Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
banner
arborearqueoloxia.bsky.social
Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
@arborearqueoloxia.bsky.social
Moitas gracias! 😊
October 17, 2025 at 5:49 PM
Pois estamos ata as 16:30 de luns a venres.
E senón ó rematar a campaña sempre se fai algunha visita guiada en fin de semana.
October 17, 2025 at 5:12 PM
É que sí pasou á posteridade 😂.
O muíño é medieval, pasaron fácil 2500 anos entre que se fixo o petro e se fixo o muíño.
September 3, 2025 at 10:53 AM
Aquí temos un contexto no que hai preto bastantes petróglifos, un a pé do propio castelo. A pedra sobre a que se fai o muíño está claramente cortada dun outeiro, e a torre está construída sobre un afloramento rochoso no que ben poderían estar estes gravados. Todo apunta a que aquí cortaron un petro.
September 3, 2025 at 10:22 AM
E que é o interesante de todo isto aparte do fermosa que poda ser unha peza? Pois a información que nos da sobre o uso ó longo do tempo dun mesmo espazo. Onde seguramente houbese unha rocha con gravados do #bronce construíuse un castelo #medieval que destruíu, reinterpretou e reusou esas pegadas.
September 3, 2025 at 7:32 AM
E é a primeira vez que pasa? Pois non. Na primeira campaña, en 2021, xa tiñamos atopado un par de pedras nos derrubes, que formaban parte dos muros da torre de homenaxe, que tiñan coviñas, unha delas é esta de aquí.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Aquí pode verse mellor grazas á #fotogrametría.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Entón que ten de especial o noso muiño? Pois aparentemente nada. Ata que lle demos a volta. O muíño está feito a partir dun anaco de afloramento de granito que foi cortado, e que tiña un #petróglifo que se conservou formando parte da peza final. Un pequeno círculo cunha coviña central.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Ata unha lareira e, na campaña de 2024, este forno tan ben conservado.
September 3, 2025 at 7:32 AM