DenisVR
banner
denisvr.bsky.social
DenisVR
@denisvr.bsky.social
📚🇧🇷 Professor de literatura e línguas
🌳 Galego e neorural
📍 Caamaño
ALTRI NON!
March 14, 2025 at 10:01 PM
II Intercâmbio de língua portuguesa entre o IES A Cachada de Boiro e o Frei Bartolomeu dos Mártires de Viana do Castelo 💚🇵🇹
March 12, 2025 at 8:27 PM
Enquanto o PP continua a não desenvolver as medidas da Lei Paz Andrade, o professorado devemos pór o máximo nas nossas aulas para que o alunado consiga ver a nossa língua no universo em que lhe corresponde…
January 23, 2025 at 11:02 AM
1. Delphine de Vigan é sempre un acerto. E esta novela é brutal.
Partindo da autoficción, a autora reconstrúe a vida da súa nai desde a infancia, para tentar entender os problemas de saúde mental que a levaron ao suicidio, e a toda unha vida marcada polo trauma.
Superrecomendable!
December 31, 2024 at 10:36 AM
2. Este ano cadráronme varios libros sobre a relación nai/fillx moi ben trazadas, desde os traumas infantís xerados na familia e que permanecen, á chegada dos coidados, as doenzas mentais, e a morte.
Este desde a perspectiva da/o filla/o. Un discurso desgarrado, e tenro ao mesmo tempo.
December 30, 2024 at 7:06 PM
TOP3 de lecturas do 2024.
3.Lectura recomendada no curso de Psicanálise que fago na USC. Unha obra con moita repercusión en Francia, porque aborda os límites do consentimento nas relacións afectivas en que hai moita diferenza de idade/poder. Cóntao a vítima, anos despois, como parte da súa terapia.
December 30, 2024 at 3:27 PM
Visto por aí en relación á polémica con MUFACE.
Para quen non o saiba, actualmente todo o profesorado pagamos uns 50€ mensuais desta mútua obrigatoriamente, mesmo escollendo a seguridade social, para que outrxs poidan estar na privada.
Quen queira sanidade privada, que a pague!
December 17, 2024 at 6:53 AM
Hoxe acabei un novo libro dunha das miñas escritoras actuais de referencia. Lin a tradución ao galego de Hugin e Munin, e non gostei.
É unha novela do 2019, dunha escritora nova. Na tradución debe chegarnos iso. E parece unha obra do Grupo Nós, con demasiadas expresións arcaicas…
December 7, 2024 at 12:17 PM
É sempre un pracer ler Olga Novo, en calquera das súas facetas. Sempre poética e intelixente.
November 30, 2024 at 11:27 AM
Hoxe acabei este libro da moldava Tatiana Țîbuleac. Hai un par de meses Nada se opone a la noche, de D. de Vigan. Dúas nais pouco exemplares. Dúas mortes que se constrúen no tempo. Dúas formas de axir ante ela.
A maternidade. A saúde mental. Dous dos grandes temas da literatura do noso tempo?
November 17, 2024 at 7:41 PM
Levaba desde o 2015 sen ter algo parecido ao twitter. Quero pasar pouco tempo nas redes, e moito paseando, na horta e nos libros. Pero imos probar, a ver que sae de aquí.
November 17, 2024 at 2:22 PM