ForoESGal
banner
foroesgal.bsky.social
ForoESGal
@foroesgal.bsky.social
Foro pola Economía Social Galega.
Espazo de encontro entre entidades da Economía Social Galega. Integrado por Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e EspazoCoop.

https://foroesgal.org/
📢 ☕☕ Bo día! Comeza a conta atrás para unha das xornadas máis significativas e especiais das impulsadas desde o ForoESGal. O vindeiro xoves, 20 de novembro, celebraremos unha nova edición, a quinta, dos nosos "𝗖𝗔𝗙É𝗦 𝗖𝗢𝗡 𝗔𝗥𝗢𝗠𝗔 𝗔 𝗘𝗖𝗢𝗡𝗢𝗠Í𝗔 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟",.
November 14, 2025 at 4:08 PM
🗣️ O pasado ano, no ForoESGal tivemos o privilexio de contar, entre os relatores da cuarta edición dos “Cafés con aroma a… Economía Social”, con Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social de España (CES).
November 13, 2025 at 6:40 PM
✅ A IV Conferencia Mundial da Muller, celebrada no ano 1995 en Beijing, constituíu un punto de inflexión na loita pola igualdade no mundo.
November 12, 2025 at 7:06 PM
✅ A Economía Social Galega estivo hoxe presente no programa do 2º Congreso Internacional de Economía Social de Castela e León-organizado por #Acesyl-, da man da Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño.
November 11, 2025 at 6:35 PM
👉 #Galicia conta, desde o pasado ano, co Centro de Orientación ao Emprendemento (#COE). Creado polo Goberno galego, ten como obxectivo coordinar todas as actividades vinculadas ao emprendemento e á orientación laboral na comunidade, ademais de impulsar un enfoque innovador en materia de #emprego.
November 7, 2025 at 11:46 AM
📃 Hoxe queremos falarvos dun dos capítulos que dan forma ao Informe da Economía Social en Galicia 2023 -elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) da USC-, concretamente o que aborda “As percepecións dos emprendedores galegos sobre os modelos de economía social”.
November 5, 2025 at 3:49 PM
👉 O 75% dos europeos respaldan a ECONOMÍA SOCIAL e recoñecen a súa importancia para o benestar da sociedade.
November 1, 2025 at 11:30 AM
🖥️ Nunha sociedade marcada, cada vez máis, pola dixitalización, cómpre acompañar ás empresas no seu proceso de transformación cara a nova realidade.
October 29, 2025 at 5:45 PM
🖥️ A Intelixencia Artificial Xenerativa pode converterse nunha importante ferramenta para reforzar a competitividade das organizacións de Economía Social.
October 23, 2025 at 1:30 PM
📢 Compartimos por aquí o enlace ao vídeo da comparecencia de CEPES, onte, no Congreso dos Deputados, concretamente na Comisión de Traballo e Economía Social, co obxectivo de defender as enmendas ao Proxecto de Lei Integral de Economía Social.
October 22, 2025 at 2:31 PM
➡️ “O clima político galego, onde non hai lugar para o odio, favorece unha redución significativa da pobreza”. Esta é unha das conclusións do informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025” elaborado por EAPN Galicia– Rede Galega de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social.
October 17, 2025 at 4:04 PM
📅 Mañá, 17 de outubro, Día Internacional contra a Erradicación da Pobreza, EAPN Galicia presentará no Parlamento de Galicia o XV Informe 2025 de “O Estado da Pobreza en Galicia”.
October 16, 2025 at 11:13 AM
📢 Agaca e Aeiga, entidades socias do ForoESGal, propoñen para o vindeiro día 27 unha xornada sobre a “Cultura de prevención de perdas e desperdicios alimentarios”.
October 13, 2025 at 4:37 PM
📄Cogami Empresarial vén de publicar recentemente a súa Memoria de Sostibilidade 2024, unha mostra do seu compromiso coa tripla liña de impacto e beneficio: social, económica e ambiental.
October 10, 2025 at 12:15 PM
📢 Compartimos por aquí a interesante proposta que se está a impulsar desde #REAS Galicia: a creación dun catálogo web de proxectos galegos de Economía Social e Solidaria. Un recurso máis en prol dun consumo crítico, consciente e transformador.
October 8, 2025 at 11:45 AM
🖥️ O pasado venres, o Ministerio de Traballo e Economía Social (MITES) celebrou unha xornada para coñecer en detalle os instrumentos financeiros que están a disposición da #EconomíaSocial.
October 6, 2025 at 2:30 PM
➡️ O ForoESGal estivo hoxe presente, a través do noso presidente Mino Martínez, na gala de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán 2025 coas que a Xunta de Galicia recoñece o traballo de persoas e entidades en favor da igualdade, un dos principios fundamentais da Economía Social.
October 3, 2025 at 4:30 PM
✅ Esta mañá se está a celebrar, vía online, a interesante xornada sobre Reaproveitamento Alimentario impulsada por Aeiga e Agaca, entidades socias do ForoESGal.
October 3, 2025 at 10:15 AM
💻O impacto da Intelixencia Artificial na Economía Social, o emprego eficaz da mesma e casos de aplicación práctica serán algunhas das cuestións nas que se centrará a Webinar prevista por CEPES para o 23 de outubro, en colaboración con Fundae.
October 2, 2025 at 5:31 PM
✅ Concienciar sobre o consumo responsable e fomentar boas prácticas tanto nos produtores como nos consumidores son dous dos principais obxectivos da Lei 1/2025, de 1 de abril, de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario.
September 30, 2025 at 10:03 AM
📢 “De feira en feira creando conciencia”. Baixo este lema desenvolverase o 25 de outubro en #Celanova a Feira do Mercado Social organizada por #REAS Galicia (Rede de Economía Alternativa e Solidaria) coa colaboración do devandito Concello e enmarcada no programa da Rede Eusumo.
September 29, 2025 at 5:03 PM
👉 A Economía Social vén demostrando desde hai tempo o seu papel protagonista como motor de xeración de emprego estable, como fórmula eficaz de cohesión territorial e social e como modelo ao servizo da solidariedade, da democracia e da prosperidade compartida.
September 25, 2025 at 9:31 AM
📢 Se formas parte dunha entidade creativa ou da economía social, non podes perderte a interesante XORNADA “Innovación e crecemento na economía laranxa galega” que este VENRES (26 DE SETEMBRO) terá lugar na sede de CERSIA Empresa, en #Santiago.
September 24, 2025 at 12:05 PM
📢 Unha das citas desta fin de semana coa economía social está en San Xoán de Río. O concello ourensán acolle mañá, durante todo o día, a Mostra Rural SocialTech: Innovación e Economía Social de futuro.
September 19, 2025 at 3:31 PM
📌 #Murcia convértese estes días no epicentro europeo e internacional da #EconomíaSocial no marco da Capitalidade Española da ES que este ano recae na devandita rexión.
September 17, 2025 at 4:31 PM