Castelo Conta
banner
casteloconta.bsky.social
Castelo Conta
@casteloconta.bsky.social
🌿 Dez voltas á festa
Do 22 ao 31 de agosto 🎊
Pinned
Volve o Castelo Conta: dez voltas á festa 🎊
🌿 A Asociación Cultural Castelo Conta e o Colectivo Grigri presentan este xoves na Illa de Arousa o proxecto Mulleres en Rede, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade.
A Illa de Arousa acolle a presentación de Mulleres en Rede este xoves - Castelo Conta
Presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa: un proxecto que recolle voces e coidados das mulleres maiores do rural galego.
casteloconta.gal
November 26, 2025 at 10:53 AM
🪴 O Xalo é xa unha referencia en Galicia grazas ao traballo da Comunidade de Montes de Castelo. Cóntano esta semana en @laopinioncoruna.es 👇🏼
Castelo saca lustre ao seu monte
Cabalos para limpar o monte ou un convenio para exercer de «escaparate» do modelo de silvicultura, novidades da comunidade de montes de Castelo
www.laopinioncoruna.es
October 11, 2025 at 11:50 AM
Coidando do Monte coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos 🌰

Na décima edición do #CasteloConta2025, axudáronnos na preparación do Monte Xalo: encargáronse da poda dos castiñeiros, facendo posible a inauguración do festival nun espazo tan espectacular.

#TodoCasteloConta 🌿
Coidando do Monte Xalo coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos - Castelo Conta
A Asociación Galega da Castaña e dos Soutos encargouse da poda dos castaños do escenario do Monte Xalo, unha acción clave para o festival e para a protección do monte.
casteloconta.gal
September 10, 2025 at 10:08 AM
Presentamos ‘Mulleres que Contan’ no #CasteloConta2025

Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que pon no centro ás mulleres do rural galego. Catro grupos de mulleres participaron no encontro, construíndo un relato que se desenvolverá no documental a partir das súas propias gravacións e conversas💬
September 5, 2025 at 1:02 PM
Último día do #CasteloConta2025 🌿

➡️ Alborada cos gaiteiros e Cafés Lúa
➡️ Misa na capela de San Ramón
➡️ Ruta de coches clásicos
➡️ Romaría de San Ramón: pulpada popular e sesión vermú con La Ocaband

Un domingo de comunidade, música e tradición para despedir a décima edición.

📸 Fotos xa dispoñibles!
O décimo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
A Romaría do San Ramón foi a encargada de despedir o Castelo Conta deste ano. Desde cedo soaron as gaitas na tradicional alborada e, mentres na capela se celebraban as...
casteloconta.gal
September 1, 2025 at 6:44 PM
O Día Grande do #CasteloConta2025

Unha xornada para a memoria, cun xantar, andaina, cea, monólogos con Quico Cadaval, Javier Veiga, David Perdomo, Oswaldo Digón, David Amor, Marita Martínez, Lucía Veiga, Patricia Castrillón; e Gin Toni's e DJ Mínimo pechando a xornada.

📸 Fotos xa dispoñibles!
O noveno día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
O Día Grande do Castelo Conta arrincou cunha churrascada que reuniu á veciñanza arredor da mesa. Con enerxías renovadas, botámonos a andar por Vilaverde, Castelo de Abaixo, Xalo e Folgueira,...
casteloconta.gal
August 31, 2025 at 12:41 PM
Oitava xornada no Castelo Conta 🚀


➡️ Teatro en Xente Miúda, e obradoiro con Sés
➡️ Cata de Cafés Lúa
➡️ Vermú con callos do Culuca e concerto de The Rapants
➡️ Contos de Castelo con Fátima Pego
➡️ Noite de gargalladas con 'Somos Criminais e punto final'
➡️ Zënzar pechando o día

📸 Xa podes ver as fotos!
O oitavo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
A xornada arrincou co último día de Xente Miúda, cunha representación de Inventi Teatro e un obradoiro de canto con Sés. Despois, chegou a cata de Cafés Lúa, unha viaxe...
casteloconta.gal
August 30, 2025 at 12:58 PM
Sexta xornada! 🌿


A cativada concursou en Xente Miúda pola mellor receita, vivimos un vermú na taberna con pinchos que quitaban o alento e a música de PAVA.

Tamén coñecemos a forza das ‘Mulleres que Contan’ e celebramos a ‘Gala dos dez anos’, con humor, música e premios ✨

📸 Fotos na nosa web!
O sétimo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
Hoxe o día comezou nas cociñas coas crianzas de Xente Miúda. Pasaron a mañá enteira elaborando pratos que logo se probaron nunha cata aberta ao público. Máis tarde, na taberna,...
casteloconta.gal
August 29, 2025 at 11:22 AM
Sexta xornada do Castelo Conta 2025 🌿


➡️ Obradoiro de regueifas e estrea da serie animada 'Pipo'
➡️ Vermú na taberna con Ceibe, Decanta-T e a música de 9Louro
➡️ Contos de Castelo + estrea do documental Ao son da nova regueifa
➡️ Foliada interminable no torreiro

📸 Fotos xa dispoñibles na nosa web!
O sexto día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
Hoxe as protagonistas foron as regueifas, pola mañá nun obradoiro coa cativada de Xente Miúda,  a tarde, coa estrea do documental ‘Ao son dunha nova regueifa’ e para rematar, coas...
casteloconta.gal
August 28, 2025 at 11:03 AM
Quinta xornada! 🌿


Da fraga de Cabrois cos nenos e nenas de Xente Miúda aos Vermús da Taberna con Artesa da Moza Crecha, A Horta do Obradoiro e a música de Abril, pasando polos Contos de Castelo máis 'GenZ' ata unha noite chea de enerxía con Lisdexia e Monoulious DOP.

📸 Fotos xa dispoñibles!
O quinto día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
A xornada comezou con Xente Miúda, na que percorreron a fraga de Cabrois para descubrir as árbores que alberga. Na sesión vermú tivemos cociñando aos chefs de A Horta do...
casteloconta.gal
August 27, 2025 at 1:21 PM
O cuarto día do #CasteloConta2025 🌿
➡️ En Xente Miúda, o campamento para a cativada, fixeron cianotipia.
➡️ No Vermú na Taberna houbo sabores incribles e funk acompañando.
➡️ Os Contos de Castelo cobraron vida en formato televisivo.
➡️ Xabier Díaz presentou a súa obra antes do peche con De Vacas.
August 26, 2025 at 11:50 AM
A última xornada no escenario natural do Monte Xalo 🌿


Bibopalula fixo cantar ás crianzas, as Tanxugueiras ateigaron o Xalo de pandeiretas e emoción, e Sés estreou en directo 'Todo Castelo Conta', convertido en himno colectivo desta décima edición.


📸 Xa podes ver as fotos!
O terceiro día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta
O día comezou ao son dos paxaros de Bibopapula, o Monte Xalo acolleu unha xornada de concertos onde o público desfrutou deste espazo escoitando a Tanxugueiras na sesión vermú e...
casteloconta.gal
August 25, 2025 at 10:46 AM
Segunda xornada no Monte Xalo! 🌿

🪗 Pulpiño Viascón abriu o día cunha sesión vermú chea de humor, música e complicidade.
Pola tarde, o festival homenaxeou o patrimonio e a xestión sostible do Xalo.
Rematamos cos concertos de Alana e Ortiga, que puxeron o monte a bailar 🕺

📸 Fotos xa dispoñibles!
Así foi o segundo día do Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
A xornada comezou con Pulpiño Viascón na taberna e continuou no Monte Xalo, onde descubrimos máis da importancia deste espazo tan máxico. A noite pechou coa enerxía e os bailes...
casteloconta.gal
August 24, 2025 at 10:49 AM
O Castelo Conta 2025 comezou onte no Monte Xalo, que acolleu o primeiro serán desta décima edición 🌿

🎶 Carlos Núñez rompeu o xeo ó son inconfundible da gaita, e Peter Sélek púxolle o broche final á noite cunha sesión que converteu o monte nunha pista de baile.

Non perdas detalle! 👀

📸 Aigi Boga
O son da gaita marcou o comezo do Castelo Conta - Castelo Conta
A décima edición do festival arrincou cun serán inesquecible: Carlos Núñez inaugurou o Castelo Conta entre emocións, tradición e vangarda, e Peter Sélek fixo do Xalo unha pista de baile....
casteloconta.gal
August 23, 2025 at 10:42 AM
🤝 No #CasteloConta2025 cultura e solidariedade van da man. 🧺 Sortearemos unha cesta solidaria onde todo o recadado irá á ONGD Ecos do Sur, adicada á defensa das persoas migrantes e refuxiadas. As rifas pódense mercar por 2€ na taberna.
👉 O sorteo será durante a Gala dos dez anos.

#TodoCasteloConta
Solidariedade e diversidade: Ecos do Sur súmase ao Castelo Conta - Castelo Conta
O festival contará cun espazo informativo da ONGD o domingo 24 e o xoves 28, ademais dunha cesta solidaria e dun suadoiro de edición especial, dos que Ecos do Sur recibirá integramente todo o recadado...
casteloconta.gal
August 21, 2025 at 9:05 AM
Dez retratos, dez sorrisos, dez historias para celebrar o #CasteloConta2025 ✨


Hoxe tivo lugar na Clínica Pardiñas a inauguración dunha exposición que homenaxea á comunidade que fixo posible dez anos de encontros e cultura. As fotografías que a conforman son obra de Aigi Boga.

#TodoCasteloConta
Inauguración da exposición de retratos na Clínica Pardiñas - Castelo Conta
Un percorrido polas imaxes e testemuños das persoas que fan posible o festival, e que representan á comunidade que fixo medrar este proxecto ata converterse nun exemplo de cultura compartida no rural....
casteloconta.gal
August 20, 2025 at 8:34 PM
🌿O sábado 30 de agosto celébrase o día Grande do #CasteloConta2025!

➡️ Ás 14:00, terá lugar a churrascada popular.
➡️Ás 16:00 a andaina, un percorrido acompañado de moito humor e moita música.
➡️ Ás 20:00 a cea comunitaria, antes da noite dos monólogos.

🎟️ Entradas dispoñibles!

#TodoCasteloConta
O día grande: xantar, andaina e cea - Castelo Conta
O sábado é o día grande da festa: xantar, andaina, cea... e a noite de monólogos!
casteloconta.gal
August 19, 2025 at 8:41 PM
📲 Xa está dispoñible a app do #CasteloConta2025!

Programación, artigos, multimedia, mapa interactivo con audios e notificacións en tempo real: o festival, enteiro no teu peto.

🔗 Podes descargala en Android ou iOS
#TodoCasteloConta
Xa podes descargar a app do Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
Leva o Castelo Conta 2025 no teu peto! Xa está dispoñible a app oficial do festival, unha ferramenta pensada para vivir esta décima edición sen perder detalle: programación actualizada, artigos, multi...
casteloconta.gal
August 19, 2025 at 3:11 PM
✨ Unha década de encontros, cultura e comunidade.
O 28 de agosto ás 22:00, a Polideportiva acollerá a Gala dos 10 anos do #CasteloConta2025, un percorrido pola historia do festival con música, humor e convidados especiais.

🎟️ Entradas dispoñibles en casteloconta.gal

#TodoCasteloConta
A gala dos dez anos - Castelo Conta
Unha noite única para celebrar unha década de emocións, comunidade... e festa!
casteloconta.gal
August 18, 2025 at 6:54 PM
🎶 Venres 29 ás 14:00, teremos nos Vermús na Taberna...
🔊 Garage-pop, indie e rock con himnos xeracionais de The Rapants
👩‍🍳 E pratos que mesturan tradición e innovación con Chisco Jiménez
Un mediodía para cantar, bailar e saborear a Galicia máis divertida!

#CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
Chisco Jiménez + The Rapants - Castelo Conta
Festa e sabor: cando a irreverencia musical se xunta coa cociña de raíz reinterpretada, o resultado é un vermú inesquecible, cheo de enerxía e humor.
casteloconta.gal
August 17, 2025 at 1:33 PM
🎶 Xoves 28 ás 14:00, Vermús na Taberna con PAVA: pop galego con emoción, sorna e identidade!
👩‍🍳 Bea Sotelo e Bego Vázquez traen sabores da nosa terra e creatividade nos fogóns.
Un mediodía de música, gastronomía e celebración da cultura galega no #CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
Bea Sotelo e Bego Vázquez + PAVA - Castelo Conta
Cando a música pop galega máis fresca e rebelde se xunta coa creatividade culinaria de dúas grandes cociñeiras galegas, o resultado é un vermú que sabe a autenticidade e a festa.
casteloconta.gal
August 14, 2025 at 8:41 PM
🤟 Xoves, venres e sábado, a comedia do #CasteloConta2025 é accesible a todas as persoas!

Intérpretes de LSE acompañarán a Gala dos Dez Anos, Somos Criminais e punto final e A Noite do Castelo Conta.

🎟️ Entradas con desconto a través da @faxpg.bsky.social
Diversión sen barreiras!

#TodoCasteloConta
O Castelo Conta colabora un ano máis coa FAXPG para facer a cultura accesible a persoas xordas - Castelo Conta
O festival contará un ano máis con intérpretes de Lingua de Signos nas noites do xoves, venres e sábado, garantindo que todas as persoas poidan gozar da programación.
casteloconta.gal
August 13, 2025 at 4:50 PM
🎤 Mércores 27, ás 14:00
🔊 9Louro trae o son urbano máis honesto
👨‍🍳 Na cociña: Damián Paris + Ceibe (Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes)
Un vermú con carácter, frescura e raíces actualizadas.
#CasteloConta2025 #TodoCasteloConta

casteloconta.gal/eventos/verm...
Damián Paris, Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes + 9louro - Castelo Conta
Cando a música urbana máis honesta se encontra coa cociña galega de vangarda, nace un vermú que é celebración, encontro e emoción. Unha oportunidade para vibrar, saborear e gozar da nosa cultura en cl...
casteloconta.gal
August 12, 2025 at 6:26 PM
🍷 A Casa Rodríguez volve abrir todo agosto!

Programación cultural con andainas, catas, concertos e actividades para toda a familia 💬🎶

Consulta aquí a programación completa
Casa Rodríguez reabre con programación cultural durante todo o mes - Castelo Conta
A taberna de Castelo estará aberta todo o mes cun horario ampliado e propostas que inclúen música, memoria oral, degustacións e actividades familiares. Un adianto do que será a décima edición do Caste...
casteloconta.gal
August 7, 2025 at 9:08 AM
Reposted by Castelo Conta
🎭🏡 REPORTAXE | @casteloconta.bsky.social moito máis ca un festival: un lote de proxectos para impulsar o rural

A asociación Castelo Conta impulsa o festival pero ten máis proxectos cos que "dinamizar o territorio", conservar a memoria e preservar o patrimonio.

🔗 praza.gal/cultura/cast...
August 6, 2025 at 2:08 PM