Paula
banner
conmemoria.bsky.social
Paula
@conmemoria.bsky.social
🙋🏻‍♀️Alumna que está facendo as prácticas no gabinete de memoria e imaxe do CISPAC e quere compartir as súas vivencias
📚Grao en Historia da USC
📱ComPAErteo!
E, sobre todo, estiven moi contenta porque o ambiente de traballo era moi bo, especialmente cos meus compañeiros de prácticas. Moitas grazas por seguirme e espero que aprenderades coa miña conta🥰!
#comPAErteo2025
@facultadexh.bsky.social
February 28, 2025 at 5:13 PM
Para finalizar, remato as miñas prácticas facendo un balance moi positivo deste mes de traballo: foi unha experiencia moi enriquecedora na que desenvolvín distintas tarefas vencelladas ao labor investigador.
February 28, 2025 at 5:13 PM
✅Actualizar información e correxir erros.
✅Traducir o informe antropolóxico-forense a galego.
✅Citar a bibliografía co mesmo sistema de citación.
February 28, 2025 at 5:13 PM
✅Comparar os informes e integrar unicamente a información que non fora exposta xa noutro apartado anterior (posto que os informes moitas veces repiten a mesma información).
✅Realizar unha introdución, unha conclusión e unha ficha técnica.
February 28, 2025 at 5:13 PM
Para elaborar este informe tiven que realizar varias tarefas:
✅Ler todos os informes e elaborar unha estrutura coherente na que se puidera integrar toda a información (sendo a tarefa que me presentou máis dificultades).
February 28, 2025 at 5:13 PM
Podedes consultar os 4️⃣ informes (e proximamente o informe integral) na páxina de Nomes e Voces: www.nomesevoces.net/gl/lugares/f...
Fosa do cemiterio de Rubiáns - Vilagarcía de Arousa - Nomes e voces
www.nomesevoces.net
February 28, 2025 at 5:13 PM
-antropolóxico-forense, realizado pola Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia
-xenético, feito polo laboratorio de xenética forense da USC Luis Concheiro
February 28, 2025 at 5:13 PM
Este informe integraba nun único documento os catro informes que os equipos de traballo elaboraron sobre esta intervención:
-informe histórico, do que se encargou @grupohistagra-usc.bsky.social
-arqueolóxico, elaborado por Tempos Arqueólogos
February 28, 2025 at 5:13 PM
Pese a diferenza de idioma, Alejandra e eu pasámolo moi ben aprendendo sobre as investigacións de Chiara, que tratan sobre políticas feministas contemporáneas. En breves poderedes ver a entrevista na web!😆
#comPAErte2025
@facultadexh.bsky.social
February 27, 2025 at 9:24 PM
Parte 3️⃣:
February 24, 2025 at 11:40 PM
Parte 2️⃣:
February 24, 2025 at 11:40 PM
Podedes atopar toda a información destas fosas na páxina do proxecto de "Nomes e Voces" (do que falarei noutra publicación): www.nomesevoces.net/es/lugares/p.... En breves actualizarémola e engadiremos nestas publicacións as noticias que estiven recopilando para facer a información máis accesible.
February 13, 2025 at 11:34 PM
-Fosa do cemiterio de Santa Mª A Maior do Val (Narón)
-Fosa de San Pedro do Castro (Viana do Bolo)
-Fosa do do Cemiterio de San Salvador de Trasanquelos (Oza/Cesuras)
-Fosas de Filgueira (Crecente)
February 13, 2025 at 11:34 PM
Ata o momento exhumáronse 9 fosas:
-Fosa do cemiterio de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)
-Fosa do cemiterio de San Pedro de Filgueira (Crecente)
-Fosa do cemiterio de Santa Eulalia de Vilacoba (Lousame)
-Fosa do cemiterio da Capela (A Capela)
-Fosa do cemiterio de San Breixo (Celanova)
February 13, 2025 at 11:34 PM
Este é un convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a USC que ten como obxectivo buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante o golpe de Estado e a retagarda da Guerra Civil en Galicia. O seu equipo está dirixido polo grupo @grupohistagra-usc.bsky.social.
February 13, 2025 at 11:34 PM