Lourixe
lourixe.bsky.social
Lourixe
@lourixe.bsky.social
Exiliada da Chaira
Son eu, ou os clickbaits de El País cada vez se parecen máis aos de El Español ou Quincemil???
#xornalismoRIP
July 14, 2025 at 11:40 AM
#Románico no val do #Tórdea (O Corgo): a #andaina de mañá. Con premio gastronómico cortesía de Jamones González.
July 11, 2025 at 4:15 PM
Vémonos este sábado no Corgo!

#QueNonChova!
July 7, 2025 at 6:32 PM
Xa comezou a romaría dos resurreccionistas en Viveiro 😅
June 25, 2025 at 5:49 PM
Que ben se está no noso benquerido refuxio climático 😍
June 25, 2025 at 3:34 PM
Herba de San Xoán (hipérico) na muralla romana de Lugo. Ten propiedades antisépticas e cicatrizantes, e mesmo se usa como antidepresivo, pero pode interferir no uso doutros medicamentos (como anticoagulantes e anticonceptivos).
June 24, 2025 at 11:27 AM
Madrugar para ir currar e atopar os restos da mellor parrilla do mundo... 😅
#reciclaxe #lumenovo #sanxoan
June 24, 2025 at 6:53 AM
Pasábame todos os veráns por culpa das climatizacións. Son guía de turismo e preciso da voz para traballar! Agora sempre levo un pano para a gorxa e este esprai no bolso, que me recomendara un compañeiro e é man de santo para as cordas vogais.
June 19, 2025 at 7:08 PM
Na Coruña vai tanta calor, que a miña gata APARTOU DO SOL! Normalmente ten o seu espazo acolchoado para botar sesta na miña mesa de estudo fronte á fiestra, pero mudouse para a mesa contigua, detrás da maquina de coser...
June 18, 2025 at 11:38 AM
Fixen "arròs negre" e estáseme ocorrendo a malísima maldá de gardar uns grauciños para sementalos na cas da miña irmá e que pense que lle volveron os ratos...
(tranquilos que resistirei a tentación)
June 15, 2025 at 1:31 PM
Menos mal que hai medios de comunicación que coñecen ben as prioridades dos seus lectores habituais...
June 10, 2025 at 11:05 AM
A cadea xaponesa de TV NHK estaba esta mañá filmando unha reportaxe na Coruña.
June 7, 2025 at 12:18 PM
Que capicúa xeitoso tiña hoxe o contakilometros do coche 😍
May 31, 2025 at 8:58 PM
Disque aínda queda algunha praza libre para a andaina deste sábado 31 de maio en Monterroso, e vai facer moi bo día!
Iso si, estes días están ensilando pola zona a todo meter, non prometo que non comecen a enxurrar os prados antes das chuvias da semana que ven...
#andaina #ruta #monterroso
May 28, 2025 at 8:44 PM
Desta volta, preparando a próxima andaina por Monterroso, no canto do coche de Google Earth estivéronme seguindo estas belezas...
May 27, 2025 at 8:14 PM
Estes foron por traballo, non vaiades pensar! 🤣
May 20, 2025 at 9:47 AM
Todo comezou co confesionario de @ayqueverguenza.bsky.social e os cometarios a unha resposta de @amedoenoxo.bsky.social que levaron a medir a intensidade dunha necesidade emocional ou sexual en unidades de "buses a Lugo".
May 20, 2025 at 9:35 AM
Convocatorias de emprego para informador/a turístico/a na Coruña e Santiago, a quen poida interesar:
May 16, 2025 at 6:55 AM
Hoxe estiven preparando unha ruta polos camiños máis rurais do concello de Friol, e atopeime en varias ocasións coa cámara de Google Street View...
Así non hai quen se atreva a mexar de campo! 😅
May 9, 2025 at 7:29 PM
A "mouclade" é un prato de mexillóns con curry, típico da vila francesa de La Rochelle onde teño familia.
É costume servilo con guarnición de arroz branco.
#gastronomía #papatoria
May 8, 2025 at 1:03 PM
Cando o #tradutor automático usa de língua ponte o inglés e confunde rapeseed (semente de grelo/canola/colza: Brassica napus) cun crime noxento...
May 8, 2025 at 11:31 AM
Eu o outro día pola Coruña tamén outro con boina e paraugas ao lombo. Non puiden evitar apurar para achegarme e comprobar que efectivamente, o paraugas era de Abanca.
May 7, 2025 at 7:19 PM
Vide descubrir arquitectura románica e paisaxes agrarias no alto #Ulla, o sábado 31 de maio!
#andaina #románico #monterroso #lugo
May 6, 2025 at 11:42 AM
Volvemos estar sin luz en varios edificios da av. Fisterra, desta vez porque se empotrou no portal un coche, danando as conexións eléctricas. Despois de 11 h de traballo, puta gracia me vai facer volver subir 6 pisos andando e cear latas de conserva... 😭 (foto dunha veciña que non ten conta aquí).
May 4, 2025 at 3:28 PM
A Cornualles tamén chegan os #fodechinchos...
May 2, 2025 at 4:41 PM