Castelo Deporte
banner
castelodeporte.bsky.social
Castelo Deporte
@castelodeporte.bsky.social
Coidamos e dinamizamos o Monte Xalo a través do deporte, e participamos da organización do @casteloconta 🌿
Reposted by Castelo Deporte
🌳 O monte de Castelo vai camiño de ser unha referencia en Galicia en termos xestión e sostibilidade! E a nosa parroquia acolle iniciativas debater sobre as mellores fórmulas para o coidado das superficies forestais. Un exemplo, o curso que organiza a Asociación Forestal de Galicia este xoves.
Castelo acolle un curso sobre a constitución de agrupacións forestais de xestión conxunta - Castelo Conta
Organizado pola Asociación Forestal de Galicia, terá lugar este xoves no Centro Social a partir das sete da tarde.
casteloconta.gal
May 14, 2025 at 6:13 AM
📸 Todas as fotos da Travesía do Xalo, na nosa conta en Flickr!

📲 flickr.com/castelodeporte
May 1, 2025 at 12:35 PM
🌿 Roberto Balado e Pauline Jacob gañan a catorce edición da Travesía do Xalo. Completaron o percorrido de dezaoito quilómetros polas sendas e camiños do Xalo en dúas horas e nove minutos e dúas horas e cincuenta e un minutos!
April 27, 2025 at 2:24 PM
🌿 Todo preparado no monte para a festa de mañá! Lembrade que se non estades anotadas ou anotados podedes vir igualmente e desfrutar do día con nós!
Máis de cincocentas persoas participan este domingo na Travesía do Xalo - Castelo Deporte
A probara contará con tres modalidade: unha carreira de 18 quilómetros, unha andaina de 10 quilómetros, e dúas carreiras para as máis pequenas e pequenos.
castelodeporte.gal
April 26, 2025 at 9:52 AM
⏱️ Últimas horas do prazo de inscrición na Travesía do Xalo! Ata esta medianoite é posible anotarse en www.castelodeporte.gal na carreira ou na andaina! 🏃🏼‍♀️
April 22, 2025 at 8:26 AM
🏃🏼‍♀️ Camiñamos cara os últimos días do prazo de inscrición na Travesía do Xalo, con preto de catrocentos participantes na carreira e na andaina!

📝 Ata o próximo martes podes anotarte en www.castelodeporte.gal!
April 17, 2025 at 7:11 PM
⛅ Abrimos unha nova colaboración no ámbito social con Aspanaes, unha asociación que traballa desde hai máis de corenta anos apoiando ás persoas con autismo e ás súas familias.
Un bo momento para construir comunidade - Castelo Deporte
Colaboramos con Aspanaes para apoiar o traballo que fan polas persoas autistas e as súas familias desde o seu centro en Castelo.
castelodeporte.gal
April 9, 2025 at 8:52 AM
🏃🏼‍♀️ O 27 de abril é a gran festa do monte no Xalo! Volve a carreira e a andaina polos montes de Castelo, e as inscricións están xa abertas!
Abertas as inscricións para a XIV Travesía do Xalo - Castelo Deporte
Castelo Deporte organiza unha nova edición da proba, que se celebrará o domingo 27 de abril coas habituáis modalidades de carreira e andaina.
castelodeporte.gal
April 2, 2025 at 8:06 AM