#xardinaría
Mirade, eu encargueime de escoller especies arbóreas para diversificar o xardín do instituto onde traballo. Érbedos, e outras froiteiras encontreinos en abundancia nos viveiros de xardinaría da noss zona, pero a sobreira e o capudre merqueinos en Plantamus, un viveiro de Ordes que ten tenda en liña.
Plantamus Vivero online
Plantamus somos un vivero online con producción propia en Galicia de plantas ornamentales, forestales, frutales y frutos del bosque.
share.google
August 29, 2025 at 4:15 PM
Na costa danse moi ben, pero as condicións son moi diferentes e non coñezo ninguén que os cultive de maneira comercial; véxoos sobre todo como especie ornamental de xardinaría.
August 24, 2025 at 10:35 PM
Os máis frecuentes aquí en xardinaría adoitan ser a Dicksonia antarctica e a Cyathea cooperi, ambos australianos. En Bergondo hai un núcleo de difusión no xardín de Jorge Lorenzo e creo que iso influíu para que hoxe se vexan bastantes exemplares cultivados.
August 21, 2025 at 9:31 AM
Traballadores da xardinaría protestan contra o bloqueo do seu convenio colectivo
A Praza de España de Pontevedra acolleu este xoves a loita laboral dos traballadores do sector da xardinaría, que protagonizaron unha multitudinaria concentración para denunciar o bloqueo nas negociacións do seu convenio colectivo estatal. A mobilización, convocada por UGT-SP Pontevedra e que se desenvolveu de forma simultánea en diferentes cidades de España, reuniu a persoal que reclamaba melloras nas súas condicións laborais, especialmente no ámbito salarial. "Levamos meses nun escenario complicado pola negativa das patronais do sector a subscribir un convenio que aborde as necesidades reais dos traballadores e traballadoras da xardiñería", explican desde UGT. Segundo denuncian desde o sindicato, as asociacións empresariais ASEJA, ASERPYMA e FEEJ mantéñense nunha "postura tan agresiva que xa non é que non aborde os necesarios avances na negociación, senón que expón retrocesos para as persoas traballadoras". A principal reivindicación do colectivo céntrase na necesidade dun incremento para chegar a un salario digno que compense a perda de poder adquisitivo sufrida nos últimos anos. Traballadores de xardinaría piden un convenio xustoMónica Patxot Os manifestantes, moitos deles vestidos cos seus uniformes de traballo e portando ferramentas do seu oficio, realizaron a protesta fronte ao edificio do Concello de Pontevedra reclamando xustiza laboral. "O noso traballo non só mellora a estética urbana, senón que contribúe á saúde emocional e o benestar físico da cidadanía, reduce os niveis de contaminación e axuda a ralentizar o cambio climático", recordaron desde o sindicato. Os representantes sindicais advertiron que, de non producirse avances significativos nas próximas reunións da mesa negociadora, estudarán intensificar as mobilizacións e convocar paros no sector. Protesta de persoal de xardinaría na Praza de EspañaMónica Patxot
www.pontevedraviva.com
May 29, 2025 at 12:16 PM
Eu estiven a rememorar a vexetación e xardinaría que había no parque de casa de meus pais, e o que hai agora, e é para chorar. Non so talaron mais de 12 árbores, senon que arrincaron ou morreron setos, flores e tapizantes, e ninguén repuxo nada. A herba dá pena, e quitaron uns 10 bancos tamén.
April 1, 2025 at 9:25 PM
Barcelos. Clásico. Tradicional. Outono. #portugal #xardinaría #outono
November 18, 2024 at 10:49 AM
Bos días!

Imos con algo de música mentras lle dou a horticultura e xardinaría

open.spotify.com/track/08onVq...
Urgent
Foreigner · Song · 1981
open.spotify.com
April 22, 2024 at 10:32 AM