Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
banner
arborearqueoloxia.bsky.social
Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
@arborearqueoloxia.bsky.social
Ás veces, para apretar ben a base dunha asa, presiónase co dedo o barro deixando un pequeno oco, que tamén pode ter unha compoñente estética.
E aí, séculos máis tarde, é onde podemos ver a pegada dactilar da persoa que fabricou unha peza.
Torre de Meira.
October 24, 2025 at 5:21 AM
Esta semana vai un pouco pasada por auga pero de #cerámica non non podemos queixar, a #torre de Meira nunca falla.
October 23, 2025 at 4:53 AM
Esto foi o máis aquelado que topamos onte 😉
October 22, 2025 at 4:58 AM
Sa saen cousiñas bonitas en Meira.
Concello de Moaña
Comunidade De Montes de Meira
October 21, 2025 at 4:50 AM
A primeira campaña de Meira foi na torre de homenaxe e nesta, que xa é a quinta, voltamos a subir para tentar averiguar onde está o acceso dende o patio de armas. Ó escavar os niveis de uso da zona agardamos tamén poder averiguar máis sobre a época da súa construción ou canto tempo estivo activa.
October 20, 2025 at 5:38 AM
No 2021 comezáronse os traballos na torre de #Meira.
Nestes anos púidose comprobar que realmente estamos ante un #castelo, con moita máis entidade da que semellaba ó principio.
Se queredes vir acabamos de comezar, e estaremos encantadas de ensinarvos os traballos.
October 17, 2025 at 4:23 AM
Se non puidestes vir á visita de Penas do Castelo aquí tedes unha oportunidade para coñecer este xacemento, e moitos outros da provincia!
September 18, 2025 at 6:23 AM
Cantas veces será así.
September 16, 2025 at 6:06 AM
Se vos animades a coñecer este xacemento espectacular e as escavacións que se realizaron os últimos anos este sábado temos unha cita!
Penas do Castelo
Concello A Pobra Do Brollón
September 9, 2025 at 2:49 PM
E que é o interesante de todo isto aparte do fermosa que poda ser unha peza? Pois a información que nos da sobre o uso ó longo do tempo dun mesmo espazo. Onde seguramente houbese unha rocha con gravados do #bronce construíuse un castelo #medieval que destruíu, reinterpretou e reusou esas pegadas.
September 3, 2025 at 7:32 AM
E é a primeira vez que pasa? Pois non. Na primeira campaña, en 2021, xa tiñamos atopado un par de pedras nos derrubes, que formaban parte dos muros da torre de homenaxe, que tiñan coviñas, unha delas é esta de aquí.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Aquí pode verse mellor grazas á #fotogrametría.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Entón que ten de especial o noso muiño? Pois aparentemente nada. Ata que lle demos a volta. O muíño está feito a partir dun anaco de afloramento de granito que foi cortado, e que tiña un #petróglifo que se conservou formando parte da peza final. Un pequeno círculo cunha coviña central.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Ata unha lareira e, na campaña de 2024, este forno tan ben conservado.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Ata aquí todo normal. Hai evidencias de ocupación permanente e actividades de vida cotiá nas campañas anteriores (e levamos catro). Teñen aparecido ferramentas para traballar a madeira, pesas de rede, fusaiolas...
September 3, 2025 at 7:32 AM
Apareceu na torre #medieval de Meira, en Moaña. Unha torre que en realidade é un #castelo, pero diso xa vos falaremos outro día. Aquí tedes unha imaxe do sitio coa torre de homenaxe á dereita e o patio de armas á esquerda da imaxe.
September 3, 2025 at 7:32 AM
Hoxe queremos contarvos a historia dun #muíño, pero vainos levar máis dun bluit, polo que vos imos pedir que cheguedes ata o final do 🧵, non vai ser moi longo. Antes de nada as presentacións, este é o muíño en cuestión. Feitiño, a que si?
September 3, 2025 at 7:32 AM
Nesta rede non sei se nos poñedes cara, así que imos deixarvos esta foto dos catro árbore. Sucios, cansos e algo atolados... Pero é o que hai! 😅
September 2, 2025 at 6:37 PM
Outro dos materiais habituais en Penas do Castelo (e que pode que definan o carácter do xacemento) son os restos de #escoura, tanto en superficie como nas escavacións. Este ano temos esta tan chula!
August 20, 2025 at 7:17 AM
Outra cousa que repetimos esta campaña de #Penas do Castelo son os restos de #sementes de #cereal, que posiblemente se atopan aínda no entorno dun espazo de almacenamento de alimento.
August 19, 2025 at 5:27 AM
Nestas últimas dúas campañas o #pallabarro está a ser o material máis habitual. Aquí podedes ver como, unha vez limpo, se aprecian con moita claridade as improntas que deixaron as pólas do entramado vexetal ó que recubría.
Penas do Castelo, A Pobra do Brollón.
August 18, 2025 at 7:39 AM
Os estratos non menten: do útil ao descartable, do comunal ao industrial, do gran ao snack. A arqueoloxía amosa rupturas, transicións, memorias do cambio.
August 6, 2025 at 9:27 AM
📺 Son os anos 70: éxodo rural, televisión en branco e negro, aperturismo económico. Galicia comeza a virar cara a unha economía de mercado, deixando atrás séculos de vida labrega. Foto Anna Turbau.
August 6, 2025 at 9:27 AM
Non é só lixo: é unha fronteira histórica. O que antes era procesado de millo para o autoconsumo queda soterrado baixo produtos ultraprocesados e descartables.
August 6, 2025 at 9:27 AM
Está é a quinta campaña en Penas do Castelo. Nas tres primeiras non tiñamos nada de material cerámico, só escouras e algúns líticos.
Pero dende o ano pasado comezaron a aparecer estás cousiñas.
Concello A Pobra Do Brollón
August 5, 2025 at 5:16 AM