Berto
banner
berto.eurosky.social
Berto
@berto.eurosky.social
It's amazing what gets left out in the snow.
Eu fun un par de veces nos últimos anos, atendéronme ben, rápido, gastei 30€ en 5 ou 10 minutos, e sempre che tentan vender algún extra. Moita xente nunca vin, pero alguén sempre hai.

Na Coruña hai máis tendas do estilo na mesma rúa (a Real), así que digo eu que haberá negocio suficiente.
February 8, 2026 at 11:23 PM
No futuro esperan que haxa outra(s) app(s) con diferentes funcionalidades. A idea máis ou menos é que e os usuarios poden decidir que app usar, onde gardar os datos, e seguir falando os uns cos outros independemente da app que use cada un ou de onde teña os datos. Pero a casa comeza polos alicerces.
February 8, 2026 at 7:50 PM
A min funcionoume todo sen problemas, pero tamén che digo que a migración pode tardar 10-30 minutos (depende dos datos que teñas). Durante o proceso tés que deixar o navegador aberto. En teoría se algo vai mal podes perder o acceso á conta, na práctica non sei se lle pasou a alguén.
February 8, 2026 at 7:39 PM
O único que cambia é onde están os teus datos, o resto é igual, sigues usando a web ou app de Bluesky igual que sempre e todo funciona exactamente igual, de feito se non dis nada ninguén se vai enterar de que moveches os datos de sitio.
February 8, 2026 at 7:33 PM
Vas a www.eurosky.tech , pides unha conta, cando cha activen (pode tardar) decides se a queres totalmente nova ou se queres mover a que xa tés en Bluesky. Este último paso é algo manual, esperan ter algo máis sinxelo nunhas semanas. Literalmente somos os primeiros usuarios:

bsky.app/profile/sher...
Hello! Update on eurosky[.]social accounts.
- PDS is ready with backups and observability
- We've onboarded a small number of testers to see how things are holding up
- We'll start sending invites to folks who registered in the next few days

We're doing this slowly, here's why 👇

#eurosky
February 8, 2026 at 7:29 PM
Non hai que decidir nada neste caso, só estou a fedellar coa tecnoloxía un pouco pa ver como vai.
February 8, 2026 at 6:49 PM
O amigo Xan, que tamén fixo o mesmo, conta aquí algún detalle máis:

bsky.app/profile/xanl...
Hola desde @eurosky.social 👋

Mis datos ahora están alojados en 🇪🇺, gestionados por una organización sin ánimo de lucro (@modalfoundation.eurosky.social) y sujetos a la legislación europea.
February 8, 2026 at 3:35 PM
Este mes comezaron a activar as primeiras contas.

Se non hai sorpresas raras, isto non debería afectar en nada a experiencia do usuario nin para min nin para a xente que me sigue (ainda que aproveitei para cambiar o nick). Pero os datos están agora noutro servidor e podo movelos de novo se quero.
February 8, 2026 at 3:33 PM
Bluesky foi creado nos Estados Unidos e alí e alí están os datos dos usuarios. Porén, o protocolo permite mover eses datos a outro lado.

Eurosky é un proxecto creado en Europa para crear infraestrutura propia de redes sociais baseada en estándares abertos, como é o caso do ATproto.
February 8, 2026 at 3:33 PM
Unha das súas características é que é posible mover os teus datos dun servidor a outro sen ter que abandonar a rede, cambiar de usuario nin perder os seguidores.
February 8, 2026 at 3:33 PM
Moitos parabéns!
February 8, 2026 at 9:10 AM
A charla completa: fosdem.org/2026/schedul...
February 2, 2026 at 1:41 PM
A doble página y casi abriendo el periódico de hoy

bsky.app/profile/bert...
February 1, 2026 at 10:44 AM