Casa de Rosalía
banner
casaderosalia.bsky.social
Casa de Rosalía
@casaderosalia.bsky.social
Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Visítanos e, se che presta, colabora con nós! https://rosalia.gal/
Tamén organizamos un festival: https://abrideafiestra.gal/
Pinned
🅿️ Estamos moi felices de poder anunciarvos que xa contamos cun parking exclusivo para os/as visitantes da Casa-Museo, con espazo para tres autobuses, 27 prazas individuais e dúas para persoas con mobilidade reducida. 🚌🚕
A colaboración cunha empresa local fíxoo posible. Grazas!
Eis o convite oficial das #Ialma para virdes esta noitiña celebrar con nós os seus 2️⃣5️⃣ anos 😍😍😍
November 19, 2025 at 12:22 PM
Mañá mércores, concerto de #Ialma nesta Casa! 🥰
[entrada libre]
www.lavozdegalicia.es/noticia/sant...
Ialma: «A música galega funciona no mundo enteiro»
O grupo formado por catro galegas-belgas actúa este mércores na Casa de Rosalía na súa xira dos 25 anos
www.lavozdegalicia.es
November 18, 2025 at 8:37 AM
Reposted by Casa de Rosalía
Para sorpresa de ninguén, Rosalía era #TeamWinter
November 16, 2025 at 12:52 PM
📢 Xira dos 2️⃣5️⃣ anos de #Ialma con parada da #CasadeRosalía. Un luxo para nós, unha nova oportunidade para virdes visitarnos 😉
📌Auditorio da Casa-Museo
📅 19/11 19:30h. Entrada libre!
November 17, 2025 at 11:25 AM
Reposted by Casa de Rosalía
Since this meme is trending, let me clarify that it refers to this poem, published in 1880 by Rosalía de Castro (translation by Kathleen March). It tells the story of a woman’s revenge: after pleading for justice in vain, she decides to take matters into her own hands and kill those who wronged her.
November 16, 2025 at 12:12 PM
🤐🤫
November 15, 2025 at 1:15 PM
Hoxe á tardiña acollemos un relatorio do especialista en toponimia da RAG, Vicente Feijoo, para falar do proxecto "Galicia Nomeada. Un recurso dixital para salvagardar, divulgar e investigar a toponimia galega”. Organiza a Os Penoucos e @obaixoulla.bsky.social

www.lavozdegalicia.es/noticia/arou...
November 14, 2025 at 8:57 AM
É unha marabilla poder celebrarmos con #Ialma os seus 25 anos de historia. Se queredes gozar deste concerto especial que ofrecerán aquí o vindeiro 1️⃣9️⃣ de novembro, estades máis que convidadas!

📍 Auditorio da Casa de Rosalía
📅 19/11, 19:30h / entrada libre
November 13, 2025 at 10:32 AM
📌 Comprácenos poder anunciar esta charla do proxecto #GaliciaNomeada da @realacademiagalega.bsky.social
📣 Se estás interesada/o e queres colaborar rexistrando a microtoponimia da túa aldea, parroquia ou concello, únete a nós este venres!
Organiza A.C. Os Penoucos e @obaixoulla.bsky.social
November 10, 2025 at 1:39 PM
🌧 Neste tempo chuviñento, nada mellor que reler 'Ruínas', que vimos de reeditar, con prólogo da profesora Margarita G. Candeira. Unha novela protagonizada por tres personaxes que intentan sobrevivir á chegada da modernidade capitalista.

Na nosa tenda e nas mellores librarías! 😉
November 7, 2025 at 11:57 AM
Reposted by Casa de Rosalía
🗺️ A @casaderosalia.bsky.social acolle unha conferencia informativa sobre o proxecto Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa para a recolleita e xeorreferenciación da microtoponimia galega

📍 Vente e colabora na difusión dos topónimos da túa aldea, parroquia ou concello do Baixo Ulla
November 7, 2025 at 9:25 AM
Logo da finde de Defuntos, a Casa-Museo apareceu así 🌰🌰🌰
#Samaín #Defuntos #Ánimas

"Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos".
November 4, 2025 at 2:27 PM
Reposted by Casa de Rosalía
Como misión especial de Defuntos, deume por ler as famosas constitucións do sínodo da diocese de Mondoñedo de 1541, que censuran algunhas prácticas que os fregueses (e tamén algúns cregos) tiñan por costume facer nestas datas. O karma é que foron os censores os que gardaron a súa memoria.
November 1, 2025 at 10:12 AM
Reposted by Casa de Rosalía
En 1951 celebrouse unha “pelegrinaxe lírica” polos lugares vencellados á vida de Rosalía de Castro, entre eles as Torres de Hermida #Dodro, onde se recitaron versos xunto ao monumental érbedo, do que sempre se dixo que Rosalía escribía á súa sombra #OBaixoUlla

www.obaixoulla.gal/elementos/do...
October 30, 2025 at 9:14 AM
Encántanos recibir xentes de todo o mundo, que nos visiten todo tipo de animais e que nazan plantas do máis diverso. Mais o #XardíndeRosalía tamén é o fogar doutro reino biolóxico: os fungos. E hoxe queremos darlle a benvida a este cogomelo que nunca antes viramos: #ClathrusRuber ou axóuxere. 😍🍄
October 25, 2025 at 9:46 AM
Xa podedes atopar na nosa tenda e nas mellores librarías #Contosdamiñaterra (1864), dentro da nosa colección de #Minilibros. A partir dun conto popular misóxino, Rosalía revira a misoxinia do mesmo cara a unha dimensión feminista.
➕ info: rosalia.gal/que-facemos/...
October 24, 2025 at 7:52 AM
Estamos moi felices de acoller nesta Casa algunha das actividades da🎬 𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐅𝐎𝐂𝐎 𝐞𝐧 𝐏𝐚𝐝𝐫𝐨́𝐧:

📅 𝐒𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟖, no noso auditorio:
📍 18.15 h: proxección do documental 𝑨 𝒑𝒐𝒆𝒕𝒂 𝒂𝒏𝒂𝒍𝒇𝒂𝒃𝒆𝒕𝒂, seguido dunha 🗣️ conversa coa produtora Nati Juncal
📍 20.00 h: concerto de O’Leo de Matamá
October 16, 2025 at 7:56 AM
Hoxe chega a Valga a exposición dos #50anosdaCasadeRosalía, que abrimos cunha visita guiada por Manuel Lorenzo Baleirón. Todo un pracer para nós estarmos presentes nos 20 anos da Asociación Cultural Os Penoucos
🥰
www.farodevigo.es/arousa/2025/...
La historia de Rosalía de Castro recala en Valga con la asociación Os Penoucos
La muestra «A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía», puede verse en la plaza Vicente Cousiño
www.farodevigo.es
October 15, 2025 at 11:31 AM
Reposted by Casa de Rosalía
✨ Chega a #Valga a exposición sobre os 50 anos da @casaderosalia.bsky.social da man da AC Os Penoucos

📆 Mañá ás 19 horas, inauguración e visita guiada polo escritor Manuel Lorenzo Baleirón

acospenoucos.wordpress.com/2025/10/06/e...
October 14, 2025 at 9:35 AM
🅿️ Estamos moi felices de poder anunciarvos que xa contamos cun parking exclusivo para os/as visitantes da Casa-Museo, con espazo para tres autobuses, 27 prazas individuais e dúas para persoas con mobilidade reducida. 🚌🚕
A colaboración cunha empresa local fíxoo posible. Grazas!
October 14, 2025 at 9:11 AM
No #DíadasEscritoras enviamos ao prelo esta biografía de #RosalíadeCastro asinada por Manuel Lorenzo Baleirón.

"Algunhas vidas, como a que nos ocupa, proxectan luz sobre os
días futuros. Poucos escritores amosaron tan espida a súa alma". ❤️❤️❤️
Moi pronto nas mellores librarías 😉
October 13, 2025 at 6:58 PM
Últimas datas‼️
Se aínda non viches a expo sobre os #50anosdaCasadeRosalía, velaquí as últimas oportunidades:
✨ Ata o 15 de outubro en Ponteareas
✨ Do 15 ao 2 de novembro en Valga, grazas á A.C. Os Penoucos @obaixoulla.bsky.social , con visita guiada por M. Lorenzo Baleirón
October 8, 2025 at 8:44 AM
Mañá solleira de outono con heliótropos (segundo Gala, a flor favorita de Rosalía) 🪻🌞
#XardíndeRosalía #senfiltros
October 7, 2025 at 11:54 AM