Paula
banner
conmemoria.bsky.social
Paula
@conmemoria.bsky.social
🙋🏻‍♀️Alumna que está facendo as prácticas no gabinete de memoria e imaxe do CISPAC e quere compartir as súas vivencias
📚Grao en Historia da USC
📱ComPAErteo!
E, sobre todo, estiven moi contenta porque o ambiente de traballo era moi bo, especialmente cos meus compañeiros de prácticas. Moitas grazas por seguirme e espero que aprenderades coa miña conta🥰!
#comPAErteo2025
@facultadexh.bsky.social
February 28, 2025 at 5:13 PM
-antropolóxico-forense, realizado pola Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia
-xenético, feito polo laboratorio de xenética forense da USC Luis Concheiro
February 28, 2025 at 5:13 PM
Este informe integraba nun único documento os catro informes que os equipos de traballo elaboraron sobre esta intervención:
-informe histórico, do que se encargou @grupohistagra-usc.bsky.social
-arqueolóxico, elaborado por Tempos Arqueólogos
February 28, 2025 at 5:13 PM
Hoxe, o meu último día no CISPAC, rematei o labor que ocupou a maior parte do tempo das miñas prácticas: a elaboración dun informe integral📄 sobre a intervención da fosa común de Rubiáns dentro do plan de Memoria Democrática (2021-2024), do que falei noutra publicación.
February 28, 2025 at 5:13 PM
✍🏻Hoxe tiven que facer unha entrevista e despois transcribila para a páxina web do @cispac.bsky.social. Alejandra e eu entrevistamos a Chiara Luce Breccia 👩🏻, doutoranda en filosofía na Universidade de Pisa, que está facendo unha estancia no centro.
February 27, 2025 at 9:24 PM
Parte 3️⃣:
February 24, 2025 at 11:40 PM
Parte 2️⃣:
February 24, 2025 at 11:40 PM
Ola! Déixovos por aquí o resumo da conferencia "Ciencia e Conciencia no século XXI" 📚🧪👩‍💻 á que asistín o pasado xoves no @cispac.bsky.social.
Parte 1️⃣:
February 24, 2025 at 11:40 PM
🗣️Onte recibimos unha actividade de formación sobre a comunicación da investigación🔍 do @cispac.bsky.social. Foi impartida por un membro de @mazarelos.gal. Unha charla moi interesante na que aprendimos un pouco máis sobre os labores desenvolvidas por este centro!
February 19, 2025 at 10:32 PM
Feliz San Valentín💘👭💐!! No gabinete de Memoria e Imaxe do @cispac.bsky.social para celebrar este día subimos unha publicación de contidos do Fondo de Terra e Memoria centrados no amor. Mirade que fotos e cartas máis fermosas💌📷!
February 14, 2025 at 5:15 PM
Podedes atopar toda a información destas fosas na páxina do proxecto de "Nomes e Voces" (do que falarei noutra publicación): www.nomesevoces.net/es/lugares/p.... En breves actualizarémola e engadiremos nestas publicacións as noticias que estiven recopilando para facer a información máis accesible.
February 13, 2025 at 11:34 PM
Este é un convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a USC que ten como obxectivo buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante o golpe de Estado e a retagarda da Guerra Civil en Galicia. O seu equipo está dirixido polo grupo @grupohistagra-usc.bsky.social.
February 13, 2025 at 11:34 PM
Ola!! Estes días cambiei a miña área de traballo e estiven traballando na área de "Memoria". En concreto, estiven facendo unha recopilación das noticias que se publicaron ultimamente en prensa sobre o "Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2021-204". En que consiste este plan? Abro 🧵:
February 13, 2025 at 11:34 PM
Sabedes o que é o proxecto "Terra e Memoria"⁉️🧐
Este comprende un Fondo Documental de fontes:
-🗣️orais
-🖼️gráficas
-🗞️hemerográficas
Esta é á súa páxina web: www.terraememoria.usc.gal.
February 10, 2025 at 8:37 PM
Hoxe, como parte das miñas prácticas, tiven a sorte de poder asistir a unha conferencia organizada por @cispac.bsky.social e por @grupohistagra-usc.bsky.social na @facultadexh.bsky.social Abro 🧵:
February 6, 2025 at 3:24 PM
Ola! Chámome Paula e este mes estarei compartindo a miña experiencia realizando prácticas no
@cispac.bsky.social. Espero que vos guste o meu contido e que aprendades ao igual que estou aprendendo eu!😄👩‍💻📚
#compaerteo
@facultadexh.bsky.social
February 5, 2025 at 6:33 PM