Novas de Aiazo
banner
aiazo.bsky.social
Novas de Aiazo
@aiazo.bsky.social
As novas e novidades de Aiazo (Frades)
Caso a parte é Liñares; aldea de tres vivendas que apareceu en torno á estrada no norte de Aiazo. Nunca se considerou como parte de “A Carretera”, Vilanova ou Novavista, pola forza do topónimo tradicional anterior. De xeito oficial é parte de Fontelo.
August 26, 2025 at 2:15 PM
Para os organismos oficiais como o INE ou Correos, que simplifican a complexidade territorial galega en poucos lugares ou núcleos, as casas da estrada pertencen dependendo da súa altura a Fontelo, A Torre ou Fonsá.
August 26, 2025 at 2:13 PM
Eran nomes utilizados na súa versión galega ou castelanizada (Villanueva de Ayazo/ Nuevavista) durante os anos 50, 60 e 70. Desde os 80 a tendencia foi a empregar simplemente “A Carretera”.
August 26, 2025 at 2:09 PM
Vilanova recibiu ese nome ao apareceren as primeiras vivendas con taberna en torno á nova estrada alí: a do Muiñeiro e a de Aurelio. Máis tarde as primeiras casas na estrada ao norte de Fonsá (a de Carmiña e a de Díaz), nun lugar elevado e con vistas ao resto de Aiazo, darían lugar a ‘Novavista’.
August 26, 2025 at 2:06 PM
Porén, durante gran parte do século XX distinguíanse núcleos diferentes na estrada: Vilanova ou Vilanova de Aiazo, ao norte de Fontelo, e Novavista, ao norte de Fonsá. En mapas detallados de toponimia aparecen recuperados ambos. Desapareceron durante anos e agora comezan a ser máis usados.
August 26, 2025 at 2:04 PM
Segue triunfando o xogo do #tiro, que apareceu como novidade da Directiva da AVV o pasado San Pedro.
August 17, 2025 at 3:48 PM
Podes consultar a estación meteorolóxica da Carballeira de Aiazo en tempo real: www.ecowitt.net/home/share?a...
Ecowitt Weather
www.ecowitt.net
August 9, 2025 at 10:07 AM