Abraham Díaz
adiaztrad.bsky.social
Abraham Díaz
@adiaztrad.bsky.social
Tradutor e subtitulador. // 📖🖥️ EN, FR, PT > ES, GL
Socio da @AGPTI e de @ATRAE_ORG
Obras: https://basededatos.atrae.org/perfil-pub/2866/
Primeiro día da #CITA8.

Moi interesantes tódalas mesas e moitas caras coñecidas ❤️

Por certo, onde está o equipo Severance para sacarnos foto de dentris/fueris?
November 21, 2025 at 10:43 PM
Nesta serie con Jack Whitehall, David Duchovny e Carice van Houten temos a clásica trama dunha nova persoa que gaña a confianza dunha familia demasiado rápido. É demasiado encantador, demasiado atento, demasiado comprensivo… algún segredo debe gardar. 🤨
November 18, 2025 at 9:56 PM
1/2 Estreo nova imaxe en redes con esta película na que uns axentes da DEA combaterán sen sabelo contra o inimigo que menos esperaban: os seus rebeldes fillos adolescentes.🧨

@agpti.org @atrae.bsky.social
#QuenTraduce #AudiovisualEnGalego 🎬
November 14, 2025 at 9:27 AM
🎞️ Nova estrea en @Netflix cos meus subtítulos en GL.
Desta volta «Soleil noir», unha serie francesa de suspense e investigación que non deixa de dar reviravoltas entre segredo e segredo. As rosas tamén teñen espiñas…
#QuenSubtitula #AudiovisualEnGalego
@agpti.org @atrae.bsky.social
July 9, 2025 at 1:16 PM
E outra estrea máis con subtítulos en GL: «Pulse», unha de médicos cun ritmo vertixinoso entre urxencias, un furacán e unha denuncia por acoso que agocha moitos segredos.
Unha, dúas, tres! Desfibrilamos!
#AudiovisualGalego #QuenSubtitula
@agpti.org @atrae.bsky.social
April 3, 2025 at 11:20 AM
Novidade fresquiña!
Estréase «Devil May Cry» cos meus subtítulos en GL.
Foi moi divertido traballar nesta serie: acción, diálogos enxeñosos, demos con mala hostia, unha animación chulísima e temazos rock dousmileiros.
Pasádeo ben co Dante!
April 3, 2025 at 8:36 AM