Casa de Rosalía
banner
casaderosalia.bsky.social
Casa de Rosalía
@casaderosalia.bsky.social
Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Visítanos e, se che presta, colabora con nós! https://rosalia.gal/
Tamén organizamos un festival: https://abrideafiestra.gal/
O vindeiro venres acollemos a presentación da nova novela de #CristinaPato, 'Fóra de foco', unha obra intimista que percorre Madrid, NY e Galicia a través da xornalista Marieta Carracedo, que se obsesiona coa vida da fotógrafa Basil Cancela.

Entrada libre. Asinará exemplares! 😍
December 5, 2025 at 1:57 PM
A artista Larraitz Urruzola gravou onte (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller) o poema "A xusticia pola man" (en galego e tamén en euskara) no Museo do Títere Topic de Tolosa, para o público vasco. 😍
November 26, 2025 at 3:02 PM
Eis un clásico imprescindible de 'Follas novas' para o día de hoxe
#DíadaEliminacióndaViolenciacontraaMuller
November 25, 2025 at 10:03 AM
Queremos darlle os parabéns á cooperativa Paco&Lola por teren conseguido o premio ao Mellor Produtor de Viño Branco do IWSC 2025.
Como #MecenasdaCasadeRosalía que son, alén de patrocinadores do festival #AbrideaFiestra [na foto a cata deste ano], non podemos estar máis orgullosos 🥰😍🥂
November 24, 2025 at 12:04 PM
Xa podedes estrear o aparcadoiro da Casa-Museo, que estará aberto para as persoas que veñan ao concerto. Toda a info 👇
November 19, 2025 at 1:10 PM
Eis o convite oficial das #Ialma para virdes esta noitiña celebrar con nós os seus 2️⃣5️⃣ anos 😍😍😍
November 19, 2025 at 12:22 PM
📢 Xira dos 2️⃣5️⃣ anos de #Ialma con parada da #CasadeRosalía. Un luxo para nós, unha nova oportunidade para virdes visitarnos 😉
📌Auditorio da Casa-Museo
📅 19/11 19:30h. Entrada libre!
November 17, 2025 at 11:25 AM
É unha marabilla poder celebrarmos con #Ialma os seus 25 anos de historia. Se queredes gozar deste concerto especial que ofrecerán aquí o vindeiro 1️⃣9️⃣ de novembro, estades máis que convidadas!

📍 Auditorio da Casa de Rosalía
📅 19/11, 19:30h / entrada libre
November 13, 2025 at 10:32 AM
📌 Comprácenos poder anunciar esta charla do proxecto #GaliciaNomeada da @realacademiagalega.bsky.social
📣 Se estás interesada/o e queres colaborar rexistrando a microtoponimia da túa aldea, parroquia ou concello, únete a nós este venres!
Organiza A.C. Os Penoucos e @obaixoulla.bsky.social
November 10, 2025 at 1:39 PM
🌧 Neste tempo chuviñento, nada mellor que reler 'Ruínas', que vimos de reeditar, con prólogo da profesora Margarita G. Candeira. Unha novela protagonizada por tres personaxes que intentan sobrevivir á chegada da modernidade capitalista.

Na nosa tenda e nas mellores librarías! 😉
November 7, 2025 at 11:57 AM
Logo da finde de Defuntos, a Casa-Museo apareceu así 🌰🌰🌰
#Samaín #Defuntos #Ánimas

"Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos".
November 4, 2025 at 2:27 PM
Encántanos recibir xentes de todo o mundo, que nos visiten todo tipo de animais e que nazan plantas do máis diverso. Mais o #XardíndeRosalía tamén é o fogar doutro reino biolóxico: os fungos. E hoxe queremos darlle a benvida a este cogomelo que nunca antes viramos: #ClathrusRuber ou axóuxere. 😍🍄
October 25, 2025 at 9:46 AM
Xa podedes atopar na nosa tenda e nas mellores librarías #Contosdamiñaterra (1864), dentro da nosa colección de #Minilibros. A partir dun conto popular misóxino, Rosalía revira a misoxinia do mesmo cara a unha dimensión feminista.
➕ info: rosalia.gal/que-facemos/...
October 24, 2025 at 7:52 AM
Estamos moi felices de acoller nesta Casa algunha das actividades da🎬 𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐅𝐎𝐂𝐎 𝐞𝐧 𝐏𝐚𝐝𝐫𝐨́𝐧:

📅 𝐒𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟖, no noso auditorio:
📍 18.15 h: proxección do documental 𝑨 𝒑𝒐𝒆𝒕𝒂 𝒂𝒏𝒂𝒍𝒇𝒂𝒃𝒆𝒕𝒂, seguido dunha 🗣️ conversa coa produtora Nati Juncal
📍 20.00 h: concerto de O’Leo de Matamá
October 16, 2025 at 7:56 AM
🅿️ Estamos moi felices de poder anunciarvos que xa contamos cun parking exclusivo para os/as visitantes da Casa-Museo, con espazo para tres autobuses, 27 prazas individuais e dúas para persoas con mobilidade reducida. 🚌🚕
A colaboración cunha empresa local fíxoo posible. Grazas!
October 14, 2025 at 9:11 AM
No #DíadasEscritoras enviamos ao prelo esta biografía de #RosalíadeCastro asinada por Manuel Lorenzo Baleirón.

"Algunhas vidas, como a que nos ocupa, proxectan luz sobre os
días futuros. Poucos escritores amosaron tan espida a súa alma". ❤️❤️❤️
Moi pronto nas mellores librarías 😉
October 13, 2025 at 6:58 PM
Últimas datas‼️
Se aínda non viches a expo sobre os #50anosdaCasadeRosalía, velaquí as últimas oportunidades:
✨ Ata o 15 de outubro en Ponteareas
✨ Do 15 ao 2 de novembro en Valga, grazas á A.C. Os Penoucos @obaixoulla.bsky.social , con visita guiada por M. Lorenzo Baleirón
October 8, 2025 at 8:44 AM
Mañá solleira de outono con heliótropos (segundo Gala, a flor favorita de Rosalía) 🪻🌞
#XardíndeRosalía #senfiltros
October 7, 2025 at 11:54 AM
Se andades por Hamburgo a vindeira semana non perdades esta homenaxe a Rosalía de Castro organizada pola Asociación Pro-Fundación Manoel Vello 👇
October 1, 2025 at 3:48 PM
A expo dos #50anosdaCasadeRosalía achégase á fin da súa itinerancia por máis de 40 cidades e vilas de Galicia (ademais de Braga, antiga capital do reino 😉 ). Podedes vela ata o 3️⃣0️⃣ de setembro na Estrada e logo en Ponteareas ata o 1️⃣5️⃣ de outubro, da man da Deputación de Pontevedra 🥰
September 24, 2025 at 12:27 PM
Esta mañá inauguramos a mostra sobre os #50anosdaCasadeRosalía na Estrada da man da Deputación de Pontevedra. Podedes vela alí ata o 30 deste mes!
September 19, 2025 at 10:51 AM
Onte presentamos o número 9 da revista #FollasNovas na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña. Xa a podeses pedir na vosa libraría favorita!
September 16, 2025 at 2:01 PM
Gloria Rico e Tyler McKechnie, das compañías Teatro En Punto e Oístes? Teatro, fixeron unha residencia artística aquí durante o verán para preparar o seu novo proxecto. E queren despedirse cunha master class sobre creación inmersiva. Será este venres! 😍
rosalia.gal/que-facemos/...
September 16, 2025 at 7:54 AM
O vindeiro luns presentamos na Coruña, da man dos nosos parceiros da @acalexandreboveda.bsky.social ,
o último número da #revistaFollasNovas, que desta volta se centra na relación da autora con Portugal, aínda que tamén inclúe artigos como a presenza da familia na Coruña.

Alí nos vemos!
September 10, 2025 at 11:29 AM
Parabéns Miriam!!! Que alegría que sucedas a #ChusPato no Premio Nacional de Poesía. Foi un pracer gozar da túa compaña e da túa obra no #RosalíaenCamiño2023 ❤️
September 8, 2025 at 1:33 PM