmente chaman de repente ás 21 h para citarte ao día seguinte. Son autónoma e coido dun familiar con Alzhéimer, como pretenden que me organice?
June 16, 2025 at 11:03 AM
Eu optei pola academia privada, xa que na Coruña non imparten o meu nivel. Examínome en xullo do HSK4. Estou disfrutando moitísimo da aprendizaxe do chinés.
June 16, 2025 at 11:00 AM