ForoESGal
banner
foroesgal.bsky.social
ForoESGal
@foroesgal.bsky.social
Foro pola Economía Social Galega.
Espazo de encontro entre entidades da Economía Social Galega. Integrado por Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e EspazoCoop.

https://foroesgal.org/
👉 Logo da xuntanza participativa celebrada o martes para a elaboración da Axenda Local de Economía Social do Concello de Pontedeume, o consistorio eumés acolleu onte unha nova sesión, desta volta de carácter técnico, para seguir profundizando no sector da Economía Social.
December 5, 2025 at 11:03 AM
➡️ Hoxe queremos compartir con vós este interesante artigo de Alberto Vaquero, profesor e investigador da Universidade de Vigo.
December 3, 2025 at 2:30 PM
✅ A economía social estará moi presente mañá en #Pontedeume coa celebración da xornada participativa impulsada desde o Concello e aberta á cidadanía e aos axentes sociais para construír, entre toda a veciñanza, a Axenda Local de Economía Social no devandito municipio.
December 1, 2025 at 12:45 PM
👉 O presidente do goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá, no decurso do congreso Ultreia Galicia de emprendemento ligado ao territorio, a creación dunha rede de fomento do emprendemento baseada na colaboración público-privada.
November 28, 2025 at 6:55 PM
📢 O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Ourense, será mañá escenario do #UltreiaGalicia, o gran encontro de emprendemento ligado ao territorio oganizado pola Xunta de Galicia no marco da designación da comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025.
November 27, 2025 at 4:31 PM
📢  Os “Outonos Cooperativos” voltan a escena e o fan, ademais, en formato videopodcast con actuacións musicais en directo e as sempre enriquecedoras historias de éxito cooperativo.
November 26, 2025 at 6:40 PM
👉 A quinta edición dos "Cafés con Aroma a Economía Social" do ForoESGal, celebrada esta mañá, deixou sobre a mesa interesantes reflexións.
November 20, 2025 at 6:57 PM
Grazas a todos e todas os que nos acompañastes nunha sesión tan produtiva e inspiradora! 🌟
November 20, 2025 at 1:37 PM
➡️ Foi, como sempre, un pracer compartir experiencias e aprendizaxe para que o noso sector continúe avanzando e traballando para acadar unha sociedade máis xusta e inclusiva.
November 20, 2025 at 1:37 PM
✅ Pechamos, con algunhas imaxes máis desta mañá, a quinta edición dos “Cafés con Aroma a Economía Social” cos que, desde o ForoESGal, queremos dar forza e visibilidade ao noso sector.
November 20, 2025 at 1:37 PM
☕ Esta mañá, os nosos cafés teñen aroma a Economía Social!
November 20, 2025 at 10:57 AM
📢 Desde o #ForoESGal contamos xa as horas para a celebración, mañá, dos nosos "𝗖𝗔𝗙É𝗦 𝗖𝗢𝗡 𝗔𝗥𝗢𝗠𝗔 𝗔 𝗘𝗖𝗢𝗡𝗢𝗠Í𝗔 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟".

🕛 O programa reunirá a unha boa representación da economía social galega para compartir miradas e reflexións que contribúan a seguir fortalecendo a Economía Social galega.
November 19, 2025 at 5:25 PM
📢 ☕☕ Bo día! Comeza a conta atrás para unha das xornadas máis significativas e especiais das impulsadas desde o ForoESGal. O vindeiro xoves, 20 de novembro, celebraremos unha nova edición, a quinta, dos nosos "𝗖𝗔𝗙É𝗦 𝗖𝗢𝗡 𝗔𝗥𝗢𝗠𝗔 𝗔 𝗘𝗖𝗢𝗡𝗢𝗠Í𝗔 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟",.
November 14, 2025 at 4:08 PM
🗣️ O pasado ano, no ForoESGal tivemos o privilexio de contar, entre os relatores da cuarta edición dos “Cafés con aroma a… Economía Social”, con Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social de España (CES).
November 13, 2025 at 6:40 PM
✅ A IV Conferencia Mundial da Muller, celebrada no ano 1995 en Beijing, constituíu un punto de inflexión na loita pola igualdade no mundo.
November 12, 2025 at 7:06 PM
➡️ A directora xeral de Economía Social e Autónomos da Junta de Castilla e León, Emma Fernández Rodríguez, foi a encargada de moderar unha sesión que destacou o valor do traballo conxunto entre administración para seguir fortalecendo o modelo cooperativo.
November 11, 2025 at 6:35 PM
✅ A Economía Social Galega estivo hoxe presente no programa do 2º Congreso Internacional de Economía Social de Castela e León-organizado por #Acesyl-, da man da Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño.
November 11, 2025 at 6:35 PM
👉 #Galicia conta, desde o pasado ano, co Centro de Orientación ao Emprendemento (#COE). Creado polo Goberno galego, ten como obxectivo coordinar todas as actividades vinculadas ao emprendemento e á orientación laboral na comunidade, ademais de impulsar un enfoque innovador en materia de #emprego.
November 7, 2025 at 11:46 AM
📃 Hoxe queremos falarvos dun dos capítulos que dan forma ao Informe da Economía Social en Galicia 2023 -elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) da USC-, concretamente o que aborda “As percepecións dos emprendedores galegos sobre os modelos de economía social”.
November 5, 2025 at 3:49 PM
👉 O 75% dos europeos respaldan a ECONOMÍA SOCIAL e recoñecen a súa importancia para o benestar da sociedade.
November 1, 2025 at 11:30 AM
🖥️ Nunha sociedade marcada, cada vez máis, pola dixitalización, cómpre acompañar ás empresas no seu proceso de transformación cara a nova realidade.
October 29, 2025 at 5:45 PM
🖥️ A Intelixencia Artificial Xenerativa pode converterse nunha importante ferramenta para reforzar a competitividade das organizacións de Economía Social.
October 23, 2025 at 1:30 PM
📢 Compartimos por aquí o enlace ao vídeo da comparecencia de CEPES, onte, no Congreso dos Deputados, concretamente na Comisión de Traballo e Economía Social, co obxectivo de defender as enmendas ao Proxecto de Lei Integral de Economía Social.
October 22, 2025 at 2:31 PM
➡️ “O clima político galego, onde non hai lugar para o odio, favorece unha redución significativa da pobreza”. Esta é unha das conclusións do informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2025” elaborado por EAPN Galicia– Rede Galega de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social.
October 17, 2025 at 4:04 PM
📅 Mañá, 17 de outubro, Día Internacional contra a Erradicación da Pobreza, EAPN Galicia presentará no Parlamento de Galicia o XV Informe 2025 de “O Estado da Pobreza en Galicia”.
October 16, 2025 at 11:13 AM