Novas de Aiazo
banner
aiazo.bsky.social
Novas de Aiazo
@aiazo.bsky.social
As novas e novidades de Aiazo (Frades)
Vista do outeiro do Patarelo tras A Pedra nesta tarde de domingo, 26 de outubro #Paisaxe #Aiazo
October 26, 2025 at 8:11 PM
Aínda que hoxe por fin está prevista a entrada dunha fronte, a falta de auga e a #seca a estas alturas do #outono deixa estampas pouco habituais dun #Tambre con moi pouca auga na contorna dos Pasos. As insuas situadas abaixo da ponte quedaron comunicadas coa beira do río e pódese pasar a pé.
October 18, 2025 at 5:37 PM
Sabías que a asociación veciñal Os Pasos’ ten máis de 30 anos, máis de 200 membros e organiza ao longo do ano numerosos eventos como a festa da #Merenda, o #SanXoán, as festas de #SanPedro, o xantar dos socios nos #Pasos, a #Ruta de Sendeirismo, as festas de #SanRoque e o #Magosto, entre outros?
September 26, 2025 at 3:19 PM
A asociación veciñal ‘Os Pasos’ de Aiazo celebrará o seu #Magosto no Local de Tralaeira o vindeiro sábado, 15 de novembro 🗓️ 🌰 🔥👩🏻‍🍳
September 26, 2025 at 3:08 PM
⚠️⚠️ Veciños da Devesa alertan da presenza dunha furgoneta sospeitosa que observa as casa de Aiazo investigando se están baleiras. Está rotulada con ‘Inseminación bovina e limpeza de establos’, potencialmente tratándose dun fraude. Extremen as precaucións.
September 5, 2025 at 8:34 AM
Un topónimo pouco usado en Aiazo é o de ‘Vilanova de Aiazo’. Aparece a mediados do século XX coa aparición das primeiras vivendas en torno á estrada comarcal, construída nos anos 40. Utilizábase o deturpado “A Carretera” para referirse a todo o tramo aiacense, permanecendo até a actualidade
August 26, 2025 at 2:01 PM
⚠️ ALERTA ⚠️ Esta mañá de martes, 26 produciuse un roubo diante dunha vivenda en Liñares. Tres individuos nun coche negro roubaron un bolso. Intentaron minutos despois usar as tarxetas nun caixeiro en Ordes. Prégase extremar as precaucións e dar aviso ás autoridades ante movementos sospeitosos.
August 26, 2025 at 11:01 AM
En Aiazo gozamos dunha sesión vermú neste domingo de calor baixo os carballos da praza.
August 17, 2025 at 3:46 PM
Procesión do #SanRoque de Aiazo. Por primeira vez en décadas saíu a Virxe do Rosario.
August 17, 2025 at 3:44 PM
Comeza o noso #SanRoque!
August 16, 2025 at 7:17 PM
O fume dos #incendios foi visible esta semana desde Aiazo, cun ambiente moi impuro e unha luz amarelada.
August 16, 2025 at 5:11 PM
Aiazo ‘La Dolce Vita Galiziana’
August 16, 2025 at 5:08 PM
Aiazo prepárase para o #SanRoque. Hoxe as nosas rúas e prazas iránse enchendo de música desde a noitiña!
August 16, 2025 at 4:59 PM
🌡️ Hoxe foi o día máis caloroso no que vai de ano, seguido do 29 de xuño (34,7°C).
Ás 15:25 h. de hoxe, 10 de agosto, o termómetro en #Aiazo chegou aos 35,3°C.
Malia os ventos suaves, a sensación térmica superou nas horas centrais deste día de #canícula os 38°C.
August 10, 2025 at 8:00 PM
Xornada de lecer nos Pasos de Aiazo, nun día dos máis concurridos do verán na nosa área recreativa gozando do refrescante #Tambre, dos xantares ao ar libre e das copas na terraza do chiringuito.
August 9, 2025 at 6:43 PM
☀️ Esta fin de semana agardamos tempo anticiclónico con calor.
As máximas esperadas de hoxe sábado son de 30°C.
⚠️🌡️ Mañá domingo temos alerta amarela por calor con máximas de 36ºC e ceos con algunhas nubes 🌤️.
Ventos frouxos do N hoxe e variable mañá.
🌔 Esta noite os termómetros baixarán até os 18ºC
August 9, 2025 at 10:04 AM
Aiazo, ao igual que toda Galiza, é rico en microtoponimia. O microtopónimo que traemos hoxe é Sufigueira; a orixe é ‘so’ (debaixo) + ‘figueira’ e atópase entre as aldeas da Igrexa e Fonsá. Podes consultar moita microtoponimia recollida até hoxe en Openstreetmap: www.openstreetmap.org#map=15/43.01...
August 8, 2025 at 6:19 AM
Esta semana fanse 28 anos dun dos episodios máis dantescos vividos en Aiazo, o crime da Casa de Pedro en Fontelo. Así o relataba ‘La Voz de Galicia’ a comezos de agosto de 1997:
August 6, 2025 at 9:52 PM
A fin de semana do 16 e 17 de agosto celebrarase en Aiazo a festa do San Roque.
O sábado á noite xuntaranse aquelxs que teñan ganas de comezar a festexar e o domingo haberá sesión vermú e verbena co dúo D’Vicio.
A directiva segue xestionando a barra á sombra da carballeira da praza da Igrexa.
🌳🍻🎺
August 6, 2025 at 7:37 PM
O pasado día 2, como cada primeiro sábado de agosto, celebrouse en Aiazo a XXVIII Ruta de Sendeirismo. Máis dun cento de persoas participaron na tradicional andaina. Á chegada aos Pasos desfrutouse do churrasco de Miguel e Manolo e dos xogos para todas as idades de pola tarde.
August 6, 2025 at 4:55 PM
Dámosche a benvida a este taboleiro de novas e novidades de Aiazo, en Frades (Ordes, Galiza)
August 6, 2025 at 4:46 PM